Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A2 |
Deducir a variación das propiedades dos elementos químicos segundo a Táboa Periódica. |
A3 |
Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos. |
A4 |
Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas. |
A5 |
Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química. |
A6 |
Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade. |
A12 |
Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas. |
A14 |
Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A17 |
Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos). |
A18 |
Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A22 |
Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A26 |
Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e racionalizar o comportamento químico dos elementos e dos seus principais compostos derivados, así como as súas propiedades individuais e posibilidades de combinación, de acordo con modelos e teorías axeitadas, relacionándoo coa súa situación na táboa periódica. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A16 A21
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Coñecer o material e as técnicas habituais no laboratorio de síntese de Química Inorgánica e desenvolver a destreza axeitada para a súa utilización. |
A17 A18 A20 A21 A22 A23 A26
|
B1 B2 B3 B4
|
C1
|
Relacionar de xeito crítico os coñecementos teóricos adquiridos cos feitos experimentais observados. |
A14 A20
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Coñecer os medios bibliográficos empregados na Química Inorgánica. |
A16
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Metais: Xeralidades. |
1.1. Características xerais dos metais.
1.2. Estrutura e enlace.
1.3. Propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa. Acuocatións: Formación e comportamento ácido. Diagramas de Pourbaix.
1.4. Métodos xerais de obtención. Diagramas de Ellingham. |
Tema 2. Química da Coordinación. |
2.1. Consideracións xerais: Definición e terminoloxía.
2.2. Tipos de ligandos.
2.3. O enlace nos complexos.
2.4. Números e poliedros de coordinación.
2.5. Isomería na Química da coordinación.
2.6. Topoloxía de ligandos. |
Tema 3. O grupo 14 (C, Si, Ge, Sn, Pb). |
3.1. Estrutura electrónica dos átomos e formas de actuación.
3.2. Estado elemental: Estructura e enlace, propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa.
3.3. Estado natural, obtención e principais aplicacións.
3.4. Principais compostos. |
Tema 4. O grupo 13 (B, Al, Ga, In, Tl). |
4.1. Estrutura electrónica dos átomos e formas de actuación.
4.2. Estado elemental: Estructura e enlace, propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa.
4.3. Estado natural, obtención e principais aplicacións.
4.4. Principais compostos.
|
Tema 5. Grupos 1, 2 e 3. |
5.1. Estrutura electrónica dos átomos e formas de actuación. A relación diagonal entre Li e Mg, e entre Be e Al.
5.2. Estado elemental: Estrutura e enlace, propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa.
5.3. Estado natural, obtención e principais aplicacións.
5.4. Principais compostos. |
Tema 6. Metais de Transición: 1ª Serie. |
6.1. Elementos de Transición: Características xerais e clasificación.
6.2. Estrutura electrónica dos átomos da 1ª Serie e formas de actuación. Estados de oxidación mais habituais.
6.3. Estado elemental: Estrutura e enlace, propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa.
6.4. Estado natural, obtención e principais aplicacións.
6.5. Principais compostos.
|
Tema 7. Metais de Transición: 2ª e 3ª Series. |
7.1. Estrutura electrónica dos átomos e formas de actuación. Estados de oxidación más habituais.
7.2. Estado elemental: Estrutura e enlace, propiedades físicas e químicas. Química en disolución acuosa.
7.3. Estado natural, obtención e principais aplicacións.
7.4. Principais compostos.
|
Tema 8. Elementos de transición interna. |
8.1. Lantánidos.
8.2. Actínidos.
8.3. Postactínidos. |
Tema 9. Química Inorgánica Experimental. |
Síntese de elementos e compostos inorgánicos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
B1 |
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 C1 |
22 |
44 |
66 |
Solución de problemas |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B4 C1 |
8 |
20 |
28 |
Traballos tutelados |
A14 A16 A21 B1 B2 B3 B4 C1 |
1 |
15 |
16 |
Prácticas de laboratorio |
A14 A17 A18 A20 A21 A22 A23 A26 B1 B2 B3 B4 C1 |
18 |
0 |
18 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 |
1 |
0 |
1 |
Proba de resposta múltiple |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 |
0 |
1 |
1 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 |
0 |
5 |
5 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 |
4 |
8 |
12 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Actividade que se levará a cabo ao comezo do curso e onde se presentará a meteria comentando, entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumno.
|
Sesión maxistral |
Actividade presencial na que se presentan os aspectos máis destacados do programa. Con todo, a pesar de ser clases expositivas, requirirase nelas a participación do alumnado. É desexable que o alumno, con anterioridade ao desenvolvemento de cada clase, teña lido na bibliografía aconsellada as partes relacionadas co tema a tratar. |
Solución de problemas |
Clases en pequenos grupos, concibidas como un conxunto de actividades nas que o alumno debe participar activamente. Dedicaranse á resolución dos boletíns de preguntas e problemas que previamente se lles entregaron. Antes de asistir á clase e para poder participar e ser valorado nela, o alumno deberá entregar o boletín a través da plataforma en liña dispoñible para a materia. Unha vez na clase, os alumnos discutirán as respostas ás diferentes preguntas cos seus compañeiros, establecendo un debate. |
Traballos tutelados |
Previamente ás prácticas de laboratorio o alumno terá que levar a cabo, un estudo inicial que deberá recoller tanto aspectos preparativos como teóricos asociados aos experimentos a realizar, aplicando os seus coñecementos e apoiándose en todo momento na revisión bibliográfica dos textos propostos. Antes de comezar as prácticas de laboratorio, terá que superar unha entrevista co profesor responsable na que presentará os resultados e conclusións do seu traballo autónomo previo, co fin de determinar se o grao de coñecementos adquirido é suficiente como para que poida proceder a realizar con seguridade e aproveitamento o traballo experimental.
|
Prácticas de laboratorio |
Centrarase na síntese e illamento de substancias inorgánicas. O desenvolvemento dos experimentos en sí debe deixar patente unha actitude responsable por parte do alumno no tocante ás normas de seguridade, así como á rigorosidade e a eficiencia características do método científico. O alumno debe de elaborar un caderno de laboratorio que constará de tres partes: resumo da preparación teórica previa (realizada durante os traballos tutelados), descrición detallada da execución e desenvolvemento do experimento (diario de laboratorio), e un comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poden extraer deles. |
Proba obxectiva |
Nalgunhas clases de Sesión Maxistral ou de Solucion de Problemas, realizaranse probas intermedias que combinan diferentes tipos de preguntas, como preguntas de elección múltiple, organización, resposta curta, discriminación, finalización e / ou asociación, que axudarán ao alumno e ao profesor a comprobar que os temas tratados nas clases anteriores foron comprendidos. |
Proba de resposta múltiple |
Ao finalizar os contidos de cada tema nas Sesións Maxistrais, empregando plataformas como Moodle, ferramentas de paquetes de Office 365 e / ou aplicacións dispoñibles en Internet, realizarase unha proba para avaliar a aprendizaxe dos devanditos contidos. Para iso, faranse preguntas en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionen posibles solucións, das que só unha delas é válida, vendo así o grao de asimilación do alumno dos temas impartidos. |
Análise de fontes documentais |
Metodoloxía que mediante o uso de documentos audiovisuais e / ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias actuais, fotografías, artigos, etc.) postos a disposición do estudante a través das plataformas en liña dispoñibles para a materia, axudará ao alumno a traballar contidos relevantes para a materia, con actividades deseñadas especificamente nas devanditas plataformas para a súa análise. |
Proba mixta |
Proba escrita que constará dunha serie de cuestións de diferente natureza: de desenvolvemento medio-longo dun tema ou dunha parte do mesmo, de desenvolvemento curto sobre aspectos puntuais, de resolución de problemas, tanto numéricos como de aplicación lóxica dos coñecementos adquiridos e de elección entre respostas múltiples. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Solución de problemas |
Prácticas de laboratorio |
Proba mixta |
Traballos tutelados |
Proba obxectiva |
Proba de resposta múltiple |
Análise de fontes documentais |
|
Descrición |
A atención personalizada ao alumno, entendida coma un apoio no proceso de ensino-aprendizaxe, realizarase no horario máis conveniente para o alumno e o profesor.
Aqueles alumnos que se acollan ao réxime de “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” segundo a normativa da UDC, disporán de atención específica que se concretará nos seguintes aspectos:
A petición do alumno proporcionaráselle axuda titorial cando así o solicite.
A petición do alumno e nun horario da súa conveniencia, proporáselle traballo específico en forma de boletíns de problemas representativos das competencias da materia. O alumno resolverá devanditos boletíns de forma individual e, de novo, acudirá a tutoría para resolución de dúbidas e corrección dos mesmos.
O alumno disporá, a petición propia e en horario a convir, de axuda titorial para a preparación dos traballos tutelados previos as prácticas de laboratorio antes da entrevista co profesor (ver metodoloxía de traballos tutelados).
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B4 C1 |
O profesor valorará tanto as respostas ás cuestións do boletín como a participación activa no debate cos outros compañeiros.
|
10 |
Prácticas de laboratorio |
A14 A17 A18 A20 A21 A22 A23 A26 B1 B2 B3 B4 C1 |
O traballo no laboratorio avaliarase dende os puntos de vista de:
- organización e seguridade
- coñecemento do material, técnicas preparativas e o seu uso
- habilidade manual e,
- especialmente, a capacidade para comprender os procesos observados a partir da preparación previa.
Tamén se avaliará a elaboración do Caderno de Laboratorio, que constará de tres partes:
1-Resumo da preparación teórica previa (realizada durante os traballos tutelados).
2- Descrición detallada da execución e desenvolvemento dos experimentos (diario de laboratorio).
3- Comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poidan extraer deles.
|
20 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 |
A proba escrita levarase a cabo no horario aprobado na Xunta de Facultade. Constará dunha serie de cuestións e problemas relacionados co programa da materia, dacordo co indicado no apartado de Metodoloxía.
|
40 |
Traballos tutelados |
A14 A16 A21 B1 B2 B3 B4 C1 |
Mediante as tutorías asociadas aos traballos tutelados, o profesor, ademais de orientar ao alumno, avalía todos os aspectos relativos á preparación teórica das prácticas e aspectos experimentais ou de seguridade no traballo.
Dada a súa importancia, o alumno non poderá comezar o traballo no laboratorio ata que realice de forma adecuada esta preparación previa. |
10 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 |
Periódicamente, realizaranse probas curtas de tipo test ou de resposta breve, de acordo co indicado no apartado de Metodoloxía. |
10 |
Proba de resposta múltiple |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 |
Periódicamente realizaranse probas curtas de tipo test de resposta múltiple a través de plataformas online, de acordo co indicado no apartado de Metodoloxía. |
5 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 |
Periódicamente, como se indica no apartado de metodoloxía, haberá actividades nas que en base a documentos audiovisuais e/ou bibliográficos, o alumno debe contestar, a través das plataformas online dispoñibles na asignatura, preguntas relacionadas cos contidos da materia. |
5 |
|
Observacións avaliación |
Para aprobar
a materia será necesario alcanzar un mínimo de 50 puntos, debéndose cumprir ao
mesmo tempo a condición de obter un mínimo dun 50% da cualificación da Proba
mixta e un mínimo dun 40% da suma das cualificacións dos apartados Traballos
Tutelados + Prácticas de laboratorio. No caso de que o alumno non conseguira a
puntuación mínima nalgunha delas, se a suma do conxunto é superior ou igual a
50 puntos, a materia figurará como suspensa (4,5 sobre 10 puntos ). A avaliación non poderá ser positiva se non se asistiu a todas as clases delaboratorio. O alumno terá unha cualificación de non presentado cando participe en actividades que sumen menos do 25% da cualificación final da evaluación continua. Encanto a segunda oportunidade de xullo: 1) A calificación da proba mixta da segunda oportunidade,substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade, sendo de novo necesario obter un mínimo de 5 (sobre 10) da puntuación total da proba mixta para poder superar a materia, o que significará, como na "primeira oportunidade", o 40% da calificación. 2) Aqueles alumnos que suspenderan as prácticas de laboratorio poderán realizar un traballo tutelado sobre unha nova práctica de laboratorio e o correspondente resumo da devandita preparación teórica anterior. 3) A cualificación do resto de actividades avaliables durante o curso manterase na segunda oportunidade de xullo. Os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o curso,de acordo coa normativa académica, non fose cuberto na súa totalidade na"primeira oportunidade". Aqueles alumnos que se acollan ao “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” de acordo coa normativa da UDC, só deberán asistir de maneira obrigatoria os traballos tutelados e as clases prácticas de laboratorio. A cualificación final para os devanditos alumnosconstará de dous partes: a cualificación obtida nos traballos tutelados e asprácticas de laboratorio, que contribuirá nun 30% á nota final e a proba mixta,que computará polo 70% restante. Estas porcentaxes de cualificación aplicaranseás dúas oportunidades. No caso de circunstancias excepcionais, obxectivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
E.C. Housecroft y A.G. Sharpe (2006). Química Inorgánica. Madrid, Pearson 2ª Ed. (en inglés 4ª Ed 2012)
D.F. Shriver, P.W. Atkins, T.L. Overton, J.P. Rourke, H.T. Weller y F.A. Armstrong (2008). Química Inorgánica. México, McGraw-Hill 4ª Ed. (en inglés 6ª Ed. 2014) |
Bibliográfía de Prácticas:
G. Brauer. "Preparative
Inorganic Chemistry", vols. I y II. Academic Press, Nueva York (1963 y 1965). Versión en
castellano de la 2ª ed. alemana: "Química Inorgánica Preparativa",
Reverté, Barcelona (1958)
G.C.
Schlessinger. "Inorganic Laboratory Preparations". Chemical Pub. Co., Nueva York (1962).
Versión en castellano: "Preparaciones de Compuestos Inorgánicos en el
Laboratorio", Continental, México (1962)
Z. Szafran, R.M. Pike y M.
Singh. "Microscale Inorganic
Chemistry: A Comprensive Laboratory Experience". Wiley & Sons, Nueva
York (1991) |
Bibliografía complementaria
|
S.M. Owen y A.T. Brooken (1991). A Guide to Modern Inorganic Chemistry. Harlow. Longman
F.A. Cotton, G. Wilkinson, C.A. Murillo y M. Bochman (1999). Advanced Inorganic Chemistry. New York, Wiley&Sons 6th Ed. [en castellano: 4ª Ed., 1986]
J.D. Lee (1996). Concise Inorganic Chemistry. London, Chapman&Hall 6th Ed.
G.E. Rodgers (2002). Descriptive Inorganic Coordination and Solid State Chemistry . Melbourne, Thomson Learning 2ª Ed. [en castellano: 1ª Ed., 1995]
E. Gutiérrez Ríos (1984). Química Inorgánica . Barcelona, Reverté 2ª Ed.
G. Rayner-Canham y T. Overton (2000). Química Inorgánica Descriptiva. Mexico, Pearson, 2ª Ed. [en inglés: 6ª Ed., 20014]
N.N. Greenwood y A. Earnshaw (1997). The Chemistry of the Elements. Oxford, Butterworth Heinemann 2nd Ed. |
Bibliografía de teoría e prácticas de laboratorio enfocada cara á Química Inorgánica en xeral, a disposición pública na Biblioteca da Facultade de Ciencias. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química Xeral 1/610G01007 | Química Xeral 2/610G01008 | Química Xeral 3/610G01009 | Laboratorio de Química 1/610G01010 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Química Inorgánica 1/610G01021 |
|
Materias que continúan o temario |
Química Inorgánica 3/610G01023 | Química Inorgánica 4/610G01024 | Química Inorgánica Avanzada/610G01025 | Química Industrial/610G01039 |
|
Observacións |
Como complemento ás clases presenciais e ao material bibliográfico porase á disposición do alumno (mediante os medios establecidos en cada caso) a documentación relativa aos contidos das sesións maxistrais, boletíns de exercicios e problemas, documentos guía para as prácticas de laboratorio e/ou cuestionarios de diversa natureza. NOTA: Aconséllase a asistencia a todas as clases, así como a participación activa en todas as actividades. |
|