Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A1 |
Coñecer o conxunto normativo aplicable, lexislativo e xurisprudencial, e a doutrina aplicables ao mundo da empresa |
A2 |
Identificar, saber interpretar e facer fronte ás diferentes problemáticas xurídico-económicas que afecten á empresa |
A5 |
Elaborar, comunicar e defender con soltura textos xurídicos, como dictames e informes, memorias ou traballos de investigación |
B1 |
Capacidade para planificar e levar a cabo tarefas xurídicas complexas de modo autónomo |
B2 |
Capacidade para coordinar e desenvolver tarefas de asesoramento técnico (xurídico/xurídico empresarial) no seo dun grupo de traballo |
B3 |
Capacidade para estructurar ordenadamente os feitos e as disposicións xurídicas relevantes dun caso |
B4 |
Capacidade para identificar cuestións xurídicas relevantes partindo dun conxunto complexo de feitos non estructurado xurídicamente |
B5 |
Capacidade para identificar e aplicar todas as fontes xurídicas relevantes nunha cuestión concreta |
B6 |
Habilidade/Capacidade para a toma de decisións |
B7 |
Capacidade para encontrar solucións novas ou imaxinativas no plantexamento dun problema |
B8 |
Capacidade para analizar os problemas xurídicos dende unha pluralidade de enfoques e elexir o máis idóneo no caso concreto. |
B9 |
Capacidade para expoñer o coñecemento cun dominio axeitado das habilidades orais e escritas propias do asesoramento xurídico(-empresarial) |
B12 |
Capacidade para ler e interpretar traballos complexos relacionados co ámbito xurídico |
B13 |
Capacidade para sintetizar os argumentos xurídicos de forma precisa |
B14 |
Capacidade para traballar en equipos interdisciplinares como experto en dereito e contribuir efectivamente ás súas tarefas |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
A materia de Ilícitos empresariais pretende constituir unha visión das distintas categorías de ilícitos que se poden verificar no marco da empresa. Analízanse fundamentalmente as infracións penais, e tamén os ilícitos de carácter administrativo e laboral. Como elemento de peche, examínase a responsabilidade civil do empresario derivada da comisión de feitos ilícitos.
Deste xeito, preténdese ofrecer unha visión da responsabilidade da empresa e o empresario, aínda que focalizada na comisión de actos ilícitos nos ámbitos da ordenación do territorio e o urbanismo, o medio ambiente e o sector inmobiliario, examinando, por un lado, as cuestións máis problemáticas en relación coa esixencia desta responsabilidade e, por outro lado, aqueles ilícitos de especial relevancia en cada momento, sexa pola súa frecuente verificación, sexa por verse afectados por reformas lexislativas: sirvan como exemplo as modificacións que nos últimos tempos veu experimentando o Dereito do traballo, o procedemento administrativo sancionador, e determinadas cuestións de Dereito penal da empresa como por exemplo a introdución da responsabilidade penal das persoas xurídicas.
|
AJ1 AJ2 AJ5
|
BJ1 BJ2 BJ3 BJ4 BJ5 BJ6 BJ7 BJ8 BJ9 BJ12 BJ13 BJ14
|
CJ4 CJ6 CJ7
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
1. Dereito administrativo sancionador. Especial referencia aos ámbitos urbanístico e ambiental.
2. Cuestións xurídico-laborais relevantes en materia de medio ambiente, urbanismo e vivenda.
3. Dereito penal da empresa. Especial referencia á tutela penal do medio ambiente e a ordenación do territorio e o urbanismo.
4. A responsabilidade civil do empresario. Especial referencia aos ámbitos medioambiental e urbanístico.
|
1.1. Parte xeral: examen da potestade sancionadora das Administracións públicas.
1.2. Parte especial: legalidade urbanística e Dereito sancionador na lexislación do solo de Galicia (LSG).
1.3. Singularidades da potestade sancionadora ambiental.
2.1. As contratas e subcontratas de obras e servicios no sector vivenda.
2.2. A Lei de subcontratación na construcción.
2.3. Especial referencia aos protocolos de prevención de riscos laborais en materia de construcción e medio ambiente.
3.1. A responsabilidade penal das persoas xurídicas: a súa aplicación no ámbito dos delitos urbanísticos e contra o medio ambiente.
3.2. A protección do medio ambiente a través do Dereito penal: panorámica xeral.
3.3. Principios básicos dos delitos contra a ordenación do territorio e o urbanismo.
4.1. Natureza e elementos da responsabilidade civil do empresario derivada de feitos ilícitos. Especial referencia aos ámbitos medioambiental e urbanístico.
4.2. Análise específica da responsabilidade do productor agrícola e da responsabilidade en materia de transxénicos.
|
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Guest lecture / keynote speech |
A1 A2 B4 |
16 |
0 |
16 |
Case study |
B5 B7 B8 B12 |
4 |
0 |
4 |
Practical test: |
A5 B1 B2 B3 B6 B9 B13 B14 C4 C6 C7 |
6 |
120 |
126 |
|
Personalized attention |
|
4 |
0 |
4 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Guest lecture / keynote speech |
As sesións presenciais constarán, en combinación co estudo de casos, dunha exposición por parte do profesorado en formato tipo sesión maxistral. |
Case study |
As sesións presenciais no serán unicamente unha clase maxistral, senón que se exporán e analizarán casos para o seu debate co alumnado. |
Practical test: |
A actividade final de módulo consistirá nunha proba práctica que terá que ser exposta oralmente na última sesión do Módulo, entregando simultáneamente un esquema ou resumo da exposición. O enunciado de tal actividade xunto coas preguntas guía e instrucións serán facilitados o primeiro día do Módulo. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Practical test: |
|
Description |
Para as posibles dúbidas na elaboración da Actividade final de módulo, establecerase a posibilidade de consultas e atención personalizada coa coordinadora do Módulo. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Guest lecture / keynote speech |
A1 A2 B4 |
Para a avaliación terase en conta tanto a exposición como o esquema ou resumo do traballo. Así mesmo, para esta avaliación final compútase nun 20% a asistencia ás sesións do Módulo. |
20 |
Practical test: |
A5 B1 B2 B3 B6 B9 B13 B14 C4 C6 C7 |
A proba práctica consistirá na exposición oral da resolución dun/s caso/s que se facilitarán o primeiro día do Módulo. Teranse que resolver e argumentar xurídicamente as cuestións específicas que se formulan en relación con o/s caso/s práctico/s, con base en previa búsqueda xurisprudencial e na selección de bibliografía recomendada. O traballo será realizado en grupos, e na exposición oral intervirán todos os membros do grupo (tendo en conta as especificidades do alumnado matriculado a tempo parcial con dispensa académica de asistencia). Así mesmo, o día da exposición entregarase un breve esquema ou resumo do traballo realizado.
|
80 |
|
Assessment comments |
|
Sources of information |
Basic
|
|
AAVV, Memento experto sobre responsabilidad penal y procesal de las personas jurídicas, Francis Lefebvre, Madrid 2015. MARTÍNEZ-BUJÁN PÉREZ, C., Derecho penal económico y de la empresa. Parte especial, Tirant lo Blanch, Valencia 2019. NIETO, A., Derecho administrativo sancionador, Tecnos, Madrid 2012. |
Complementary
|
|
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
|