|
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
| A1 |
Adquirir os coñecementos fundamentais sobre matemáticas, estatística, física, química e acústica como soporte para o desenvolvemento das habilidades e destrezas propias da titulación. |
| A2 |
Adquirir os coñecementos fundamentais sobre os sistemas e aplicacións informáticas específicos e xerais utilizados no ámbito da edificación. |
| A3 |
Coñecer os materiais, tecnoloxías, equipos, sistemas e procesos construtivos propios da edificación en xeral e en particular aqueles específicos de Galicia. |
| A4 |
Coñecer as técnicas e procesos de restauración, rehabilitación, acondicionamento, patoloxía, mantemento e conservación dos edificios en xeral e en particular aqueles específicos do patrimonio cultural constituído pola arquitectura popular e histórica galega. |
| A8 |
Deseñar, calcular e executar estruturas de edificación. |
| A15 |
Redactar proxectos técnicos no ámbito da edificación. |
| A29 |
Elaborar estudos, certificados, ditames, documentos e informes técnicos. |
| B1 |
Capacidade de análise e síntese. |
| B2 |
Capacidade de organización e planificación. |
| B3 |
Capacidade para a procura, análise, selección, utilización e xestión da información. |
| B4 |
Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo. |
| B5 |
Capacidade para a resolución de problemas. |
| B6 |
Capacidade para a toma de decisións. |
| B7 |
Capacidade de traballo en equipo. |
| B8 |
Capacidade para traballar nun equipo de carácter interdisciplinario. |
| B10 |
Habilidades nas relacións interpersoais. |
| B12 |
Razoamento crítico. |
| B13 |
Compromiso ético. |
| B14 |
Aprendizaxe autónomo. |
| B15 |
Adaptación a novas situacións. |
| B16 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
| B17 |
Creatividade e innovación. |
| B18 |
Iniciativa e espírito emprendedor. |
| B19 |
Capacidade de liderado, diálogo e negociación. |
| B21 |
Motivación pola calidade. |
| B22 |
Sensibilidade cara a temas de seguridade laboral, accesibilidade, sustentabilidade e medioambiente. |
| B23 |
Orientación a resultados. |
| B24 |
Orientación ao cliente. |
| B25 |
Hábito de estudo e método de traballo. |
| B26 |
Capacidade de razoamento, discusión e exposición de ideas propias. |
| B27 |
Capacidade de comunicación a través da palabra e da imaxe. |
| B28 |
Capacidade de improvisación e adaptación para enfrontarse a novas situacións. |
| B29 |
Actitude vital positiva fronte ás innovacións sociais e tecnolóxicas. |
| B30 |
Sensibilidade cara a temas relacionados coa protección, conservación e posta en valor do patrimonio cultural e arquitectónico. |
| C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
| C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
| C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
| C6 |
Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables. |
| C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
| C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |