Recoméndase a asistencia ás clases teóricas e prácticas. A realización das prácticas é obrigatoria e non se avaliará a proba obxectiva sen a realización correcta das mesmas. Aínda cando o que se indica a
continuación correspóndese cos criterios de comportamento e actitude ante os
asuntos expostos por parte dos profesores encargados desta docencia durante
todos os anos nos que impartimos este curso,
por imperativo legal vémonos obrigados a especificar en concreto o
seguinte: ?Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostido e cumprir co
obxectivo da acción número 5: ?Docencia e investigación saudable e sustentable
ambiental e social? do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": A entrega dos traballos
documentais que se realicen nesta materia: ·
Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte
informático ·
Realizarase a través de Moodle, en formato
dixital sen necesidade de imprimilos ·
En caso
de ser necesario realizalos en papel: - Non se empregarán plásticos - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. Ademais: ·
Débese de facer un uso sustentable dos recursos
e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural · Débese ter en conta a importancia dos principios
éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais
e profesionais ·
Incorpórase perspectiva de xénero na docencia
desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e
alumnas…) ·
Traballarase para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e
fomentar valores de respeto e igualdade. ·
Deberanse detectar situacións de discriminación
e proporanse accións e medidas para corrixilas. |