Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Microbioloxía Código 610G02015
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Herrero Lopez, Maria Concepcion
Correo electrónico
concepcion.herrero@udc.es
Profesorado
Cid Blanco, Angeles
Fidalgo Paredes, Pablo
Herrero Lopez, Maria Concepcion
Poza Domínguez, Margarita
Correo electrónico
angeles.cid@udc.es
pablo.fidalgo@udc.es
concepcion.herrero@udc.es
margarita.poza.dominguez@correo.udc.es
Web
Descrición xeral Materia obrigatoria do grao en Bioloxía. Inicia ao alumnado nos conceptos básicos de Microbioloxía, tanto teóricos como prácticos: estrutura de microorganismos; fisioloxía bacteriana; introdución á Viroloxía; xenética microbiana; filoxenia e sistemática de microorganismos. Serve de base para cursar posteriormente outras materias da área, tanto obrigatorias como optativas. Compleméntase con outras materias do Grao, como Bioquímica, Xenética, Ecoloxía, etc.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Ninguna

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Ninguna

*Metodoloxías docentes que se modifican
Lección maxistral e seminarios: impartición telemática mediante Teams
Prácticas de laboratorio: no caso de non poder realizarse as prácticas presencialmente sustituiránse por alternativas telemáticas relacionadas co temario correspondiente.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Microsoft Teams: Atención personalizada e grupal (vídeo, audio o chat) cando os alumnos plantexen cuestións; tamén baixo demanda do profesorado.
Moodle: Repositorio de documentos e axuda na docencia, tamén para notificacións e comunicación cos alumnos mediante o foro.
Correo electrónico: Atención personalizada e grupal a cuestións requeridas por os alumnos, así como notificaciones do profesorado
Teléfono: Atención personalizada bidireccional requerida por ambos participantes.

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:
Todas as probas pasan a ser telemáticas manténdose os porcentaxes

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non procede

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 Identificar organismos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A13 Realizar o illamento e cultivo de microorganismos e virus.
A15 Deseñar e aplicar procesos biotecnológicos.
A21 Deseñar modelos de procesos biolóxicos.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B12 Adaptarse a novas situacións.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecemento teórico e práctico dos microorganismos nos seus aspectos básicos Coñecementos básicos sobre a estrutura e fisioloxía dos microorganismos, así como as bases metodolóxicas para o estudo dos mesmos A1
A2
A4
A13
A15
A21
A29
A30
A31
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B12

Contidos
Temas Subtemas
Sección I: : Introdución á Microbioloxía 1.- O mundo microbiano: definición e obxecto de estudo da Microbioloxía. Desenvolvemento histórico. Importancia dos microorganismos
2.- Diversidade do mundo microbiano. Os tres Dominios: Bacteria, Archaea e Eukarya. Virus. Concepto de especie bacteriana e arqueana. Nomenclatura
SECCIÓN II: Estrutura da célula procariota 3.- Tamaño. Forma. Parede celular bacteriana
4.- Protoplasto bacteriano
5.- Apéndices e capas superficiais en bacterias
6.- Diferenciación en bacterias
7.- Morfoloxía e estrutura celular de arqueas
SECCIÓN III: Nutrición, metabolismo e crecemento 8.- Principios de nutrición e cultivo. Categorías nutricionais. Clases e fontes de nutrientes. Medios de cultivo.
9.- Principios básicos do metabolismo microbiano. Diversidade metabólica dos procesos de producción de enerxía en microorganismos
10.- Utilización da enerxía. Regulación
11.- Crecemento: división celular e crecemento poboacional. Métodos de medida do crecemento
12.- Efecto de factores ambientais sobre o crecemento
SECCIÓN IV: Viroloxía 13.- Principios básicos
14.- Virus bacterianos
15.- Virus animais. Virus oncoxénicos. Quimioterapia antiviral
16.- Virus vexetais. Partículas subvíricas
SECCIÓN V: Xenética microbiana 17.- Elementos xenéticos en bacterias
18.- Mutación
19- Mecanismos de intercambio xenético en bacterias e arqueas: transformación, transducción e conxugación
SECCIÓN VI: Evolución e sistemática microbiana 20.- Evolución microbiana
21.- Sistemática microbiana. Clasificación e identificación
22.- Domino Archaea
23.- Dominio Bacteria
24.- Protistas
PRÁCTICAS DE LABORATORIO - Observación de microorganismos. Tinciones
- Preparación de medios de cultivo
- Illamento e cultivo de microorganismos
- Microbiota normal
- Estudo do crecemento
- Probas de identificación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A15 A21 A29 B1 B3 B6 B8 B9 30 75 105
Prácticas de laboratorio A2 A4 A13 A29 A30 A31 B1 B2 B4 B5 B6 B12 15 9 24
Proba mixta A1 B1 B2 B3 B4 B8 B9 3 0 3
Seminario B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 4 9 13
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesorado das bases teóricas da materia
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio son de asistencia obrigatoria para todos os alumnos/as. Nelas abórdanse, desde o punto de vista experimental, aspectos tratados nas sesións maxistrais e nos seminarios. Trátase de que o alumno/a se inicie correctamente nos procesos e metodoloxías básicas da Microbioloxía.
Proba mixta Proba escrita na que se porá valor ao grao de coñecemento e comprensión alcanzados polo alumno/a
Seminario Realización de seminarios, que poderán ser de distintos tipos, relativos a aspectos da materia. Supoñen un reforzo dos contidos tratados nas clases maxistrais e/ou nas prácticas e tratarán de estimular o traballo continuado do alumno ao longo do cuadrimestre. Serán valorados conxuntamente coa sesión maxistral na proba mixta, sen prexuízo de establecer valoracións específicas

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Seminario
Proba mixta
Descrición
Durante o desenvolvemento da materia atenderanse as necesidades e consultas do alumno/a relacionadas coa materia, proporcionándolle a orientación e o apoio que sexan necesarios, tanto de forma presencial como non presencial.
Dentro da atención personalizada pódense incluír sesións de preparación dos exames, así como a posterior revisión dos mesmos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A4 A13 A29 A30 A31 B1 B2 B4 B5 B6 B12 Asistencia obligatoria. Evaluación continua durante el desarrollo de las mismas (5%).
Examen (15%)
A non realización das prácticas impide a superación da materia
20
Proba mixta A1 B1 B2 B3 B4 B8 B9 Proba escrita acerca dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e seminarios. Como máximo suporá o 80% da nota total da materia.
Durante o desenvolvemento da materia lévanse a cabo presencialmente varios exames curtos.
Para os alumnos que non se presenten a estos exames, farase un exame presencial global na data prevista para o exame final.
80
 
Observacións avaliación

É obrigatoria a asistencia ás prácticas de laboratorio para ser avaliado, así como entregar en tempo e forma as tarefas que poidan ser establecidas como obrigatorias nos seminarios.

A non realización das prácticas impide a superación da materia, polo que aqueles alumnos que non as realicen non poden presentarse a exame (proba mixta)

O alumno deberá superar tanto as prácticas coma a(s) proba(s) mixta(s) para superar a materia

Para superar as prácticas, ademais da asistencia, é imprescindible aprobar o exame correspondente

Baseándose na avaliación continua poderá valorarse especificamente a progresión do alumno ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo dun punto

Para que un alumno sexa considerado como "NON PRESENTADO" non deberá ter realizado a proba mixta.

No caso de non aprobar a materia na primeira opción, na segunda oportunidade deberá superarse a parte non aprobada. Se é a proba escrita, repetindo esta (tendo en conta que inclúe a parte das sesión maxistrais e dos seminarios). Se son as prácticas, repetindo o exame. Se non se realizaron as prácticas non se superará a materia.

Se o número de Matrículas de Honra que poden concederse se esgota na primeira opción, non poderá concederse ninguna na segunda opción aínda que se obteña a máxima nota


No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e axeitadamente xustificadas, o profesorado podería eximir total ou parcialmente ó alumnado en que concorra de parte do proceso de avaliación. Dito alumnado tería que someterse a un exame particular que non deixase dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias, habilidades e destrezas

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia tanto na oportunidade de final de cuadrimestre como na segunda oportunidade teranse en conta, para o cómputo da cualificación global, a calificación obtida no exame teórico e a correspondente á parte práctica (ver máis arriba formato de ámbolos dous exames), representando éstas o 75% e o 25% da cualificación final, respectivamente.



Fontes de información
Bibliografía básica MADIGAN, M., MARTINKO, J., BENDER, K., BUCKLEY, D. y STAHL, D. (2015). Brock Biología de los Microrganismos. 14ª ed. . Pearson Educación S.A.
Tortora, G.J., Funke, B. R. and Case, C.L (2017). Introducción a la Microbiología 12ª Ed. Panamericana
WILLEY, J.M., SHERWOOD, L.M. and WOOLVERTON, C.J. (2009). Microbiología de Prescott, Harley y Klein. McGraw Hill
Martín, A., Béjar, V., Gutiérrez, J.C., Llagostera, M y Quesada, E (2019). Microbiología Esencial. Panamericana
WILLEY, J.M., SHERWOOD, L.M. and WOOLVERTON, C.J. (2014). Prescott's Microbiology 9th ed. McGraw Hill

http://microbewiki.kenyon.edu/index.php/MicrobeWiki

http://www.semicrobiologia.org/

http://www.asm.org/

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química/610G02001
Citoloxía/610G02007
Bioquímica I/610G02011

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Microbioloxía aplicada e control microbiolóxico/610G02016
Técnicas en Microbioloxía/610G02017
Microbioloxía e biotecnoloxía ambiental/610G02018

Observacións
As presentacións de clase que se poñen a disposición dos alumnos/as en Moodle son unha guía para o estudo dos temas e en ningún caso constitúen o contido total dos mesmos


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías