Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades):
1) Lograr o 50% da nota máxima posible na actividade de teoría, é dicir, que 0,4× T1 sexa maior ou igual que 2.
2) Lograr o 50% da nota máxima posible ao calcular a suma ponderada das actividades de programación, é dicir, que a suma 0,06× P1 + 0,08× P2 + 0,08× P3 +0,08× P4 + 0,3× P5 sexa maior ou igual que 3.
3) Que a nota da parte de teoría no exame final ( T1) sexa maior ou igual que 5.
4) Que a nota da parte de programación no exame final ( P5) sexa maior ou igual que 3,5.
Se non se cumpren con todos os requisitos anteriores a cualificación será de suspenso e a nota numérica máxima que se obterá, na oportunidade correspondente, será de 4,5 puntos. Se se cumpren os requisitos esixidos, a nota final calcularase da seguinte forma:
NOTA FINAL = 0,4× T1 + 0,06× P1 + 0,08× P2 + 0,08× P3 + 0,08× P4 + 0,3× P5
A asistencia ás clases non é obrigatoria, pero no caso das clases de prácticas ten un impacto na nota, xa que se non se asiste non se poden entregar os exercicios valorados en P1.
Notas sobre as actividades:
- Todas as actividades terán unha única oportunidade para a súa entrega durante o curso académico, salvo a proba final (formada polas actividades T1 e P5) que terá dúas oportunidades oficiais de exame. Por tanto, a nota obtida durante o curso nas actividades P1, P2, P3 e P4 se garda para a oportunidade de xullo, NON SENDO POSIBLE REPETILAS.
- De acordo ao artigo 14, apartados 1 e 3 da normativa*, a copia ou intento de copia (ou calquera comportamento impropio) durante unha proba implicará a cualificación de suspenso cun 0 nas dúas oportunidades da convocatoria anual.
- De acordo ao artigo 14, apartado 4 da mesma normativa, o plaxio de calquera traballo implicará a cualificación de suspenso cun 0 no devandito traballo.
* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, cuxa última versión é do 29 de xuño de 2017.
Os alumnos matriculados a tempo parcial na materia poderán obter a cualificación final da materia unicamente mediante unha proba mixta a realizar na mesma data de exame dos alumnos a tempo completo, nas dúas oportunidades da convocatoria anual. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de programación adaptadas aos contidos globais da materia. Por tanto, estes alumnos non teñen a obrigatoriedade de entregar as actividades P1, P2, P3 e P4.