Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público. |
A2 |
CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público. |
A3 |
CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica. |
A4 |
CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos. |
A5 |
CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma. |
A6 |
CE6-Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional. Integrarse na xestión empresarial. |
A7 |
CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. |
A8 |
CE8-Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía. |
A9 |
CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
A10 |
CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional. |
A11 |
CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés. |
A12 |
CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. |
A13 |
CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo. |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico |
B7 |
CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora |
B8 |
CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce. |
B9 |
CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
C1 |
CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o método contable e o seu output: os estados financeiros
|
A1 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A12
|
B2 B7
|
C3
|
Rexistrar contablemente, presentar e interpretar calquera transacción económica básica. |
A1 A2 A3 A4 A5 A9
|
|
C3 C5
|
Capacidade para aprender de xeito autónomo, buscando a solución a novos problemas a través da aplicación dos coñecementos adquiridos. |
A7 A9
|
B1 B3 B5 B6 B8
|
C3 C6
|
Capacidade para traballar en equipo de maneira consultiva. |
A7 A11 A13
|
B4 B9
|
C1 C7 C8
|
Ter un comportamento ético nos negocios. |
A1 A2
|
|
C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Primeira parte: Fundamentos básicos da contabilidade |
|
Tema 1: Decisións empresariais e contabilidade financeira
|
1.1. Actividade empresarial e necesidade de información
1.2. Usos e usuarios da información financeira e non financeira
1.3. Normativa para a elaboración da información
|
Tema 2: O balance de situación |
2.1. Propósito do balance de situación
2.2. Compoñentes do balance de situación
2.3. Transaccións e balance de situación |
Tema 3: A conta de resultados e o estado de fluxos de efectivo |
3.1. Propósito da conta de resultados
3.2. Formato da conta de resultados
3.3. Relación entre conta de resultados e balance de situación
3.4. Fluxos de efectivo: cobros e pagos |
Tema 4: O método contable |
4.1. Análise das transaccións. Principio de dualidade
4.2. Rexistro de transaccións. O esquema de cargos e abonos
|
Tema 5: Rexistros contables |
5.1. Anotacións no libro diario
5.2. Traspaso do libro diario ao libro maior
5.3. Balance de comprobación e estados financeiros |
Tema 6: O ciclo contable |
6.1. O exercicio contable
6.2. Rexistro de transaccións
6.3. Axustes previos ao peche de exercicio
6.4. Preparación de estados financeiros
6.5. Peche de contas temporais |
Segunda parte: Análise e interpretación de estados financeiros |
|
Tema 7: O contido dos estados financeiros |
7.1. Estrutura e contido dos estados financeiros básicos.
7.2. Estados financeiros comparativos e gráficos para estudar a evolución ao longo do tempo
7.3. Comparacións entre empresas; utilidade das porcentaxes verticais |
Tema 8: Estudo da rendibilidade |
8.1. Rendibilidade económica
8.2. Rendibilidade financeira
8.3. Débeda e rendibilidade |
Tema 9: Solvencia |
9.1. Endebedamento
9.2. Cobertura de intereses
9.3. Capacidade de xerar fluxos de efectivo |
Tema 10: Liquidez e eficiencia |
10.1. Activos e pasivos correntes
10.2. Estudo das rotacións e dos prazos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A7 A8 |
8 |
12 |
20 |
Discusión dirixida |
A4 A5 A9 A11 A13 B4 B6 B8 B9 C4 C6 |
7 |
12 |
19 |
Obradoiro |
A6 A10 A12 B2 B1 B3 B5 B7 C1 C3 C5 C7 C8 |
13 |
26 |
39 |
Prácticas a través de TIC |
A7 A9 A10 B2 B3 C3 |
12 |
24 |
36 |
Presentación oral |
A9 A10 A13 B2 B3 B4 |
3 |
12 |
15 |
Foro virtual |
A13 B3 B4 C3 |
0 |
2 |
2 |
Proba de resposta múltiple |
A4 B2 |
1 |
5 |
6 |
Proba práctica |
A9 A12 B2 B3 C3 |
3 |
6 |
9 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición, feita polos docentes, dos conceptos básicos necesarios para que os estudantes poidan buscar solución aos problemas contables tratados no programa. |
Discusión dirixida |
Preparación dos temas formulados polo profesorado da materia e participación na discusión dos mesmos na aula. |
Obradoiro |
Traballo individual e en grupo, guiado polo profesorado da materia, para a resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos. |
Prácticas a través de TIC |
Utilización de software de contabilidade para a teneduría de libros e a preparación de estados financeiros, uso da folla de cálculo, tanto para o rexistro de transaccións, como para desenvolver a análise de estados financeiros e emprego de ferramentas de presentación para a defensa do traballo na aula. |
Presentación oral |
Presentación na aula dun traballo realizado en equipo e seguindo as orientacións do equipo docente da materia. |
Foro virtual |
Utilización do foro de Moodle para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado ca materia, fundamentalmente, para a resolución dos casos prácticos. |
Proba de resposta múltiple |
Durante o curso realizaranse dúas probas tipo test sen previo aviso. |
Proba práctica |
Probas asociadas ao obradoiro e ás prácticas a través de TIC e deseñadas para avaliar o traballo realizado polos estudantes fóra da aula para resolver os exercicios e casos prácticos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Discusión dirixida |
Proba de resposta múltiple |
Obradoiro |
Prácticas a través de TIC |
Presentación oral |
Proba práctica |
|
Descrición |
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e da técnica contable. Para isto, o estudante será guiado polo docente de xeito que poda chegar á solución/s dos problemas que se lle propoñen. Adicionalmente, por medio das titorías, o profesorado da materia guiará a preparación das cuestións propostas para discutir na aula e a resolución das tarefas deseñadas para realizar fóra da aula. Por último, as titorías en grupo (unha hora semanal) realizaranse por videoconferencia e estarán destinadas a apoiar o resto da docencia e a realizar un seguimento do traballo levado a cabo polos estudantes fóra da aula |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de resposta múltiple |
A4 B2 |
Durante o curso realizaranse dúas probas tipo test sen previo aviso. |
20 |
Presentación oral |
A9 A10 A13 B2 B3 B4 |
Pedirase aos estudantes que presenten na aula un caso práctico que deberán resolver previamente e traballando en grupo. Na valoración deste caso práctico terase en conta o rigor na súa resolución, a presentación feita na aula e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e estudantes. |
20 |
Proba práctica |
A9 A12 B2 B3 C3 |
Ao inicio de cada unha das sesións destinadas a discutir exercicios e casos prácticos (clase ou titoría grupal), o docente poderá presentar aos estudantes un pequeno exercicio, similar aos propostos para realizar fóra da aula, que deberá ser resolto de xeito individual no tempo marcado polo docente. Ao remate do curso, seleccionaranse aleatoriamente seis desas probas para seren avaliadas. |
60 |
|
Observacións avaliación |
A metodoloxía proposta
persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao alumnado para que traballe de
xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar a autonomía do estudante no
proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao estudante pídeselle que: a) Semanalmente realice os exercicios e casos prácticos propostos polo profesorado da materia. Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posible solucións.
b) Prepare, en grupo e seguindo as indicacións do equipo docente da materia, un caso práctico de análise de estados financeiros para ser presentado na aula na data marcada polo profesorado da materia.
c) Prepare, individualmente ou en grupo, as cuestións e exercicios
propostos polo equipo docente da materia para ser debatidos na aula e que
participe activamente nas discusións promovidas na clase, así coma naquelas que xurdan no
foro virtual. Valorarase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia
da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu
punto de vista fronte ao dos seus compañeiros. Por esta vía (participación
activa na aula/foro) o estudante pode compensar con ata un punto a cualificación
total obtida nas probas escritas realizadas durante o curso, sen superar o máximo que corresponde a esta avaliación (oito puntos). Deste xeito, o estudante que, por calquera razón, non realice algunha das probas escritas de avaliación continua (probas de resposta múltiple ou probas prácticas) será cualificado con un cero nesa proba, pero esa cualificación poderá ser substituída pola nota obtida coa súa participación na clase. Isto é, dos nove elementos a ter en conta (dúas probas intermedias, seis probas prácticas e participación) elixiranse os oito que presenten as maiores cualificacións.
Avaliación da segunda oportunidade e ”avaliación adiantada”. Axustarase ao mesmo esquema previsto para a primeira oportunidade coas seguintes observacións relativas á recuperación das actividades de avaliación continua:
- Probas de resposta múltiple e probas prácticas. O estudante deberá preparar os casos prácticos de todos os temas da materia que están á súa disposición en Moodle. A resolución destes casos require unha revisión detallada de toda a materia. O traballo realizado polo estudante será avaliado nunha única proba, que será en parte ou totalmente oral, a realizar na data acordada co alumnado que opte por esta vía, sempre dentro do período de exames da segunda oportunidade ou avaliación adiantada, segundo corresponda. A mencionada proba poderá versar sobre os conceptos teóricos tratados durante o curso ou calquera dos casos prácticos propostos ao alumnado, ou outros semellantes, e o estudante deberá ser capaz de explicar razoadamente a súa resposta.
- Traballo de análise de estados financeiros. Unha vez coñecida a cualificación da primeira oportunidade, ou decidido optar pola avaliación adiantada, segundo o caso, o estudante deberá contactar co profesorado da materia á maior brevidade para que lle asigne as dúas empresas sobre ás que versará o seu traballo. A presentación oral do mesmo realizarase na data acordada entre o equipo docente da materia e os estudantes que van ser avaliados, sempre dentro do período de exames da segunda oportunidade ou avaliación adiantada, segundo corresponda. No caso da avaliación na segunda oportunidade, o estudante que realizara e presentara o traballo durante o curso poderá optar por manter a cualificación obtida nesa actividade na primeira oportunidade.
Estudantes
en réxime de dedicación parcial.
Dadas as peculiaridades da materia, recoméndase aos estudantes aos que lles
for concedido o réxime de dedicación parcial que, de ser factible, traten de
asistir ás clases e participar nas actividades de avaliación
continua. Se isto non fose posible, estes estudantes e só estes,
poderán ser avaliados segundo o previsto para a segunda oportunidade. Os estudantes en réxime de dedicación parcial deben
contactar co profesorado da materia antes do 28 de febreiro.
Estudantes
que por mor da Covid 19 non podan asistir a clase. Serán avaliados do mesmo
xeito que os estudantes en réxime de dedicación parcial que non poden asistir a
clase.
Cualificación
de non presentado.
Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con
independencia da cualificación acadada.
Condicións
de realización do exame final.
Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a
comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Corona Romero, E., Bejarano Vázquez, V. y González García, J. R. (2014). Análisis de Estados Financieros Individuales y Consolidados. UNED
Bonsón, E., Cortijo, V. y Flores, F. (2009). Análisis de Estados Financieros: Fundamentos Teóricos y Prácticos. Pearson Education
Muñoz Jiménez, J. (2008). Contabilidad Financiera. Pearson Education
Sutton, T. (2004). Corporate Financial Accounting and Reporting. Prentice Hall
Reverte Maya, C. (2014). Exercises of Financial Accounting. Ecobook
Phillips, F., Libby, R., and Libby, P.A. (2006). Fundamentals of Financial Accounting. McGraw Hill
Larrán Jorge, M. (Coord.) (2009). Fundamentos de Contabilidad Financiera. Pirámide
Muñoz Merchante, A. (2014). Introducción a la Contabilidad Financiera. Ediciones Académicas
Arquero Montaño, J. L., Jiménez Cardoso, S.M. y Ruiz Albert, I. (2015). Introducción a la Contabilidad Financiera. Pirmámide
Rivero Menéndez, M. J. y Camacho Miñano, M. M. (2010). Introducción a la Contabilidad Financiera. Pearson Education |
|
Bibliografía complementaria
|
Horngren, C.T.; Harrison, W.T y Bamber, L. S. (2003). Contabilidad. Pearson
Solà Tey, Magda y Vilardell Riera, Inmaculada (2009). Introducción a la Contabilidad General. McGraw Hill |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Análise das Operacións Financeiras/611G01004 | Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G01008 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Sustentabilidade
1. Todo
o intercambio de documentos e traballos entre profesorado e alumnado
realizarase en formato dixital, preferentemente Moodle.
2. Promoveranse os principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais.
Perspectiva de xénero
3. Incorpórase a perspectiva
de xénero a través do uso de linguaxe non sexista, o emprego de exemplos e casos
prácticos onde mulleres e homes se presenten como semellantes na súa
relevancia profesional, o uso de bibliografía de autores de ambos os sexos, promovendo
a intervención en clase de alumnas e alumnos, ...
4. Traballarase para
modificar prexuízos e actitudes sexistas e para fomentar valores de respecto
e igualdade.
5.- No caso de detectar
situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e
medidas para corrixilas.
Atención á diversidade
6. Facilitarase a plena
integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimenten dificultades para un acceso axeitado,
igualitario e proveitoso á vida universitaria.
|
|
|