Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A7 |
Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...). |
A10 |
Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador. |
B1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo. |
B6 |
Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos. |
B7 |
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. |
B8 |
Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora. |
B10 |
Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster. |
C4 |
Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Que o alumnado sexa quen de aplicar os contidos téoricos da materia (postos en relación cos das outras materias do mestrado) para desenvolver un pequeno traballo tutelado rigoroso en que demostre capacidade para a aprendizaxe autónoma e para a procura e xestión da información. |
AR10
|
BR1 BR3 BR5 BR6
|
CC7
|
Após a lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo docente, ser capaz de emitir no obradoiro e nas discusións dirixidas comentarios valorativos madurecidos e fundamentados nas últimas investigacións do campo, respetando as opinións diferentes e estabelecendo con elas un diálogo produtivo. |
|
BR1 BR2 BR3 BR8 BR10
|
CC4 CC6
|
O estudantado deberá realizar con solvencia, calidade de lingua e rigor expositivo a presentación oral do traballo tutelado diante dos seus compañeiros e das súas compañeiras e deberá igualmente emitir un xuízo sobre a das outras persoas do curso en que se ponderen as estratexias expositivas empregadas. |
|
BR1 BR4
|
CC4 CC5
|
O alumnado deberá ser quen de traballar en grupo -presencial ou asincronamente- na procura e xestión de información especializada, no comentario de bibliografía específica, na análise de textos orais e na definición de estratexias comunicativas acaídas a un contexto concreto. |
AR7
|
BR4 BR5 BR7 BR8
|
CC4 CC8
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
1. A comunicación e os seus tipos |
1.1. Comunicación e linguaxe: a comunicación humana
1.2. Comunicación oral e escrita
1.3. Comunicación oral primaria e secundaria |
2. A comunicación face a face |
2.1. Comunicación verbal e non verbal
2.2. Caracterización xeral dos textos orais
2.3. A oralidade informal. Análise da conversación |
3. A comunicación oral en contextos formais |
3.1. Aspectos pragmáticos: texto e contexto
3.2. Tipoloxía de textos orais formais
3.3. O uso da lingua na oralidade formal. Lingua e xénero |
4. As intervencións e presentacións orais públicas |
4.1. Preparación e técnicas de execución
4.2. Adecuación ao contexto comunicativo
4.3. O papel dos recursos tecnolóxicos |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Guest lecture / keynote speech |
B7 |
6 |
0 |
6 |
Supervised projects |
A7 A10 B1 B2 C6 |
1 |
14 |
15 |
Workbook |
B5 B6 B7 B10 C7 |
3 |
12 |
15 |
Workshop |
B1 B2 B8 C5 |
2 |
12 |
14 |
Oral presentation |
B8 B10 C4 |
1 |
6 |
7 |
Directed discussion |
B3 B4 C4 C6 C7 C8 |
2 |
12 |
14 |
|
Personalized attention |
|
4 |
0 |
4 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Guest lecture / keynote speech |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Supervised projects |
Cada estudante deberá elaborar un traballo dirixido polo profesor e elixido entre un abano temático presentado no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. |
Workbook |
Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor. |
Workshop |
Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. |
Oral presentation |
Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado". |
Directed discussion |
O alumnado discute de forma libre, informal e espontánea sobre un tema relacionado coa materia, ora presencialmente ora de maneira asíncrona (a través da plataforma de traballo colaborativo da UDC). Entre os temas de discusión incluiranse diversos aspectos das lecturas obrigatorias, segundo a distribución feita polo profesor. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Supervised projects |
|
Description |
Alén do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.
Poderánse adoptar as adaptaciones oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Directed discussion |
B3 B4 C4 C6 C7 C8 |
Valorarase nomeadamente a participación activa nas discusións e a calidade das intervencións, tamén no relativo ás lecturas obrigatorias. |
20 |
Workshop |
B1 B2 B8 C5 |
Realización de actividades prácticas grupais derivadas das sesións maxistrais (análise de textos orais, estudo de fontes documentais etc.). |
30 |
Workbook |
B5 B6 B7 B10 C7 |
Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor.
Esta metodoloxía será avaliada no obradoiro e nas discusións dirixidas. |
10 |
Supervised projects |
A7 A10 B1 B2 C6 |
Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. |
20 |
Oral presentation |
B8 B10 C4 |
Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. |
20 |
|
Assessment comments |
Para superar a materia, será condición indispensábel ter realizado e presentado o traballo tutelado e obter unha cualificación mínima de 4 valores sobre 10 no obradoiro. Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle. Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non presentar o traballo tutelado e/ou non participar na realización do obradoiro. Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo) será aplicado o mesmo sistema de avaliación fixado para a primeira oportunidade. O prazo para a entrega de traballos será anunciado polo profesor con antecedencia suficiente. O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica terá o seguinte sistema de avaliación: lecturas (30%), obradoiro (30%) e traballo tutelado (40%). Realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co profesor. Na convocatoria adiantada de decembro será aplicado o mesmo sistema de avaliación estabelecido para o estudantado a tempo parcial e con dispensa académica.
|
Sources of information |
Basic
|
Koch, Ingedore G. Villaça (1992). A inter-ação pela linguagem . São Paulo: Contexto
Kerbrat-Orecchioni, Catherine (2006). Análise da conversação. Princípios e métodos. São Paulo: Parábola
Merayo, Arturo (2012). Curso práctico de técnicas de comunicación oral. Madrid: Tecnos
Hernández Guerrero, José Antonio & García Tejera, María del Carmen (2004). El arte de hablar. Manuel de Retórica Práctica y de Oratoria Moderna. Barcelona: Ariel
Morales, Carlos Javier (2007). Guía para hablar en público . Madrid: Alianza
Câmara, J. Matosso (1986). Manual de Expressão Oral & Escrita. Petrópolis: Vozes
Regueira Fernández, Xosé Luís (2012). Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI. A Coruña: Real Academia Galega
Ong, Walter (2002). Orality and literacy. New York: Routledge
Studer, Jürg (2000). Oratoria. El arte de hablar, disertar, convencer. Madrid: El Drac
Fernández Rei, Elisa & Regueira, Xosé Luís (eds.) (2008). Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega |
|
Complementary
|
Ballenato Prieto, Guillermo (2013). Comunicación eficaz. Teoría y práctica de la comunicación humana. Madrid: Pirámide
Verderker, Rudolph F. (2000). Comunicación oral efectiva. México: International Thompson
Collard, Gilbert (2012). El arte de hablar en público. Bilbao: Mensajero
Regueira Fernández, X. L. (2013). Estándar oral e modelos de lingua. A letra miúda 2 (http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/index.php?art=art2_n2.html)
Gimeno Terraza, I et ali (2000). Expresión oral. Hablar bien en público. Barcelona: Larousse
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2006). Gramática da lingua galega IV. Gramática do texto. Vigo: A Nosa Terra
López Viñas, Xoán et al. (2010). Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baía
Davis, Flora (2011). La comunicación no verbal. Madrid: Alianza
Freixeiro, Xosé Ramón & Ríos, Marisol & Filloy, Lucía (eds.) (2008). Lingua e Comunicación. IV Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña: Universidade da Coruña
Santiago Guervós, J. de (2005). Principios de comunicación persuasiva. Madrid: Arco Libros
Estrela, Edite et al. (2004). Saber Escrever Saber Falar . Lisboa: Dom Quixote
Domínguez Dapena, Cristina (2004). Técnicas de expresión oral. O uso expresivo da voz. Vigo: Galaxia |
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
|