Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Os resultados da aprendizaxe desta materia permiten a adquisición das seguintes competencias. |
A1 A4 A10
|
B1 B2 B11 B12
|
C3 C4 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
|
|
O contido da materia desenvólvese acorde aos seguintes bloques:
-CONCEPTOS INTRODUCTORIOS AO DEREITO
-INTRODUCIÓN Á CONTRATACIÓN MERCANTIL
-INVENCIÓNS INDUSTRIAIS (Patentes, Modelos de Utilidade e Segredos Industriais)
-MARCO XURÍDICO DO DESEÑO INDUSTRIAL
-PROTECCIÓN DOS SIGNOS DISTINTIVOS DA EMPRESA (Marcas e Outros Signos Distintivos)
-MARCO XERAL DA PUBLICIDADE COMERCIAL PRIVADA
-COMPETENCIA DESLEAL
-DEREITO DE DEFENSA DA COMPETENCIA
-RESPONSABILIDADE CIVIL POLOS DANOS CAUSADOS POR PRODUTOS DEFECTUOSOS
-PROPIEDADE INTELECTUAL (Programas de Computador, Fotografías, etc.)
|
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A10 B12 C4 C6 C7 |
21 |
42 |
63 |
Obradoiro |
A4 B1 B2 B11 C3 C6 C8 |
21 |
30 |
51 |
Traballos tutelados |
B1 C3 C6 C8 |
0 |
34 |
34 |
Proba de resposta múltiple |
B11 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
0 |
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é coñecida tamén como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Obradoiro |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Proba de resposta múltiple |
Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba de resposta múltiple |
Obradoiro |
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
A atención personalizada consistirá básicamete na realización de tutorías, tanto individuais como en grupo, para resolver e aclarar calquera tipo de dúbida relacionada coa materia e a realización dos traballo tutelados. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de resposta múltiple |
B11 |
|
75 |
Obradoiro |
A4 B1 B2 B11 C3 C6 C8 |
|
0 |
Traballos tutelados |
B1 C3 C6 C8 |
|
25 |
Sesión maxistral |
A1 A10 B12 C4 C6 C7 |
|
0 |
|
Observacións avaliación |
Esta materia é responsabilidade de dous departamentos (Departamento de Empresa e Departamento de Dereito Privado). O profesorado implicado de cada un destes dous departamentos imparte unha parte do contido desta materia e a avaliación será independente para cada unha das partes, sendo a cualificación final da materia a media das dúas partes, sempre e cando se teña superado cada parte por separado. Na avaliación do 25% correspondente ao traballo tutelado tamén se terá en conta a participación activa nas clases presenciais, salvo no caso do alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Por outra banda, este 25% do traballo tutelado só se terá en conta se se superou a proba de resposta múltiple correspondente. Con todo, e a pesar do mencionado anteriormente, na presentación da materia ao comezo do cuadrimestre correspondente, pódese establecer unha repartición porcentual distinta ao planificado entre todas as metodoloxías.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Bibliografía básica:
Lei 34/1988, do 11 de novembro, Xeneral de Publicidade (https://www.boe.es/eli/es/l/1988/11/11/34/con) Lei 3/1991, do 10 de xaneiro, de Competencia Desleal (https://www.boe.es/eli/es/l/1991/01/10/3/con)
Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias (https://www.boe.es/eli/es/rdlg/2007/11/16/1/con)
Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia (https://www.boe.es/eli/es/rdlg/1996/04/12/1/con)
O profesorado da materia poderá proporcionar bibliografía complementaria para cada un dos temas da materia. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Aspectos Económicos e Empresariais do Deseño/771G01033 | Administración e Organización Industrial/771G01034 | Xestión da Innovación e do Deseño/771G01043 | Xestión da Calidade/771G01044 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Loxística Industrial/771G01045 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|