1. Asistir ó 80% das clases. (Asistencia supón unha participación activa nas clases e seminarios da materia)
2. Realizar o 80% dos traballos nas datas indicadas.
3. Realizar o traballo grupal nas datas indicadas.
4. Respostar todas as pregunas na proba obxectiva.
En
caso de non cumprir algún dos primeiros tres puntos, o estudiante
obterá a calificación de "NP" (non presentado) en nas oportunidades de
Xaneiro e Xullo.
Se o estudante non asiste á primeira oportunidade (Xaneiro) e cumpre os tres primeiros requisitos, obterá un "NP" (Xaneiro)
A
segunda oportunidade (Xullo) únicamente consistirá na realización da
proba obxectiva. Os mesmos requisitos serán esixidos que na primeira
oportunidade, polo que estarán nas situacións: 1. cumprir os 4
requisitos previos indicados e obter unha calificación por debaixo de 5
na primeira proba obxectiva ou, 2: cumprir os tres primeiros requisitos e
non ter realizado a primeira proba obxectiva.
Os estudiante que se matriculen có curso xa iniciado:
1. Asistirán a non menos do 90% das clases presenciais.
2. Completarán todos os traballos individuais e grupais nas datas esixidas -tras a súa matrícula-
3. Os traballos xa realizados previos á sua matrícula serán esixidos e realizados segundo as instrucións do profesorado.
O
resto de regras que non entren en contradición coas anteriores
seranlles de aplicación do mesmo xeito que ó resto de estudantes.
Aqueles estudantes que participen programas de mobilidade saínte ou entrante
adaptaranse ás mesmas normas que o resto do estudantado.
No
caso de alumnado matriculado a tempo parcial a porcentaxe
correspondente aos traballos individuais manténse nun 25%, elimínase a
obriga de entregar traballo grupal, polo que a porcentaxe da proba
obxectiva ascende ao 75%.