Observacións xerais de avaliación
1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.
1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.
1.3. Todas as actividades deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística. As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.
2. Avaliación da segunda oportunidade (xullo)
Na segunda oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial. Así, para superar a materia, terá que realizar unha "Proba mixta" para avaliar as lecturas (50%) e presentar o "Traballo tutelado" (50%).
3. Avaliación da oportunidade adiantada de decembro
Nesta oportunidade adiantada cada alumn@ será avaliad@ mediante unha "Proba mixta", que suporá o 50% da cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía, e un "Traballo tutelado" puntuábel nun 50% que deberá ser presentado no mesmo día do exame na data ofical marcada pola Facultade de Filoloxía.
4. Cualificación de non presentad@
Considerarase como NON PRESENTAD@ @ alumn@ que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita.
5. O alumnado a tempo parcial e con dispensa académica
O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso académico para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avalicación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes). Así mesmo, aquel alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar á profesora responsábel.
6. Outras precisións
Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística.
Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesm@ alumn@. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (Artigo 14.4).