PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Para aprobar a materia é obligatorio:
- Unha NOTA MÍNIMA de 3 (sobre 6) nos traballos tutelados.
- Unha NOTA MÍNIMA de 1,5 (sobre 3) na proba mixta.
De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:
- Traballos tutelados (60% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
- Proba escrita teórica e práctica (40% da nota final): para recuperar a nota da proba mixta e das sesións maxistrais.
Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
Os/as estudantes que non acaden a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta na primeira oportunidade deberán recuperalos obligatoriamente na segunda oportunidade para aprobar a materia.
Para aprobar a materia na segunda oportunidade é obligatorio obter unha nota mínima de 3 sobre 6 no traballo tutelado, e de 2 sobre 4 na proba mixta.
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.
DISPENSA ACADÉMICA
Dado que a asistencia ás sesións presenciais non é obligatoria, aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado.