A cualificación final será consecuencia dos resultados globais obtidos en todas as actividades de avaliación, que incluirán as tres partes da materia Teoría, Seminarios e Prácticas cunha contribución á cualificación final proporcional á súa contribución na planificación horaria: 60% Teoría, 20% Seminarios e 20% Prácticas. Todos os estudantes terán dúas oportunidades para aprobar o curso:
En caso da primeira oportunidade realizarase unha avaliación continua incluíndo entregables, probas parciais e exame final (en data marcada por Xunta de Facultade), coa seguinte ponderación:
60% Teoría (30% probas parciais + 30% exame final)
20% Seminarios (10% entregable + 10% exame final)
20% Prácticas (10% entregable + 10% exame final)
No caso da segunda oportunidade realizarase un único exame final (en data marcada pola Xunta de Facultade) incluirá preguntas sobre as tres partes da materia coa seguinte ponderación:
60% Teoría
20% Seminarios
20% Prácticas
Tanto en primeira como en segunda oportunidade para superar a materia é necesario superar simultaneamente todas e cada unha das tres partes (Teoría, Seminarios e Prácticas); unha parte suspensa poderá ser compensada con outras se a súa cualificación é polo menos de 4/10. A nota media para aprobar a materia debe ser un 5.0. Aqueles alumnos que entreguen e/ou se presenten a algunha das actividades da avaliación continua serán considerados como presentados, recibindo a cualificación correspondente aos traballos entregados e/ou probas realizadas segundo a súa ponderación, e unha cualificación de cero naquelas traballos e/ou probas nas que non se presentou. En caso de non entregar nin presentarse a ningunha das probas será considerado como non presentado.
A asistencia a Seminarios e Prácticas non é obrigatoria, pero quedará rexistrada.
Os entregables de Seminarios e Prácticas consistirán nun informe das actividades desenvolvidas en Seminarios e Prácticas. Devanditos informes realizaranse seguindo as indicacións dadas polo profesor (formato, contidos, prazos, etc.) e a súa cualificación será susceptible de exame oral individual de ser necesario. Estes informes deben realizarse de maneira individual e recoller o traballo de cada estudante a si como a súa interpretación persoal. De acordo coa normativa vixente, en xeral os informes de Seminarios e Prácticas non se poderán recuperar ata o final do curso seguinte, polo que é recomendable quedar con copia do entregado.
A obtención de Matricula de Honra requirirá, como mínimo, unha nota final de 9.0 ou superior, e a presentación de todos os entregables.
Os estudantes con dispensa académica oficialmente recoñecida poderán realizar as activiades propostas ou equivalentes telemáticamente e apoiados mediante tutorías (presenciais ou telemáticas).