Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A18 |
Capacidade para a realización de cálculos de xeometría de buques e artefactos, flotabilidade e estabilidade |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas |
C1 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida |
C5 |
Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida |
C7 |
Capacidade de traballar nun ámbito multilingüe e multidisciplinar. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e comprender os fundamentos e os métodos de cálculo nos que se basea a hidrostática e a estabilidade do buque, así como coñecer e aplicar os reglamentos referidos á estabilidade do buque e a súa avaliación. |
A18
|
B2 B5 B6
|
C1 C5 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque I. Introduccion. |
Introduccion. |
Bloque II. Xeometría do buque e curvas hidrostáticas. |
Xeometría do buque. Coeficientes adimensionais. Plano de formas. Cálculo aproximado de áreas, volúmenes, centros de gravedade e momentos de inercia.
O buque como flotador. Curvas de carenas rectas (hidrostáticas) e carenas inclinadas. |
Bloque III. Estabilidade transversal en estado intacto. |
Introduccion.
Estabilidade transversal a pequenos ángulos de escora.
Estabilidade transversal a grandes ángulos de escora.
Estabilidade dinámica.
Alteracións na estabilidade transversal (efecto das superficies libres, pesos suspendidos, etc.).
Criterios reglamentarios de estabilidade en estado intacto.
Experiencia de estabilidade. |
Bloque IV. Estabilidade lonxitudinal en estado intacto. |
Introduccion.
Modificacións na situación de equilibrio lonxitudinal do buque. |
Bloque V. Estabilidade despois de avarías. |
Introduccion ás varadas.
Varadas accidentais e controladas. Efectos no equilibrio e a estabilidade do buque.
Introduccion ás avarías.
Efectos das avarías e o compartimentado.
Métodos de cálculo do equilibrio e a estabilidade do buque tras avaría. Pérdida de empurro e adicion de pesos.
Criterios reglamentarios de estabilidade tras averías. |
Bloque VI. Francobordo e arqueo.
|
Introduccion ó francobordo e arqueo.
Convenio internacional sobre líñas de carga, 1966 e Protocolo de 1988, enmendado en 2003.
Convenio internacional sobre arqueo de buques, 1969. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A18 B2 B6 C7 C5 |
30 |
30 |
60 |
Proba mixta |
A18 B6 |
2 |
0 |
2 |
Prácticas de laboratorio |
A18 B6 C1 |
3 |
3 |
6 |
Traballos tutelados |
A18 B5 C1 C7 |
9 |
49.5 |
58.5 |
Solución de problemas |
A18 B2 B6 |
30 |
30 |
60 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
PRESENTACIÓN E DESENVOLVEMENTO DOS TEMAS CITADOS NO APARTADO DE CONTIDOS CO OBXECTIVO DE QUE OS ALUMNOS POIDAN TRABALLAR A PARTIRES DE AHÍ NELES |
Proba mixta |
PROBAS INDIVIDUAIS PARA DETERMINAR SI SE CUMPLEN OS OBXECTIVOS DOS COÑECEMENTOS ADQUIRIDOS A PARTIRES DAS SESIÓNS MAXISTRAIS E DO RESTO DOS TRABALLOS
Farase unha proba obxectiva que consistirá nun examen que se dividirá en dúas partes:
1.- Estabilidade en estado intacto, 2.- Varada e Estabilidade en avarías e Francobordo e Arqueo.
Cada unha de estas partes dividirase a súa vez en Teoría e Problemas.
Haberá, adicionalmente aos exames finais, uns exames parciais de cada unha das partes antes sinaladas.
Todos estes exames serán liberatorios, pero esta liberación só terá valor hasta o remate do curso académico actual. En ningún caso esta liberación será válida para a proba da convocatoria adiantada.
A LIBERACIÓN DAS PARTES SO SE PODERÁ FACER DE FORMA CONXUNTA PARA CADA PARTE, POLO TANTO, NON SE LIBERARÁ DE FORMA INDIVIDUALIZADA TEORÍA E PROBLEMAS DE CADA PARTE. |
Prácticas de laboratorio |
REALIZACIÓN DUNHA PROBA DE ESTABILIDADE NO LABORATORIO
Nestas prácticas realizarase a experiencia de estabilidade dun modelo de buque a escala. Tras estas prácticas, os alumnos deberán recoller nunha memoria os cálculos necesarios para obter as características do rosca do buque que se estuda.
A asistencia presencial as prácticas no laboratorio, así como a realización da memoria, é obrigatoria para poder superar a asignatura.
Os detalles das datas/prazos das prácticas publicaranse na web (Moodle) da asignatura e se farán públicos nas clases presenciais.
Aqueles alumnos con dispensa de asistencia que non poidan acudir a sesión presencial de prácticas, farán xunto co exame final da asignatura un exame de prácticas que terá a mesma contribución á cualificación final que estas prácticas de laboratorio.
Estas prácticas deberán de realizalas todolos alumnos matriculados por primeira vez na asignatura e todos aqueles que non as aprobaran en cursos anteriores. Aqueles coas prácticas aprobadas de cursos anteriores e que desexen non realizalas no curso actual poderán facelo, pero a cualificación correspondiente será de 0 puntos. Optativamente, poderán optar por repetilas para obter unha nova cualificación na mesma. |
Traballos tutelados |
ELABORACIÓN DE CÁLCULOS DE ESTABILIDADE E CÁLCULOS DE FRANCOBORDO E ARQUEO.
Nestes estudos de casos realizaranse os cálculos de hidrostáticas e estabilidade dun buque real. Os alumnos deberán entregar unha memoria con tódolos cálculos necesarios e unha análise dos resultados obtidos.
A realización e entrega da memoria, é obrigatoria para poder superar a asignatura.
Os detalles das datas/prazos dos estudos publicaranse na web (Moodle) da asignatura e se farán públicos nas clases presenciais.
Estes traballos deberán de realizalos tódolos alumnos matriculados por primeira vez na asignatura e todos aqueles que non os aprobaran en cursos anteriores. Aqueles cos traballos aprobados de cursos anteriores e que desexen non realizalos no curso actual poderán facelo, pero a cualificación correspondente será de 0 puntos. Optativamente, poderán optar por repetilos para obter unha nova cualificación nos mesmos. |
Solución de problemas |
RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS PRÁCTICOS DE CADA UN DOS TEMAS NOS QUE SE DIVIDE A ASIGNATURA.
O profesor proporá un boletín de problemas, que deberán ser resoltos polo alumno e entregados nunha memoria que conteña os cálculos e os resultados obtidos.
A realización e entrega da memoria, é obrigatoria para poder superar a asignatura.
Os detalles das datas/prazos dos problemas publicaranse na web (Moodle) da asignatura e se farán públicos nas clases presenciais.
Estes traballos deberán de realizalos tódolos alumnos matriculados por primeira vez na asignatura e todos aqueles que non os aprobaran en cursos anteriores. Aqueles cos problemas aprobados de cursos anteriores e que desexen non realizalos no curso actual poderán facelo, pero a cualificación correspondente será de 0 puntos. Optativamente, poderán optar por repetilos para obter unha nova cualificación nos mesmos.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Atención personalizada para resolver as dúbidas que se presenten na realización dos problemas, as prácticas de laboratorio e os traballos tutelados propostos.
Este apartado é tamén de aplicación a aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A18 B2 B6 |
RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS PRÁCTICOS DE CADA UN DOS TEMAS NOS QUE SE DIVIDE A ASIGNATURA.
O profesor proporá un boletín de problemas de cada unha das tres partes da asignatura, que deberán ser resoltos polo alumno e entregados nunha memoria que conteña os cálculos e os resultados obtidos.
A memoria dos problemas de cada unha das partes valorarase do 0 ó 0.5, e a nota obtida engadirase á nota obtida na proba obxectiva da parte correspondente da asignatura, sempre e cando a nota da proba obxectiva supere o 4. |
10 |
Proba mixta |
A18 B6 |
Farase unha proba obxectiva que consistirá nun exame que se dividirá en dúas partes:
1.- Estabilidade en estado intacto, 2.- Varada e Estabilidade en avarías e Francobordo e Arqueo.
Cada unha destas partes dividirase a súa vez en Teoría e Problemas.
Para poder aprobar a materia haberá que obter alo menos un 4 (sobre 10) en cada unha das dúas partes antes citadas. Esa nota obterase considerando en conxunto as notas de Teoría e de Problemas, e tendo en conta que é necesario obter máis dun 4 (sobre 10) tanto en teoría como en problemas para superar cada parte da materia.
A parte de Teoría terá unha valoración do 35 % do total e a de problemas o 65 % do total.
Haberá, adicionalmente aos exames finais, uns exames parciais de cada unha das partes antes sinaladas.
Todos estes exames serán liberatorios, pero esta liberación só terá valor ata o remate do curso académico actual. En ningún caso esta liberación será válida para a proba da convocatoria adiantada.
A LIBERACIÓN DAS PARTES SÓ SE PODERÁ FACER DE FORMA CONXUNTA PARA CADA PARTE, POLO TANTO, NON SE LIBERARÁ DE FORMA INDIVIDUALIZADA TEORÍA E PROBLEMAS DE CADA PARTE. |
80 |
Traballos tutelados |
A18 B5 C1 C7 |
ELABORACIÓN DE CÁLCULOS DE ESTABILIDADE E CÁLCULOS DE FRANCOBORDO E ARQUEO.
Nestes estudos de casos realizaranse os cálculos de hidrostáticas e estabilidade dun buque real. Os alumnos deberán entregar unha memoria con tódolos cálculos necesarios e unha análise dos resultados obtidos.
A memoria do estudo dos cálculos de estabilidade valorarase do 0 ó 1, e a nota obtida engadirase á nota obtida na proba obxectiva da Parte 1 da asignatura, sempre e cando a nota da proba obxectiva supere o 4. |
5 |
Prácticas de laboratorio |
A18 B6 C1 |
REALIZACIÓN DUNHA PROBA DE ESTABILIDADE NO LABORATORIO
Nestas prácticas realizarase a experiencia de estabilidade dun modelo de buque a escala. Tras estas prácticas, os alumnos deberán recoller nunha memoria os cálculos necesarios para obter as caracterísitcas do rosca do buque que se estuda.
A memoria de prácticas valorarase do 0 ó 1, e a nota obtida engadirase á nota obtida na proba obxectiva da Parte 2 da asignatura, sempre e cando a nota da proba obxectiva supere o 4.
|
5 |
|
Observacións avaliación |
A cualificación final do alumno obterase mediante a media ponderada de cada unha das dúas partes da asigntura, do xeito seguinte: Cualificación final = 0.5 * Cualificación Parte 1 + 0.5 * Cualificación Parte 2 Para superar a asigntura, a Cualificación final deberá superar os 5 PUNTOS, e a nota de cada unha das probas obxetivas de cada unha das dúas partes deberá superar os 4 PUNTOS. Asimesmo, deberá obterse en cada exame de Teoría e de Problemas, de cada unha das dúas partes, alo menos 4 PUNTOS. A cualificación de cada unha das dúas partes da asigntura obterase do seguinte modo: Cualificación Parte 1 = Proba obxectiva Parte 1 (máx. 10 puntos) + Solución Problemas Parte 1 (máx. 0.5 puntos) + Traballo Tutelado (cálculo estabilidade) (máx. 1 puntos) Cualificación Parte 2 = Proba obxectiva Parte 2 (máx. 10 puntos) + Solución Problemas Parte 2 (máx. 0.5 puntos) + Prácticas de Laboratorio (experiencia estabilidade) (máx. 1 puntos) A cualificación máxima a obter en cada unha das tres partes é de 10 puntos. Todos aqueles alumnos que se presenten ás convocatorias adiantadas ou
de segunda oportunidade, deberán ter entregado, durante o curso
actual ou con anterioridade, tanto os problemas, como as prácticas de
laboratorio e os traballos tutelados, cumplindo cos mismos requisitos
que os alumnos presentados na convocatoria ordinaria. Dado
que a asistencia ás clases non se evalúa dentro da asignatura, os
requisitos que aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase terán
que cumprir, tanto en primeira como en segunda oportunidade, serán os
mesmos requisitos que aqueles sen esta dispensa Respecto a asistencia ás prácticas de laboratorio, os alumnos con dispensa poderán acordar co profesor unha data alternativa para a realización das devanditas practicas que se adapte as súas necesidades.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
- Zazurca,
A. Teoría del Buque. Sección de Publicaciones Escuela Técnica Superior de
Ingenieros Navales y Oceánicos. UPM. Madrid. 1983.
- de Juan
García Aguado, J. M. Estática del buque.
Servicio de Publicaciones de la Universidade da Coruña. A Coruña. 2004. - Tupper,
E. C., Rawson, K. J. Basic ship
theory, combined volume. Butterworth-Heinemann. 2001. - Lewis, E. V. Principles of naval
architecture second revision: stability and strength. SNAME. Jersey.1988. - Biran,
A., Lopez Pulido, R. Ship hydrostatics
and stability. Butterworth-Heinemann. 2013. |
Bibliografía complementaria
|
|
-, PRINCIPLES OF NAVAL ARCHITECTURE , S.N.A.M.E. , , Libro, |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Matemáticas 1/730G05001 | Física 1/730G05002 | Matemáticas 2/730G05005 | Construción naval e sistemas de propulsión/730G05009 | Mecánica/730G05018 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Dinámica do buque (en extinción)/730496004 | Dinámica de artefactos oceánicos (en extinción)/730496009 | Traballo fin de mestrado(en extinción)/730496023 |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co
obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e
sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
A entrega dos traballos documentales que se realicen nesta materia:
- Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático. - Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
En caso de ser necesario realizalos en papel:
- Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores.
Débese de facer un uso sostenible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. |
|