Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A13 |
Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A23 |
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Coñecer as técnicas de análise lingüística e literaria aplicables ao campo da Filoloxía Latina, así como a terminoloxía propia desta disciplina
|
A1 A23
|
B1
|
C3
|
Aplicar as técnicas de análise lingüística e literaria a textos literarios latinos |
A2
|
B7
|
|
Coñecer aspectos relevantes da cultura latina e da súa pervivencia na civilización occidental |
A13
|
B8
|
|
Sintetizar e valorar críticamente información especializada relativa ao campo dos estudos latinos |
A11
|
B7
|
|
Utilizar recursos bibliográficos, bases de datos e outras ferramentas de procura de información adquirindo capacidade de autoformación no campo de estudos da filoloxía latina. |
A11
|
B1 B3
|
C3
|
Relacionar os contidos específicos desta materia cos de outras áreas e disciplinas, principalmente a gramática histórica e a historia das literaturas española, galega e inglesa |
A14
|
B5
|
|
Organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva |
|
B6
|
|
Apreciar a diversidade |
|
B8
|
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
1. O sistema verbal do latín |
1.1 Descrición do sistema verbal do latín antigo
1.2 Continuidade e reorganización do sistema verbal latino nas linguas romances
|
2. O sistema nominal do latín: sustantivos e adxectivos |
2.1 Paradigmas nominais dos sustantivos
2.2 Paradigmas nominais dos adxectivos
2.3 A perda do sistema casual latino nas linguas romances |
3. Os pronomes e os determinantes en latín |
3.1. Pronomes persoais e posesivos, pronome reflexivo
3.2 Pronomes demostrativos
3.2 Pronomes fóricos
3.4 Pronomes indefinidos
|
4. Cuestións de sintaxe 1: a oración simple |
4.1 Funcións e usos dos casos
4.2 Estrutura dos sintagmas preposicionais
|
5. Cuestións de sintaxe 2: a oración composta |
5.1. Coordinación
5.2 Principais estruturas subordinativas
|
6. A comunicación literaria na Roma antiga |
6.1. Relacións entre a literatura romana e a grega
6.2 Funcións e usos da literatura
6.3. Retórica e poética
6.4. Imitación e arte alusiva
6.5. Autores e público |
7. Xéneros literarios 1: os xéneros da poesía |
7.1 poesía narrativa
7.2 elexía
7.3 lírica
7.4 epigrama
7.5 bucólica
7.6. Sátira |
8. Xéneros literarios 2: os xéneros teatrais |
8.1 Orixes do teatro en Roma
8.2. A comedia: palliata e togata
8.3. A traxedia; cothurnata e praetexta
8.4. A fabula atellana e o mimo |
9. Periodización da literatura romana |
9.1. Etapa antiga
9.2 Etapa tardorrepublicana e augústea
9.3. Etapa imperial
9.4. Antigüidade tardía |
10. Transmisión e recepción dos textos |
10.1. Transmisión manuscrita: volumes, códices, epigrafía
10.2. Transmisión impresa
10.3. Marcos da recepción literaria: lecturas públicas, espectáculos, escola, bibliotecas etc
10.4. Procesos de transferencia da literatura a outras artes |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Guest lecture / keynote speech |
A1 A13 A14 B3 |
22 |
22 |
44 |
Workbook |
A13 B8 |
0 |
20 |
20 |
Document analysis |
A1 A2 A11 B5 B7 C3 |
22 |
44 |
66 |
Objective test |
A23 B1 B6 |
2 |
16 |
18 |
|
Personalized attention |
|
2 |
0 |
2 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Guest lecture / keynote speech |
Exposición por parte do profesor de contidos relativos a cada un dos temas e subtemas co apoio de documentación adicional en formato impreso ou dixital. |
Workbook |
Lectura por conta do estudante dun dossier de textos de carácter literario e/ou académico que lle será proporcionado polo profesor. Estes textos serán o material sobre o que se programarán actividades prácticas avaliábeis que consistirán en recensións e/ou controis de lectura de carácter individual, presentados por escrito |
Document analysis |
Exercicios de análise e de comentario lingüístico e literario a propósito dos diversos temas e subtemas do programa. Poderán ser de carácter oral, no curso das sesións de grupo intermedio e reducido, ou escrito, en forma de actividades avaliábeis de carácter individual. |
Objective test |
Exercicios individuais escritos de carácter teórico-práctico sobre as cuestións desenvolvidas durante o curso. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Document analysis |
|
Description |
O estudante poderá asistir, por iniciativa propia, a tutorías individuais coa finalidade de resolver dúbidas e planificar estratexias de resolución de problemas.
O profesor tamén poderá convocar aos estudantes a titorías individuais en caso de consideralo oportuno. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Workbook |
A13 B8 |
O estudante dará conta das lecturas obrigatorias que fosen propostas polo profesor mediante un control de lectura ou, no seu caso, recensións. |
10 |
Document analysis |
A1 A2 A11 B5 B7 C3 |
Un 50% da calificación final resultará de tres actividades de análise e comentario de textos propostas as estudantes, que serán presentadas por escrito conforme aos prazos e condicións acordados entre o profesor e os estudantes. Estas tres actividades serán as seguintes:
- exercicio de comentario morfolóxico: 10%
- exercicio de análise morfosintáctico e tradución: 20%
- exercicio de comentario literario: 20% |
50 |
Objective test |
A23 B1 B6 |
Efectuaranse dúas probas escritas individuais de carácter teórico-práctico, unha ao final do primeiro bimestre (sobre cuestións de lingua) e outra na data de maio estipulada no calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía (sobre cuestións de literatura). Cada unha suporá o 20% da cualificación global. Na oportunidade de xullo haberá unha única proba sobre cuestións de lingua, de literatura e control de lecturas, que suporá o 50% da cualificación global. Porén, os estudantes que superasen na oportunidade de maio algunha das probas terán que examinarse so daquela que teñan suspensa. |
40 |
|
Assessment comments |
As actividades presentadas por escrito, incluidas as probas finais, deben cumprir cos oportunos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de maneira clara e carecer de faltas de ortografía. O non cumprimento destas condicións será tido en conta negativamente na puntuación da proba respectiva. A cualificación mínima para aprobar a materia, resultado da suma das puntuacións acadadas polas distintas actividades de avaliación programadas, será de 5.
Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xunio poderán repetir en xullo aquelas actividades ou probas pendentes/suspensas, coas mesmas condicións e porcentaxes.
De non realizar as probas obxectivas previstas o estudante será cualificado como Non Presentado.
A avaliación da convocatoria extraordinaria de decembro consistirá nunha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico sobre contidos de lingua e de literatura.
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
|