Datos Identificativos | 2020/21 | ||||||||||||||
Asignatura (*) | Metodoloxía | Código | 612943308 | ||||||||||||
Titulación |
|
||||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | ||||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | |||||||||||
Idioma |
|
||||||||||||||
Modalidade docente | Presencial | ||||||||||||||
Prerrequisitos | |||||||||||||||
Departamento | Dereito Privado Dereito Público Letras |
||||||||||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
||||||||||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
||||||||||||
Web | http://www.dereito.udc.es/gl/maxe | ||||||||||||||
Descrición xeral |
O principal obxetivo deste curso é conseguir que o alumno e/ou a alumna adquira unha terminoloxía básica e competencia comunicativa falada e escrita con un nivel óptimo de coñecementos para poder utilizar as diversas equivalencias de Español-Inglés, Español-Francés, Español-Portugués en termos técnicos e tecnolóxicos relacionados co mundo xurídico, a Economía e a Ciencia, coa utilización de linguaxe científico-técnica, así como a redacción de correspondencia profesional, curriculun, cartas de presentación ... Inclúense técnicas metodolóxicas de planificación da escritura, condensación da información, ordenación lóxica da mesma, técnicas para a utilización de correspondencia comercial e manexo de documentos. Linguaxe científico-técnica, xeral e específica, que lle serán útiles o alumno e/ou a alumna no seu entorno académico e no seu futuro profesional. [FRANCÉS] A materia está dirixida a estudantes que por motivos académicos ou profisionais deben traballar habitualmente con documentación xurídica redixida en francés. Para cursar con aproveitamento a materia é preciso posuír un nivel B2 en lingua francesa. Durante as aulas, de carácter exclusivamente práctico e impartidas en francés, ofreceranse diversas ferramentas e recursos para mellorar e profundizar as principais destrezas lingüísticas e estratexias comunicativas propias do ámbito xurídico-económico, privilexiando a busca de información e a comprensión lectora. |
||||||||||||||
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral. - Traballos tutelados. - Proba mixta. *Metodoloxías docentes que se modifican - Non se realizarán cambios. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: segundo necesidade. Empregarase para facer consultas, solicitar titorías virtuais, resolver dúbidas e demáis cuestións relativas á materia. - Moodle: segundo necesidade. Tanto en situación de presencialidade como de non presencialidade, esta ferramenta utilizarase para comunicarnos co alumnado e facilitarlles o material e os traballos da materia. Ademáis, habilitaranse os foros pertinentes para recoller as dúbidas. -Teams: empregarase segundo a solicitude do alumnado. Esta ferramenta será utilizada para realizar as titorías de forma virtual. 4. Modificacións na avaliación - Non se realizarán cambios. Traballos tutelados: representan o 60% da avaliación. Os traballos tutelados que se encomenden os alumnos terán un seguimento e atención personalizada e tratarán sobre a materia contida no programa da asignatura. Sesión maxistral: representa o 40% da avaliación. As sesións explicativas con manexo de documentos reais complementaranse cos trabajos relacionados que se encomenden os alumnos tanto de carácter individual como en grupo valorándose separadamente. *Observacións de avaliación: Mantense o peso na cualificación das distintas metodoloxías sinalada na guía docente. Ao tratarse dun módulo composto por varias materias impartidas por diferentes profesores, a avaliación deberá ser consensuada co profesorado, quen indicará a forma telemática (Moodle, Forms, Teams ou correo electrónico), as tarefas a realizar (traballos, proba oral, escrita ou cuestionario) e as condicións para superala materia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios na bibliografía recollida na guía docente. O alumnado terá dispoñible en Moodle o material empregado en clase, que é o necesario para o estudo da materia. |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías |