Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades. |
A2 |
Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada. |
A3 |
Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa. |
A4 |
Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados. |
A5 |
Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa. |
A6 |
Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. |
A7 |
Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía. |
A8 |
Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
A9 |
Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional. |
A10 |
Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés |
A11 |
Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. |
A12 |
Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo. |
B1 |
CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo |
B3 |
CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais |
B7 |
CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización |
B8 |
CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas. |
B9 |
CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados |
B10 |
CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender a importancia do estudo da organización da actividade económica (a nivel microecómico).
Comprender cales son as dimensións ou problemas máis relevantes no estudo da organización.
Entender a empresa como unha estructura de goberno da actividade económica alternativa ó mercado.
Comprender a selección de distintas alternativas de goberno para a solución de problemas organizativos.
Diseñar estructuras óptimas de incentivos para minimizar os problemas de motivación (risco moral) nas organizacións.
Coñecer as teorías económicas máis relevantes para o estudo e análise da organización.
Saber detectar, analizar, resolver e comunicar problemas organizativos mediante o manexo dos conceptos e teorías da economía organizaciona.
Tomar conciencia de que a formación continuada e o saber son fundamentais para o mellor desenrolo das nosas vidas e a sociedade.
Inculcar valores éticos fundamentais como principio rector nos comportamentos como profesionales e ante todo como cidadáns.
Saber traballar en equipo.
Fomentar o uso das TIC´s para a comunicación persoal. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
BLOQUE I. INTRODUCCIÓN |
Os contidos a abordar en cada un dos bloques detallárase nos materiais que cada profesor colgará en Moodle, adaptándoos as especificidades de cada titulación. |
BLOQUE II. GOBERNO DA ACTIVIDADE ECONÓMICA |
Os contidos a abordar en cada un dos bloques detallárase nos materiais que cada profesor colgará en Moodle, adaptándoos as especificidades de cada titulación. |
BLOQUE III. INCENTIVOS |
Os contidos a abordar en cada un dos bloques etallárase nos materiais que cada profesor colgará en Moodle, adaptándoos as especificidades de cada titulación. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A11 A8 B5 |
2 |
10 |
12 |
Lecturas |
A6 A7 A10 B1 B5 C8 |
0 |
8 |
8 |
Proba de resposta múltiple |
A7 A11 B1 B7 |
3 |
75 |
78 |
Solución de problemas |
A11 B2 B3 B5 B7 B8 B9 |
6 |
0 |
6 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A12 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
1 |
17 |
18 |
Sesión maxistral |
A3 A7 A11 B1 B4 B10 C4 C5 C6 C7 C8 |
17 |
0 |
17 |
|
Atención personalizada |
|
11 |
0 |
11 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Lecturas |
Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. |
Proba de resposta múltiple |
Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida |
Solución de problemas |
Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
|
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Nos horarios de tutoría o alumno a título individual poderá plantexar todas aquelas dúbidas que lle xurdan sobre o feito e explicado na aula e tamén con respeito os traballos tutelados. Sen citar á persoa que realizou a consulta en horario de tutoría, esta pode ser publicada en Moodle, xunto coa súa resposta, coa finalidade de que outros alumnos poidan sacar proveito da mesma. Todo iso se o profesor considera oportuna e de interese xeral a consulta exposta.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de resposta múltiple |
A7 A11 B1 B7 |
Preguntas tipo test, con penalización para as respostas incorrectas |
75 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A12 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Realización e presentación dun traballo sobre unha temática relacionada ou ben co goberno da actividade económica ou ben cos incentivos e dende un enfoque microeconómico. O traballo realizarase en equipos de 4 ou 5 estudantes. |
25 |
|
Observacións avaliación |
AVALIACIÓN GRADO ADE. A avaliación será totalmente continua en base a probas de resposta múltiple (75%) e a realización dun traballo tutelado (25%). Na primeira oportunidade haberá ata un máximo de 3 probas de resposta múlitple nas cales a ponderación será do 15% (primeira), 25% (segunda), e 60% (terceira) se hai tres e do 35% e 65% se hai dúas. As probas non supoñen eliminación de contidos, é decir, tanto se hai dúas como tres, os contidos da primeira proba forman parte da segunda e os contidos da primeira e a segunda forman parte da terceira. Para aprobar a materia será necesario acadar un mínimo de 5 puntos no cómputo final da avaliación (proba de resposta mútiple + traballo tutelado) pero ademáis é necesario acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. As datas das probas definiranse en función do estado de avance das clases é comunicaranse cunha antelación mínima de unha semana. As datas de entrega do traballo tutelado serán na segunda semana de decembro. ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DESPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA. A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios que os alumnos con dedicación a tempo completo. O principio do curso estes alumnos dirixiránse o profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa dispoñibilidade para deste xeito posibilitar a realización da súa avaliación. CONVOCATORIA ADIANTADA E SEGUNDA OPORTUNIDADE. Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada de novembro, a avaliación so se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10. No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo haberá unha única proba de resposta múltiple (na data establecida como oficial para a segunda oportunidade) cunha ponderación do 75%; ademáis tamén formará parte da nota final a nota acadada no traballo tutelado (incluso aqueles alumnos que non fixeran este traballo terán a posibilidade de realizalo debendo entregalo antes da data da proba oficial). Para aprobar a materia será necesario acadar un mínimo de 5 puntos no cómputo final da avaliación (proba de resposta mútiple + traballo tutelado) pero ademáis é necesario acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. AVALIACIÓN DOBRE GRADO (ADE+DEREITO). A avaliación será totalmente continua en base a resolución de casos prácticos, probas de resposta múltiple, exposición de traballos, etc. O profesorado explicará os detalles da avaliación continua ó comenzo do curso. ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DESPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA. A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios que os alumnos con dedicación a tempo completo. O principio do curso estes alumnos dirixiránse o profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa dispoñibilidade para deste xeito posibilitar a realización da súa avaliación. CONVOCATORIA ADIANTADA E SEGUNDA OPORTUNIDADE. Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada de novembro, a avaliación so se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10. No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo, o profesorado lle plantexará a oportunidade de recuperar aquelas actividades que non acadaran o aprobado ou non as entregaran/fixeran. Para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Duma, S. y Schreuder, H. (1991). Economic approaches to organizations. Prentice Hall
Milgrom, P. y Roberts, J. (1992). Economics, Organizations and Management. Prentice Hall
Williamson, O.E. (1985). The Economic Institutions of Capitalism, New York:Free Press.. Macmillan |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Dranove, M. Shanley y S. Schaefer (2003), Economics of Strategy. Third Edition. John Wiley & Sons, Inc. Brickley, J.A., Smith, C.W., Zimmerman, J.L. (2005), Economía Empresarial y Arquitectura de la organización. Ed. McGraw Hill Salas (1996), Economía de la empresa. Decisiones y organización. Ariel Economía. 2ª Edición. Williamson, O.E. (1975), Markets and Hierarchies: Analysis and Antitrust implications. Free Press, New York, NY. Traducido como Williamson, O.E. (1991): Mercados y Jerarquías: Su Análisis y sus Implicaciones Antitrust, México: Fondo de Cultura Económica |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Principios de Microeconomía/611G02001 | Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G02008 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Algunhas recomendacións de cara ao maior aproveitamento da asignatura: 1. Procurar levar a asignatura o máis o día posible. Trátase dunha asignatura que involucra moitos conceptos e elementos teóricos novidosos cuxa comprensión exixe un traballo ordenado e diario. 2. Realizar as lecturas de artigos e textos que se recomendan posto que son necesarios para a boa comprensión e preparación dos temas. 3. Preguntar e cuestionar todo aquelo cuxa comprensión non quede suficientemente clara. 4. Participar activamente nas discusións e preguntas que se plantexen na clase por parte do profesor.
Outras recomendacións:
5. Honestidade académica. Espérase que os estudantes teñan unha conducta responsable e honesta tanto durante o desenrolo das clases coma nas probas de avaliación. Calquer forma de
deshonestidade académica (copiado, comunicacións no permitidas
durante exámenes ou exercicios evaluables, etc.) será penalizada coa máxima severidade
posible. 6. Durante as clases, os móbiles permanecerán en "modo avion". Se alguén utiliza o móbil durante a clase poderá ser expulsado. 7. O día da proba de resposta mútiple está prohibido o acceso a proba calqueira dispositivo tecnolóxico que facilite a comunicación con exterior e o almancenamento de datos. O non cumplimento desta norma, suporá a expulsión do exame e a calificación de cero. |
|