Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A3 |
Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos. |
A4 |
Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas. |
A10 |
Coñecer a cinética do cambio químico, incluíndo a catálise e os mecanismos de reacción. |
A14 |
Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química. |
A19 |
Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A22 |
Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A25 |
Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria. |
A27 |
Impartir docencia en química e materias afíns nos distintos niveis educativos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Metodolóxicas:
· Planificar, proxectar e realizar experimentos relacionados co transporte de materia e de carga.
· Ppropoñer e elaborar un estudo cinético dunha reacción química.
· Aplicación de programs informáticos sinxelos para o análise cuantitativo dos datos cinéticos.
· Interpretación dos resultados en base a un mecanismo de reacción.
· Simulación / predicción de datos non publicados partindo da ecuación de velocidade. |
A3 A4 A10 A19 A20 A22 A23 A27
|
B1 B3 B4
|
C3
|
Conceptual:
· Comprender as interaccións interiónicas e inter- ou intramoleculares e a súa relación cos fenómenos de asociación, auto-agregación ou conformación molecular.
· Manexar os métodos propios da cinética química. Interpretación a nivel molecular (mecanicista) das reaccións químicas. Entender e coñecer os factores que poden modificar a velocidade dunha reacción.
· Comprender o proceso de catálise e súa relación coa activación química, fotoquímica ou electroquímica. |
A1 A4 A10 A14
|
B3
|
|
Actitudinales:
·Presentar informes axeitados dun estudo experimental
·Analizar e criticar estudos cinéticos publicados de dificultade baixa. |
A22 A23 A25 A27
|
B1 B3 B4
|
C3 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Interaccións iónicas e moleculares |
· Interaccións entre ións en disolución: coeficiente de actividade. Lei de Debye-Hückel. Forza iónica.
· As interaccións entre moléculas. Momento dipolar. Polarizabilidade: Clausius-Mossotti. Interaccións dipolares. Interacción hidrofóbica: autoagregation e conformación molecular.
· Colóides: micelas directa e inversa, membranas biolóxicas.
· Macromoléculas |
Fenómenos de transporte |
· Ecuacions fenomenolóxicas. Fluxo. Difusión. Lei de Fick. Ecuación de Stokes-Einstein.
· Conductividade térmica
· Conductividade eléctrica: Teoría de Debye-Huckel-Onsager.
· Viscosidade |
Ecuación de velocidade e mecanismo de reacción |
· Ecuación integrada de velocidade. Velocidades iniciais. Orden de reacción e estequiometría. Método de aillamento. O uso das propiedades físicas no seguimento cinético dunha reacción química.
· Esquemas complexos de reacción: reaccións paralelas, reversibles e consecutivas.
· Aproximación do estado estacionario.
· Mecanismos de reacción, reacción elemental. deducción de mecanismos de reaction. |
Teorías cinetoquímicas e aplicacions |
· Teoría de colisions: factor de frecuencias
· Teoría do complexo activado: aproximación según a Termodinámica Estadística e según la Termodinámica clásica. Curvas de enerxía potencial
· Reaccions en fase gas: mecanismo de Lindeman
·Reaccions en disolución. Reaccions controladas pola difusión dos reactivos.
· Reaccions fotoquímicas |
Catálise |
· Catálise homoxénea, heteroxénea e microheteroxénea
· Mecanismo xeral de catálise: ecuacions de velocidade
· Catálisise homoxénea: catálise nucleófila, catálise ácido-base
· Correlacions de enerxía libre: ecuacións de Bronsted, Hammet, Taft
· Catálise microheteroxénea: catálise micelar e enzimática.
· Catálise heteroxénea: isoterma de Langmuir. Ecuacións de velocidade |
Introducción a cinética electroquímica |
· Reaccions electroquímicas: aspectos singulares
· Interfase electrodo-disolución: modelo de Gouy-Chapman
· Velocidade de transferencia de carga. Ecuación de Butler-Volmer
· Voltametría |
Prácticas |
· Experimentos de Laboratorio relacionados con fenómenos de transporte, determinación de ecuacions de velocidade e procesos de catálise. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A4 A10 A25 A27 B3 |
21 |
50 |
71 |
Glosario |
A1 A14 B1 |
0 |
5 |
5 |
Seminario |
A1 A4 A10 A14 B3 B1 |
7 |
21 |
28 |
Proba de ensaio |
A14 B3 C6 |
0 |
2 |
2 |
Prácticas de laboratorio |
A19 A20 A22 A23 A25 A27 B1 B3 B4 C3 |
20 |
20 |
40 |
Proba mixta |
A1 A3 A4 A10 A14 A20 |
4 |
0 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
0 |
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nas clases de exposición serán introducidos os conceptos, modelos, métodos e teorías dos contidos fundamentais do programa do curso. |
Glosario |
Elaboración dunha lista de conceptos clave (termos, autores, ecuacións típicas, ...), coa súa explicación, que xorden en cada tema. É unha actividade de Moodle na que o número de conceptos por alumno é limitado, buscando a máxima participación. |
Seminario |
Esta actividade realizarase en grupos reducidos.
Algúns conceptos serán enfatizados mediante o desenvolvemento detallado de exercicios estándar e resolveranse as dúbidas plantexadas polo alumno. |
Proba de ensaio |
Periódicamente ao final de cada unidade temática, incluído o/s seminario/s correspondente, proporase unha proba / ensaio durante as clases do seminario, para que o alumno poida demostrar o uso e participación nestas sesións. Contémplase que se faga a través de Moodle en datas concretas e nun tempo determinado. O obxectivo non só é facer un seguimento da evolución dos estudantes, senón tamén impulsar o sistema de avaliación continua. |
Prácticas de laboratorio |
Realizaranse experimentos relacionados cos conceptos abordados no curso. Constará de tres fases:
O primeiro refírese a completar un cuestionario a través de Moodle relacionado co/s experimento/s que corresponde desenvolver no laboratorio.
O segundo inclúe o traballo do estudante no laboratorio: planificación do experimento, desenvolvemento e análise de resultados.
O terceiro consiste na elaboración do informe de resultados, que de avaliará tendo en conta a súa presentación, xustificación metodolóxica e a interpretación, así como a comparación con resultados bibliográficos. |
Proba mixta |
Resolución de cuestións de teoría e exercicios relacionados cos temas abordados nas clases expositivas, nas prácticas de laboratorio ou seminarios. O alumno debe demostrar de forma independente e nun intervalo de tempo predefinido, o coñecemento adquirido e a capacidade de resolver ejercicios e/ou cuestións conceptuais. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Glosario |
Seminario |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Recoméndase o uso das titorías individuais para a súa orientación na resolución das dúbidas, cuestións e conceptos que non quedaron suficientemente claros, tanto no que se refire o desenvolvemento dos contidos teóricos como dos seminarios, prácticas de laboratorio ou na preparación da proba final. Os profesores estarán a dispor dos alumnos para resolver calquer tipo de dúbidas sobre a asignatura no horario de atención das titorías.
Os alumnos con dispensa académica disporán de titorías tanto presenciais como por correo electrónico ou Teams, sempre que o necesiten.
Antes de realizar o traballo experimental, o alumno fará un guión do artigo científico que resume a experiencia que vai reproducir. Durante o desenrolo do experimento será asesorado nas complicacións que poidan xurdir. Finalizada a mesma, o profesor guiará o alumno na interpretación dos resultados en base os modelos cuantitativos desenvolvidos na clase e na sala de informática para o tratamento cuantitativo dos resultados.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Glosario |
A1 A14 B1 |
Elaboración dun glosario de termos / conceptos, ... que xorden en cada tema. Para obter a puntuación máxima, cada alumno deberá propoñer un máximo de dez termos que abranguen todos os temas do contido. |
10 |
Prácticas de laboratorio |
A19 A20 A22 A23 A25 A27 B1 B3 B4 C3 |
Na avaliación desta actividade terase en conta o cuestionario Moodle, o traballo de laboratorio e o Informe de resultados (escrito ou como exposición oral):
-Comprensión do guión do (s) experimento (s) a través dun cuestionario en Moodle antes do desenvolvemento do experimento no laboratorio.
-Desenvolvemento do experimento no laboratorio: planificación, recollida de datos e análise.
-Informe de laboratorio que reflicte a presentación e o tratamento cuantitativo dos resultados experimentais e a súa explicación a partir de modelos teóricos. os resultados obtidos e o informe preparado (escrito ou exposición oral). |
15 |
Proba mixta |
A1 A3 A4 A10 A14 A20 |
A realización da proba escrita consta de cuestións teóricas e prácticas derivadas dos contidos teóricos do curso, dos seminarios e das prácticas.
Para aprobar a asignatura é necesario superar as prácticas e as probas mixta e de ensayo. A puntuación obtida dunha actividade superada, manterase nas seguintes convocatorias do curso (segunda oportunidade).
De non superar a proba mixta e de ensaio, ainda que a media das actividades sexa superior a 5, a calificación numérica que figure na Acta será a puntuación obtida nas probas.
O alumno obterá a cualificación de Non Presentado cando non faga as prácticas de laboratorio e, por tanto, tampouco se presente as probas. |
50 |
Proba de ensaio |
A14 B3 C6 |
Ao longo do curso haberá catro / cinco probas curtas cunha duración inferior a 30 min, cada unha relacionada coas unidades temáticas do contido. O desenvolvemento a través de Moodle preferirase sempre que sexa posible. |
25 |
|
Observacións avaliación |
-A asistencia a totalidade das prácticas de laboratorio e a entrega do correspondente Informe son actividades obrigatorias pa todo o alumnado. -A asistencia os seminarios non e obrigatoria para o alumno con dispensa académica. En caso de non poder participar nas probas de ensaio, a correspondente calificación sumarase a proba mixta.
-Para superar a asignatura será necesario obter unha nota non inferior a 5.0 sobre 10 en todas as actividades evaluables.
-A calificación de matrícula otorgarase preferentemente na primeira oportunidade.
-Segunda oportunidade: repetición da proba mixta sobre contidos dos seminarios, prácticas e clases de teoría. Aqueles alumnos que non acadaron un 5.0 sobre 10 nas probas de ensaio, a calificación desta proba sumase a da proba mixta.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
P. W. Atkins, J. de Paula (2008). Química Física, 8ª Ed. . Panamericana
Laidler K. J. (1994). Chemical Kinetics . Harper and Row, New York.
Espenson J. H. (1995). Chemical kinetics and reaction mechanisms 2ª ed.. McGraw-Hill, New York.
Bockris, J.O.M., Reddy, A K.N. (1998). Modern Electrochemistry 1. Ionics. 2nd ed.. Plenum Press, New York |
|
Bibliografía complementaria
|
LEVINE I. N. (2004). Fisicoquímica 5ª ed.. McGraw-Hill, Madrid
R. A. Jackson (2004). Mechanism in Organic Reactions.. Royal Society of Chemistry (RSC)
P. L. Brezonik (1994). Chemical Kinetics and Process Dynamic in Aquatic Systems.. Lewis Publishers
P. Sanz Pedredo (1992). Físicoquímica para Farmacia y Biología.. Masson-Salvat Medicina
S. R. Logan (2000). Fundamentos de Cinética Química. Addison Wesley
BOCKRIS, J.O.M., REDDY, A.K.N., GAMBOA-ADELCO, M.E. (2000). Modern Electrochemistry 2A. Fundamentals of Electrodics.. Kluwer Academic/Plenum Press: New York
BERRY R. S., RICE S. A., ROSS J. (2000). Physical Chemistry. 2ª ed.. Oxford University Press, New York
KORITA, J, DVORAK, J., KAVAN, L. (1987). Principles of Electrochemistry. 2nd ed.. Wiley, Chichester
J. BERTRAN-RUSCA, J. NUÑEZ-DELGADO Eds , (2002). Química Física, vol. II. Ariel Ciencia |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química Xeral 1/610G01007 | Química Xeral 2/610G01008 | Química Xeral 3/610G01009 | Laboratorio de Química 1/610G01010 | Química Física 1/610G01016 | Química Física 2/610G01017 | Química Física 3/610G01018 | Experimentación en Química Física/610G01019 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Prerrequisitos:
-Son necesarios os coñecementos das asignaturas de Química e de Química Física
-Saber redactar, sintetizar e presentar ordeadamente un traballo.
-Dominar a representación gráfica, regresión lineal con coñecimentos básicos de estadística.
-Utilizar a nivel de usuario ferramientas básicas de informática (Excel, Word, Power Point).
-Recoméndase coñecer inglés co nivel medio de comprensión de lectura. |
|