Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecemento das principais institucións xurídicas. |
A2 |
Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais. |
A3 |
Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico. |
A4 |
Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos. |
A5 |
Coñecemento dos principios e valores constitucionais. |
A6 |
Comprensión das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual. |
A7 |
Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional. |
A8 |
Coñecementos básicos de argumentación xurídica. |
A9 |
Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais). |
A10 |
Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico. |
A11 |
Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos. |
A12 |
Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público). |
A13 |
Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito. |
A14 |
Capacidade de elaboración de normas. |
A15 |
Capacidade de negociación e mediación. |
B1 |
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
Aprender a aprender. |
B7 |
Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B8 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora. |
B9 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida. |
B10 |
Traballar de forma colaborativa. |
B11 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B12 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro. |
B13 |
Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
- Manexo das fontes do Dereito administrativo.
|
A3 A9
|
B1
|
|
- Acceso ás normas administrativas básicas con facilidade e soltura
|
A6 A7 A9 A13
|
B4 B5
|
C3
|
- Comprensión e resolución de casos prácticos e problemas xurídicos
|
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A10 A11
|
B7 B8 B10 B12
|
C1 C6 C8
|
- Redacción de documentos administrativos
|
A11 A14
|
|
C1
|
- Coñecemento da doutrina xurídico administrativa
|
A9
|
|
|
- Coñecemento das principais institucións xurídico-administrativas
|
A1
|
|
|
- Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico
|
A3
|
|
|
- Traballar de forma autónoma e tamén colaborativa |
|
B6 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B2 B3
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
- Lectura crítica
|
|
B8
|
|
- Desenvolver un razoamento lóxico, crítico e creativo
|
|
B6 B8
|
C4 C5 C6 C8
|
- Argumentación xurídica e exposición oral
|
A8 A10 A12
|
B7 B8
|
C1 C2
|
- Mellora da redacción xurídica
|
|
|
C1
|
- Capacidade de negociación e traballo en grupo
|
A15
|
B10
|
|
- Manexo das bases e recursos informáticos útiles en materia xurídica |
|
B13
|
C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
I. Formas de actuación administrativa e incidencia nos dereitos subxectivos dos cidadáns
|
1. A policía administrativa: Evolución histórica e delimitación conceptual. Medios e técnicas da actividade administrativa de limitación.
2. A actividade subvencional ou de fomento: Evolución histórica e delimitación conceptual. Técnicas de fomento, en especial, a subvención administrativa.
3. A actividade prestacional ou de servizo público: Evolución histórica e delimitación conceptual. Notas definidoras. Bases do seu réxime xurídico: Creación e establecimiento. Potestades da Administración. A posición xurídica del usuario. Modos de xestión.
4. A Expropiación forzosa: Evolución histórica. Concepto e natureza. Elementos subxectivos e obxectivos. O contido da expropiación. O xustiprecio. O procedemento expropiatorio. A reversión. Ocupacións temporais. |
II. Rexime dos bens públicos ao servizo da actuación administrativa |
1. O dominio público. Evolución histórico-xurídica. Natureza xurídica. Titularidade e competencias. Réxime xurídico sustantivo. Afectación e desafectación. Mutacións demaniaies. Potestades administrativas sobre o dominio público. Utilización dos bens de dominio público.
2. Bens patrimoniais da Administración. Réxime xurídico.
|
III. Control da actividade administrativa |
1. Revisión da legalidade en vía administrativa: recursos administrativos.
2. A Xurisdición Contencioso-administrativa: Ámbito. O proceso contencioso-administrativo: os suxeitos. O obxecto. O procedemento. O réxime de recursos. Procesos especiais.
|
Na impartición da simultaneidade Dereito-Ade, o programa será o seguinte:
|
Programa 1º cuadrimestre, simultaneidade Dereito-Ade, profesor Carlos Amoedo |
I. Actuación administrativa e garantía xurídica |
1. Revisión da legalidade en vía administrativa: recursos administrativos.
2. A Xurisdición Contencioso-administrativa: Ámbito. O proceso contencioso-administrativo: os suxeitos. O obxecto. O procedemento. O réxime de recursos. Procesos especiais.
|
II. Formas de actuación administrativa e incidencia nos dereitos subxectivos dos cidadáns |
1. A policía administrativa: Evolución histórica e delimitación conceptual. Medios e técnicas da actividade administrativa de limitación. A incidencia da Directiva 2006/123/CE , do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior, nas técnicas de intervención administrativa.
2. A actividade subvencional ou de fomento: Evolución histórica e delimitación conceptual. Técnicas de fomento, en especial, a subvención administrativa.
3. A actividade prestacional ou de servizo público: Evolución histórica e delimitación conceptual. Notas definidoras. Bases do seu réxime xurídico: Creación e establecimiento. Potestades da Administración. A posición xurídica del usuario. Modos de xestión.
4. A Expropiación forzosa: Evolución histórica. Concepto e natureza. Elementos subxectivos e obxectivos. O contido da expropiación. O xustiprecio. O procedemento expropiatorio. A reversión. Ocupacións temporais. Rexímenes especiais. Requisas.
|
III. Rexime dos bens públicos ao servizo da actuación administrativa |
1. O dominio público. Evolución histórico-xurídica. Natureza xurídica. Titularidade e competencias. Réxime xurídico sustantivo. Afectación e desafectación. Mutacións demaniaies. Potestades administrativas sobre o dominio público. Utilización dos bens de dominio público.
2. Bens patrimoniais da Administración. Réxime xurídico.
3. Reximes demaniais específicos:
3.1. O dominio público marítimo-terrestre.
3.2. O dominio público hidraúlico.
3.3. O dominio público viario
3.4. O dominio público arqueolóxico
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A5 A6 A7 A9 A10 A11 A14 B6 B7 B8 B11 C1 C2 C3 C4 C8 |
20 |
59 |
79 |
Seminario |
A8 A12 A13 B9 B10 B13 B1 B4 B5 C6 |
7 |
3 |
10 |
Prácticas clínicas |
A3 A4 A13 A15 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 |
8 |
30 |
38 |
Proba obxectiva |
A1 A7 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
20 |
0 |
20 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Explición polo profesor/a dos aspectos máis relevantes da materia, que serán posteriormente resumidos para o seu estudo mediante materiais que se colgan no moodle. |
Seminario |
Aproveitaranse as sesións complementarias das semanas con maior docencia para desenvolver seminarios sobre materias específicas da asignatura.
|
Prácticas clínicas |
Consistirá no plantexamento e resolución de consultas prácticas nos grupos reducidos interactivos. |
Proba obxectiva |
Realización dunha proba obxectiva sobre os contidos da asignatura. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Prácticas clínicas |
|
Descrición |
Bloc de Notas (OFFICE 365): os contidos e información do Bloc de Notas será actualizados de modo contínuo en atención ao desenvolvemento dos materiais adaptados á non presencialidade, e as necesidades e aos tempos que, a criterio do profesor, precisan os alumnos para ir xestionando toda a información e o proceso de aprendizaxe.
Chat (TEAMS): pode ser utilizado polo alumno en cada momento. O tempo de resposta será dun máximo de 24 horas.
Reunión a través de TEAMS en gurpo ou de xeito individual: esta é unha posibilidade que se ofrece á alumna/o (ou grupo) que precise dunha atención directa a través dunha titoría con audio e video. A temporalización vai depender da demanda das alumnos/os en atención ás súas necesidades.
Correo electrónico: os/as estudantes teñen á súa disposición os correos electrónicos do profesorado para facer consultas, solicitar aclaracións, requirir materiais docentes, etc. É un recurso a disposición das persoas que teñen dificultades cos anteriores recursos. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A8 A12 A13 B9 B10 B13 B1 B4 B5 C6 |
A participación nos seminarios presenciais ou telemáticos será voluntaria. O alumno elaborará traballos a proposta do profesor/a. O traballo realizado nestes seminarios contribuirá cun 10% á avaliación continua da asignatura. De non facerse seminarios durante o cuadrimestre, esta porcentaxe da nota acrecerá á restante parte da asignatura en avaluación continua (prácticas). |
10 |
Prácticas clínicas |
A3 A4 A13 A15 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 |
As actividades específicas ou practicas desenvolvidas ao longo do cuadrimestre nos grupos reducidos terán un valor máximo do 50% da cualificación final.
Os profesores dos correspondentes grupos poderán outorgarlles caracter liberatorio a algunha destas actividades específicas ou prácticas.
No grupo da simultaneidade Dereito-Ade, as actividades prácticas serán realizadas de xeito individual síncrono por medios telemáticos, combinando moodle (para a entrega da práctica) e Teams (para a interacción co profesor da asignatura). A súa realización e avaliacíon continua terá carácter liberatorio. |
50 |
Proba obxectiva |
A1 A7 |
A proba obxectiva (exame) será realizada na data que determine o calendario oficial de exames
O número de preguntas a resolver e o número de respostas que deben ser correctas para aprobar serán concretados polo profesorado da materia. |
40 |
|
Observacións avaliación |
Na segunda oportunidade conservarase con carácter xeral a cualificación da avaliación continua obtida na primeira oportunidade, salvo que o estudante opte por mellorar a súa cualificación mediante a realización das actividades prácticas. Os alumnos que non sigan o sistema de avaliación continua, é dicir, que
non leven a cabo as actividades da práctica clínica, poderán realizar o exame final
completo, que terá un valor de 10 puntos. Os alumnos que se atopen nesta
situación deberán comunicalo expresamente ao profesor polo chat de TEAMS ou por
correo electrónico. O profesorado responsable de cada grupo poderá establecer adaptacións específicas -consistentes en potenciar metodoloxías docentes non presenciais- no caso do estudantado que tivera concedida unha dispensa de asistencia a clase.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
SÁNCHEZ MORÓN, Miguel (2019). Derecho administrativo, Tecnos. Madrid
GAMERO CASADO, E. y FERNÁNDEZ RAMOS, S. (2019). Manual básico de Derecho Administrativo, Tecnos. Madrid
GARCÍA URETA, Agustín (2019). Temas de Derecho Administrativo, I, II. Madrid |
|
Bibliografía complementaria
|
GARCÍA ENTERRÍA, E. y FERNÁNDEZ-RODRIGUEZ, T. R. (Última edición). Curso de Derecho Administrativo, 2 vols. Civitas. Madrid |
SE RECOMENDA O USO DOS SEGUINTES RECURSOS: I. LEXISLACIÓN. 1. Fontes oficiais. A. Unión Europea: • Diario Oficial de la Unión Europea (antes DOCE), pódese consultar a texto completo, así como case toda a normativa comunitaria vixente, en castelán, na páxina: http://www.europa.eu.int/eur-lex/es • Para todo tipo de información sobre a Unión Europea e as súas institucións resulta fundamental a páxina: http://www.europa.eu.int/ B. Estado español: • Gaceta de Madrid y Boletín Oficial del Estado (este último nomedende o 25 de xullo de 1936). A consulta das normas máis recentes está dispoñible en internet: http://www.boe.es • Para o seguimento da tramitación parlamentaria dos proxectos de lei estatais pódense consulta-las direccións de internet do Congreso dos Deputados e do Senado: http://www.congreso.es y http://www.senado.es • Para contactar e consultar información (tamén lexislativa) das institucións e órganos do Estado existen varios portais públicos entre os que cabe destacar: http://www.map.es/ (páxina principal do Ministerio de Administracións Públicas) http://www.administracion.es/ “Portal del ciudadano”, do Ministerio de Administracións Públicas) http://www.igsap.map.es/ Centro de Información Administrativa do Ministerio de Administracións Públicas C. Comunidades Autónomas: • Diarios Oficiales das distintas Comunidades Autónomas. A súa maior parte están dispoñibles en internet. Para a busca de textos normativos nos diferentes boletíns oficiais resulta moi útil a páxina (privada) de internet: http://www.todalaley.com/ 2. Recopilacións privadas. • Repertorio cronológico de Legislación Aranzadi: dispoñible “on line”, previo pago ou a través da Aula Aranzadi: http://www.westlaw.es • Bases de datos de legislación vigente de La Ley: dispoñible “on line”, previa suscrición, na páxina de internet: http://www.laley.net/ • Así mesmo, existen outras editoriais xurídicas que ofrecen a información normativa –moitas veces gratuíta- a través de internet, como por exemplo: http://www.elderecho.com/ http://www.juridicas.com/ http://noticias.juridicas.com/ http://v2.vlex.com/es/ • Para a consulta de diversos aspectos constitucionais, legais, institucionais do Dereito Público español é sumamente interesante a gran base de datos mantida dende hai uns anos pola Área de Dereito Constitucional da Universidade de Oviedo, que se pode localizar en: http://constitucion.rediris.es/Princip.html
II. XURISPRUDENCIA. A colección máis coñecida é a de Thomson-Aranzadi. A súa base específica sobre “Jurisprudencia Contencioso-administrativa” contén unha selección de máis de 74.000 resolucións dictadas polos tribunais sobre esta materia: Tribunal Constitucional, Tribunal Supremo, Audiencia Nacional, Tribunais Superiores de Xustiza, Xulgado Central do Contencioso Administrativo e Xulgados do Contencioso Administrativo. Está dispoñible “on line” ou a través da Aula Aranzadi: http://www.westlaw.es. Así mesmo, a editorial xurídica La Ley ofrece en soporte informático a xurisprudencia dos Tribunais españois previa suscrición; cfr. http://www.laley.net/ Non obstante, nos últimos tempos o Poder Xudicial español ven realizando un gran esforzo para informatizar os tribunais e a súa producción xurisprudencial. Gracias a este esforzo, é posible dispoñer en internet das últimas sentencias do Tribunal Supremo na páxina: http://www.poderjudicial.es/tribunalsupremo/ Dende hai tempo, é posible consulta-los últimos autos e sentencias do Tribunal Constitucional (dende 1980) así como dun buscador temático de todas as emitidas polo Alto Tribunal na páxina: http://www.tribunalconstitucional.es/ En canto á xurisprudencia comunitaria europea, en especial do Tribunal de Justicia de las Comunidades Europeas, sito en Luxemburgo, a maior parte da información obtense en: http://curia.eu.int/es/content/juris/index.htm Por último, tamén están dispoñibles en internet as últimas resolucións do Tribunal Europeo de Derechos Humanos, sito en Estrasburgo, na dirección: http://www.echr.coe.int/ III. PORTAIS E BASES DE DATOS (dispoñibles a través da páxina web da Biblioteca da UDC, pero só coos ordenadores conectados á rede universitaria) • IUSTEL: promovido por varios Profesores de Dereito das Universidades españolas. A parte de Dereito Administrativo está dirixida polo Prof. MUÑOZ MACHADO. A súa páxina web é: http://www.iustel.com • TIRANT ON LINE: promovida po dita editorial xurídica valenciana; consultable en: http://www.tirantonline.com/ • ADMIWEB: para a búsqueda de calquera referencia sobre as Administracións Públicas españolas é bastante útil e está ben estructurada: cfr. http://www.admiweb.org/ |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Institucións e ordenamento xurídico-administrativo/612G01015 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Dereito de obrigas e danos/612G01016 | Dereito Sancionador/612G01020 | Dereito da Contratación/612G01024 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|