Identifying Data 2020/21
Subject (*) Lingüística Xeral Code 613G02004
Study programme
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
First Basic training 6
Language
Spanish
Galician
English
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Fernández Ferreiro, Manuel
E-mail
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
Lecturers
Fernández Ferreiro, Manuel
Morales Lopez, Esperanza
E-mail
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
e.morales.lopez@udc.es
Web
General description Bases teóricas e metodolóxicas para o estudo e investigación da linguaxe e as linguas, e as súas aplicacións.
Esta materia proporciona os coñecementos e destrezas básicos para o seguimento de calquera outra materia de corte lingüístico, e é a única de todo o plan de estudos que ofrece un panorama global das diferentes formas de estudar e entender a linguaxe, e das distintas aplicacións deses coñecementos. Polo tanto, fornece ao estudante con habilidades básicas para o desenvolvemento de actividades profesionais relacionadas coa linguaxe e, en xeral, coa comunicación.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non haberá ningún cambio.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Basicamente todas, inda que adaptándoas á non presencialidade.
*Metodoloxías docentes que se modifican
A realización de probas mixtas (exames) pasará a ser non presencial, e diminuirá o peso do traballo colaborativo.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Nos horarios de titoría xa existentes, e previa cita co profesor a través do correo electrónico, utilizando os recursos electrónicos facilitados pola UDC.
4. Modificacións na avaliación
Non se modifica nada do previsto para o curso, excepto que as probas mixtas desenvolveranse a distancia cos medios electrónicos facilitados pola universidade. O 10% por asistencia, participación e desempeño valorarase mediante un seguimento a distancia.
*Observacións de avaliación:
De non ser posible a realización presencial, as actividades e probas mixtas só se entregarán electronicamente a través de Moodle, nos espazos que os profesores/as habiliten para tal fin: isto é unha garantía para os/as propios/as estudantes, ao quedar constancia da súa entrega.
As probas mixtas (final e parciais) que se fagan de forma non presencial garantirán a igualdade de oportunidades na concorrencia; eliminarase a parte de exame test e potenciaranse as preguntas centradas na reflexión, a argumentación, a análise, a aplicación e o estudo de caso.
As probas mixtas non presenciais consistirán nunha proba semisíncrona cun período adecuado de realización. Os/as estudantes recibirán un documento explicativo do proceso de exame, e pediráselles que indiquen se teñen algunha dificultade para realizalo que deba ser atendida. Achegaráselles o exame por Moodle, Teams e/ou correo electrónico (dependendo das posibilidades de cada estudante) na hora e data establecidas en cada caso; tras realizalo, os/as estudantes entregarano polos medios indicados polos profesores/as (Moodle, Teams, correo electrónico…). Durante o tempo de exame os profesores/as estarán dispoñibles a través de Moodle, Teams e/ou correo electrónico, e nun número telefónico, para resolveren dúbidas dos estudantes ou atender problemas sobrevidos.
Será prioritario garantir a igualdade de oportunidades na concorrencia, habilitando se é necesario procedementos específicos para a realización e entrega das probas (ou actividades equivalentes).Habilitaranse procedementos de revisión das actividades e probas realizadas, utilizando os recursos tecnolóxicos xa sinalados. Se o profesor/a ve necesario resolver dúbidas sobre a realización das probas, convocará unha titoría non presencial co estudante á que este/a deberá asistir para aclaralas debidamente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non é necesario facer ningunha modificación: garantirase que os/as estudantes teñen acceso a todos os materiais necesarios para preparar a materia a través de Moodle (principalmente) e Teams. A maiores, poden utilizar algúns recursos electrónicos a través da biblioteca da UDC, ou tamén outros externos indicados polos profesores/as.

Study programme competencies
Code Study programme competences / results
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A29 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences / results
Adquirir e organizar novos coñecementos (integrándoos nos xa posuídos) sobre o funcionamento da linguaxe e das linguas, tanto no que atingue á súa estrutura interna como nas súas dimensións cognitiva, social, aplicada, ... A3
A11
A14
A15
A29
B1
B3
B5
B7
C6
C7
C8
Interpretar os textos científicos e divulgativos da lingüística, e relacionar os diferentes contidos tratados. Adquirir novo coñecemento a partir da súa lectura, integrándoo de maneira crítica. A1
A2
A3
A29
B3
B7
C6
Buscar e seleccionar información sobre a linguaxe e as linguas. A3
B1
B3
B5
B7
C6
Utilizar diferentes metodoloxías e técnicas habituais no estudo da linguaxe. A1
A3
A11
A15
B5
C3
C6
C8
Analizar a estrutura das linguas nos seus diferentes niveis. A1
A15
B2
B6
B7
C3
Analizar a linguaxe nas súas dimensións cognitiva, social, psicolóxica, ... A1
A3
A11
B2
B3
B5
B7
B9
C3
C6
C8
Sintetizar, relacionar e elaborar xeneralizacións a partir dos datos dispoñibles, de forma selectiva, para a resolución de problemas lingüísticos. A1
A3
B2
B5
B7
B9
C3
C6
C8
Organizar e expor contidos relativos á linguaxe, as linguas e a comunicación de forma organizada e argumentada, seguindo as pautas aceptadas no campo. A4
A5
A6
A9
A10
A11
A29
B1
B2
B4
B9
B10
C1
C2
C6
Utilizar modos argumentativos e formas de traballo característicos da ciencia lingüística. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A10
A11
B2
B7
B10
C1
C2
C4
C7
Analizar e comentar textos e discursos utilizando apropiadamente as técnicas de análise. A1
A2
A10
A11
A15
A29
B4
C1
Traballar cooperativamente na resolución de problemas de carácter lingüístico. A10
A14
A15
B3
B4
B6
B7
C3
C6
Afrontar sen prexuízos os novos coñecementos sobre a linguaxe, as linguas e a diversidade lingüística, así como as novas perspectivas e métodos. A1
A11
B1
B3
B5
B7
B8
B9
B10
C7
C8
Seguir e integrar sen prexuízos os avances doutras disciplinas que axuden ao progreso da lingüística, tanto na súa dimensión teórica como na aplicada. A29
B1
B3
B5
B7
B8
B9
B10
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Contribuír ao desenvolvemento científico e social aplicando as competencias adquiridas. A15
B9
B10
C4
C5
C6
C7
C8

Contents
Topic Sub-topic
1. A natureza da linguaxe e a lingüística. 1.1. Características xerais da linguaxe.
1.2. Linguaxe, lingua, fala.
1.3. Competencia(s) e actuación.
1.4. As dimensións estrutural, social e cognitiva da linguaxe e as linguas.
1.5. Como estudar a linguaxe.
2. A comunicación. 2.1. Definición, elementos e procesos da comunicación.
2.2. Sistemas de comunicación: linguaxe humana e linguaxes dos animais.
2.3. As orixes da linguaxe e das linguas.
2.4. Modos de comunicarse/canais de comunicación: a oralidade, a escrita, a dactilografía; linguas xestuais e tactis.
3. Linguaxe, mente e cerebro. 3.1. Conceptos básicos. A psicolingüística e a neurolingüística.
3.2. Lateralización e localización da linguaxe.
3.3. Patoloxías lingüísticas.
3.4. Adquisición da linguaxe e aprendizaxe das linguas.
4. Os sons das linguas. 4.1. Son lingüístico, fonema e alófono. A fonética e a fonoloxía.
4.2. Fonación, articulación e acústica dos sons lingüísticos.
4.3. Representación gráfica e clasificación dos sons lingüísticos.
4.4. Métodos de análise e estudo do son lingüístico.
4.5. Trazos suprasegmentais: melodía, ton e entoación.
4.6. Os sistemas fonolóxicos.
5. Da palabra ao discurso. 5.1. A forma das palabras. A morfoloxía.
5.2. A estrutura da oración. A sintaxe.
6. O significado. 6.1. O significado lingüístico. A semántica.
6.2. Significado, intención e contexto; a interpretación. A pragmática.
7. Unidade e diversidade das linguas. 7.1. Lingua e sociedade. A sociolingüística.
7.2. Universais e tipoloxía lingüística.
8. Aplicacións da lingüística. 8.1. Para que serve a lingüística?
8.2. A lingüística noutros campos científicos: o desenvolvemento científico e tecnolóxico.
8.3. Lingüística e desenvolvemento social.

Planning
Methodologies / tests Competencies / Results Teaching hours (in-person & virtual) Student’s personal work hours Total hours
Workbook A1 A2 A3 A9 A10 A11 A14 A29 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C4 C6 C7 C8 0 27 27
Workshop A1 A2 A3 A4 A5 A9 A10 A11 A14 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 13 0 13
Mixed objective/subjective test A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 A29 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C4 C8 2 20 22
Seminar A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C6 C7 C8 12 3 15
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A3 A4 A5 A10 A11 A14 A15 A29 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C6 C7 C8 37 5 42
Supervised projects A1 A2 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 10 20 30
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Workbook As lecturas proporcionaranlle ao estudantado a maior parte dos contidos do curso, e deberá facer unha ou varias por cada tema. O estudantado deberá plantexar na aula as dúbidas que lle xurdiran: o profesor tentará resolvelas ben directamente, ben utilizándoas como base para actividades de estudo de caso, seminario, discusión dirixida, solución de problemas... que leven á súa aclaración.
Ademais, o profesor poderá entregarlle ao alumnado (individual ou colectivamente) lecturas complementarias de extensión variable, así como suxestións para a ampliación voluntaria de contidos.
Workshop Denominamos así a combinación coordinada de varias metodoloxías das aquí recollidas cun obxectivo común a respecto dun tema ou cuestión: minidebates, textos complementarios, actividades prácticas en grupo, análise de xeito contrastivo de propostas de diferentes autores ou momentos históricos, todo isto de forma secuencial e combinada, perseguindo un propósito único de adquisición de determinados contidos e desenvolvemento de certas competencias.
Mixed objective/subjective test O alumnado realizará unha proba mixta final de tipo teórico e aplicado nas datas oficiais establecidas (xaneiro e xullo). Durante o curso realizaranse dúas probas mixtas parciais liberatorias de contido para a proba mixta final. Na proba mixta final o alumnado examinarase dos contidos non superados ou non examinados.
Seminar Constituirá un método habitual de traballo, principalmente nas aulas de grupo mediano e reducido: o profesor plantexará algún tema (ben por iniciativa del, ben pola do alumnado) sobre o que se traballará, debatirá e elaborarán conclusións, utilizando materiais aportados polo profesor ou buscados polos/as estudantes e, sobre todo, utilizando a reflexión individualizada e grupal e a posta en común.
Guest lecture / keynote speech Haberá unha sesión maxistral de 90 minutos cada semana. Dependendo do tema e/ou do profesor, consistirán na exposición por parte deste dalgúns contidos seleccionados ben por iniciativa propia ou a proposta do estudantado, xa sexa para aclarar dúbidas sobre contidos recollidos nas lecturas, corrixilos ou tratar outros completamente novos.
Supervised projects O alumnado deberá realizar algunhas actividades prácticas ou de busca de información seguindo instrucións específicas do profesor e, cando este o determinar, sendo controlado o seu traballo cando menos en certas etapas (planificación inicial, estratexia de traballo, ...) O obxectivo é que o/a estudante desenvolva dinámicas e prácticas de traballo axeitadas e/ou propias da área de coñecemento.

Personalized attention
Methodologies
Mixed objective/subjective test
Workshop
Workbook
Supervised projects
Description
A atención personalizada será unha constante nas sesións de grupo reducido e tamén nas titorías individuais.

Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Mixed objective/subjective test A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 A29 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C4 C8 Proba escrita que o/a estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o cuadrimestre. 50
Workshop A1 A2 A3 A4 A5 A9 A10 A11 A14 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Comprende toda a actividade do estudante desenvolvida na aula e fóra dela. Teranse en conta a asistencia, participación e desempeño do estudante ao longo do curso. 10
Supervised projects A1 A2 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Cada estudante deberá realizar TRES actividades a longo do curso. 40
 
Assessment comments

1. A CUALIFICACIÓN FINAL DA 1.ª OPORTUNIDADE (xaneiro 2021) responderá ao seguinte reparto porcentual:

1.1. Un 50% obterase pola PROBA MIXTA ESCRITA. Celebrarase unha proba mixta escrita (exame) no mes de xaneiro, na data oficial de exame da materia. Para aprobar a materia, é imprescindible acadar unha cualificación mínima de 4.00 nesta proba. Durante o curso celebraranse dúas probas parciais eliminatorias de contido. Quen as supere, non deberá examinarse deses contidos na proba oficial do mes de xaneiro.

1.2. Un 40% obterase da realización de DÚAS OU TRES ACTIVIDADES (individuais ou grupais) ao longo do curso, que serán entregadas obrigadamente en formato electrónico e en formato impreso. As actividades deben entregarse nas datas fixadas.

1.3. Un 10% responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do estudante ao longo do curso.

1.4. Os alumnos repetidores que non asistan ás aulas ou os que teñen unha dispensa académica oficial, recibirán un 50% da súa cualificación pola realización da PROBA MIXTA ESCRITA, e outro 50% pola realización das tres ACTIVIDADES (individuais ou grupais) avaliables. Ao iniciarse o curso, todos os alumnos repetidores ou con dispensa académica oficial deben comunicar ao profesorado en que grupo interactivo se encadran. Ademais, os repetidores deben comunicar se asistirán ás aulas xa que, de non facelo, aplicaráselles o mesmo reparto porcentual que aos de primeira matrícula (50%+40%+10%).

1.5. Superará a materia quen obteña unha cualificación media mínima global de 5.00, logre un mínimo de 4.00 puntos na parte da proba mixta escrita, e entregue polo menos dúas actividades avaliables.

2. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO (xullo 2021):

2.1. Consérvanse as cualificacións das probas e actividades superadas na 1.ª oportunidade.

2.2. Quen deba realizar o exame (proba mixta escrita), farao no día oficial (ver datas definitivas na web da Facultade ou no taboleiro oficial). Examinarase dos contidos parciais non superados anteriormente.

2.3. Realizaranse a/s actividade/s suspensas (poden ser diferentes ás realizadas en xaneiro, inda que co mesmo formato). Estarán dispoñibles en Moodle ao rematar o período de exames do segundo cuadrimestre.

2.4. Aos estudantes que non superen a materia en xaneiro e teñan unha puntuación inferior a 5.00 puntos no apartado de asistencia e participación, cualificaráselles co seguinte reparto porcentual na 2.ª oportunidade de xullo: (a) proba mixta escrita, 50%; (b) actividades ou tarefas avaliables, 50%.

3. OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN ADIANTADA (decembro 2020):

3.1. Poden presentarse a esta oportunidade só estudantes cuns poucos créditos pendentes para rematar a titulación. Consúltese a documentación pertinente na web da UDC.

3.2. Realizarase a avaliación exclusivamente mediante unha PROBA MIXTA ESCRITA de carácter teórico-práctico, pola que se outorgará o 100% da cualificación.

4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO. Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas persoas que: (a) non se presenten a ningunha das probas mixtas escritas oficiais (ou os seus parciais) e que, ademais, (b) entreguen menos de dúas actividades avaliables.

________________________________________

NOTA. Uso de ferramentas antiplaxio. O profesor/a poderá utilizar ferramentas de busca e anticopia (entre elas Turnitin) para detectar plaxios nos materiais que desenvolvan os/as estudantes durante o curso. De atopar coincidencias que exceden o razoable, terá consecuencias na súa cualificación, podendo mesmo non recibir puntuación algunha polo traballo afectado e mesmo a cualificación global de suspenso na materia.


Sources of information
Basic

Non se recollen nesta bibliografía as lecturas obrigatorias de curso, que se entregan á parte; no espazo Moodle da materia atopará recursos na internet e outras suxestións que lle permitirán ampliar os seus coñecementos.


Manuais e obras introdutorias

Bernárdez, Enrique (2000). ¿Qué son las lenguas? Madrid: Alianza.

Escandell Vidal, M. Victoria (coord.) e outros (2011). Invitación a la lingüística. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces & UNED. (***)

Escandell Vidal, María Victoria (2014). La comunicación. Lengua, cognición y sociedad. Madrid: Akal.

Fasold, Ralph W. & Jeff Connor-Linton (eds.) (20142 [2006]). An Introduction to Language and Linguistics. Cambridge: Cambridge University Press. (***)

Fromkin, Victoria (ed.) (2000). Linguistics: An Introduction to Linguistic Theory. Oxford: Blackwell. (**)

Genetti, Carol (ed.) (20192). How Languages Work. An Introduction to Language and Linguistics. Cambridge: Cambridge University Press. (***)

López García, Ángel, et alii (1994). Lingüística general y aplicada. València: Universitat de València. (**)

Martín Vide, Carlos (ed.) (1996). Elementos de Lingüística. Barcelona: Octaedro. (**)

Martínez Celdrán, Eugenio (1995). Bases para el estudio del lenguaje. Barcelona: Octaedro. (*)

Moreno Cabrera, Juan Carlos (20002). Curso universitario de lingüística general. Tomo I: Teoría de la gramática y sintaxis general; Tomo II: Semántica, Pragmática, Morfología y Fonología. Madrid: Síntesis.

O’Grady, William, Michael Dobrovolsky & Francis Katamba (1997). Contemporary Linguistics. An Introduction. London & New York: Longman. (**)

Ramallo, Fernando et alii (eds.) (2000). Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Edicións Xerais. (*)

Simone, Raffaele (1993 [1990]). Fundamentos de lingüística. Barcelona: Ariel. (**)

Tusón Valls, Jesús (2007). Introducción al lenguaje (= Humanidades; 11). Barcelona: Universitat Oberta de Catalunya. [Orix. en catalán: 2003.] (*)

Yule, George (20073). El lenguaje. Madrid: Akal. [Orix. inglés: 20063.] Hai unha cuarta edición en inglés: The Study of Language. Cambridge: Cambridge University Press, 20104. (***)


Obras de referencia (dicionarios, enciclopedias…)

Alcaraz Varó, Enrique & Mª Antonia Martínez Linares (20042). Diccionario de lingüística moderna (= Ariel Referencia). Barcelona: Ariel. (***)

Brown, Keith (ed.) (2006). Encyclopedia of Language and Linguistics; 14 vols. Amsterdam & Boston, MA: Elsevier. (*)

Crystal, David (2000). Diccionario de lingüística y fonética (= Universidad Textos). Barcelona: Octaedro. [Orix. en inglés: A Dictionary of Linguistics and Phonetics. Oxford: Blackwell, 19974. Hai unha nova edición revisada en inglés: 20086.] (***)

Crystal, David (1994). Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge. Madrid: Taurus. [Orixinal en inglés: 1987.] (***)

Crystal, David (20103). The Cambridge Encyclopedia of Language. Cambridge: Cambridge University Press. (***)

Moreno Cabrera, Juan Carlos (1998). Diccionario de lingüística neológico y multilingüe. Madrid: Síntesis.

Moreno Cabrera, Juan Carlos (2003). El universo de las lenguas: clasificación, denominación, situación, tipología, historia y bibliografía de las lenguas (= Nueva Biblioteca de Erudición y Crítica; 23). Madrid: Castalia.

Trask, R. L. (1997). A Student’s Dictionary of Language and Linguistics. London: Arnold. (*)


Complementary

Outros manuais e obras introdutorias

Alonso-Cortés, Ángel (2002). Lingüística. Madrid: Cátedra.

Alvar, Manuel (ed.) (2001). Introducción a la lingüística española. Barcelona: Ariel.

Aronoff, M. & J. Rees-Miller (eds.) (20182). The Handbook of Linguistics. Hoboken, NJ: Wiley-Blackwell.

Bernárdez, Enrique (2008). El lenguaje como cultura. Una crítica del discurso sobre el lenguaje. Madrid: Alianza Editorial.

Bernárdez, Enrique (2016). Viaje lingüístico por el mundo: iniciación a la tipología de las lenguas. Madrid: Alianza Editorial.

Dorren, Gaston (2017). Lingo. Guía de Europa para el turista lingüístico. Madrid: Turner. [Orix. inglés: 2014].

Dorren, Gaston (2019). Babel. La vuelta al mundo en 20 idiomas. Madrid: Turner. [Orix. inglés: 2018].

Fischer, Steven Roger (2003). Breve historia del lenguaje (= Humanidades; 4750). Madrid: Alianza [orix. inglés: 1999.]

Fromkin, Victoria & Robert Rodman (1993 [1988]). Introdução à Linguagem. Coimbra: Livraria Almadina.

Hudson, Grover (2000). Essential Introductory Linguistics. Oxford: Blackwell.

Isac, Daniela & Charles Reiss (2008). I-Language: An Introduction to Linguistics as Cognitive Science (= Oxford Core Linguistics). Oxford: Oxford University Press.

López García, Ángel & Beatriz Gallardo Paúls (eds.) (2005). Conocimiento y lenguaje (= Educació. Materials; 80). València: Universitat de València.

Mariño, Xurxo (2018). El misterio de la mente simbólica. Cerebro, lenguaje y evolución. Madrid: EMSE EDAPP / El País.

Martínez Celdrán, Eugenio (1998). Lingüística. Teoría y aplicaciones. Barcelona: Masson.

McCabe, Anne (2011). An Introduction to Linguistics and Language Studies. London: Equinox Publishing.

Moreno Cabrera, Juan Carlos (2000). La dignidad e igualdad de las lenguas. Crítica de la discriminación lingüística. Madrid: Alianza.

Moreno Cabrera, Juan Carlos (2017). Claves históricas de la lingüística actual: 20 siglos de reflexiones sobre el lenguaje a través de 20 referencias fundamentales (= Claves de la Lingüística). Madrid: Editorial Síntesis.

Moreno Cabrera, Juan Carlos (2018). Origen y evolución de la gramática (= Claves de la Lingüística). Madrid: Editorial Síntesis.

Radford, Andrew et alii (2000). Introducción a la lingüística. Madrid: Cambridge University Press, 2000 [orix.: Linguistics: An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press, 1999. Hai unha segunda edición en inglés de 2009, traducida ao español en 2016.]

Trask, R. L. & Bill Mayblin (2010). Lingüística: una guía gráfica (= Para todos; 14). Buenos Aires & Barcelona: Paidós. [Orix. ingl.: Introducing Linguistics. Royston, UK: Icon Books Ltd, 2005.]


Outras obras de referencia (dicionarios, enciclopedias…)

Asher, R. E. & Christopher Moseley (eds.) (20062). Atlas of the World's Languages. London: Routledge.

Breton, Roland (2003). Atlas des langues du monde: Une pluralité fragile (= Collection Mini-Atlas). Paris: Éditons Autrement.

Bright, William (ed.) (1992). International Encyclopedia of Linguistics. Oxford: Oxford University Press.

Cardona, Giorgio Raimondo (1991 [1988]). Diccionario de lingüística. Barcelona: Ariel.

Comrie, Bernard, Stephen Matthews & Maria Polinsky (eds.) (2010). The Atlas of Languages: The Origin and Development of Languages Throughout the World (= Facts on File Library of Language and Literature Series). London: Quarto Publishing. [Hai versión en portugués da edición de 1996 en inglés: O Atlas das Línguas: A Origem e a Evolução das Línguas no Mundo. Lisboa: Editorial Estampa, 2001.]

Ducrot, O. & T. Todorov (1998). Nuevo diccionario enciclopédico de las ciencias del lenguaje. Pamplona: Arrecife.

Garry, Jane & Carl Rubino (eds.) (2001). Facts About the World's Languages: An Encyclopedia of the World’s Major Languages, Past and Present. New York & Dublin: New England Publishing.

Junyent, Carme & Cristina Muncunill (2010). El libro de las lenguas (= Colección bolsillo). Barcelona: Octaedro.

Lázaro Carreter, Fernando (1953). Diccionario de términos filológicos. Madrid: Gredos.

Price, Glanville (ed.) (2001). Enciclopedia de las lenguas de Europa. Madrid: Gredos [orix. inglés: 1998.]

Richards, Jack C., John Platt & Heidi Platt (1997). Diccionario de lingüística aplicada y enseñanza de lenguas. Barcelona: Ariel. [Orix. en inglés: 19922.]

Störig, Hans Joachim (19902). A aventura das lïnguas: Uma viagem através da História dos idiomas do mundo. São Paulo: Melhoramentos [orix. alemán: 1987.]

Tusón, Jesús (ed.) (2000). Diccionari de lingüística. Barcelona: Biblograf.

Xavier, M. F. & M. H. Mateus (eds.) (1992). Dicionário de termos lingüísticos. Lisboa: Cosmos.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Recoméndaselle ao estudantado que lea atentamente esta guía docente. Nela atopará resposta a case todas as preguntas que lle xurdan sobre a concepción, organización e obxectivos do curso; pode acudir ao profesorado para aclarar calquera cuestión ao respecto. Particulamente, debe prestar especial atención ao seguinte:

1. Realice puntualmente as lecturas e actividades encomendadas; estas deben entregarse no día fixado.

2. O plaxio total ou parcial de actividades é inadmisible. Pode conlevar a perda de máis puntuación có valor da actividade afectada, e mesmo o suspenso na materia. A información debe ser recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra. Considérase moi grave a copia total ou parcial de traballos elaborados por outros alumnos.

3. Nas exposicións escritas, deben coidarse a corrección ortográfica, o estilo e a adecuación expositiva. De non ser así, reflectirase negativamente nas cualificacións.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.