Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A3 |
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |
A4 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A7 |
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A17 |
Ter un coñecemento avanzado da literatura galega. |
A18 |
Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa. |
A19 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. |
A20 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise literaria. |
A1 A2 A3 A10 A15
|
B7
|
C1
|
Saber avaliar, analizar e sintetizar criticamente información relativa á poesía en lingua galega e portuguesa. |
A11 A14
|
B1 B3 B7
|
C6
|
Ser capaz de aplicar os coñecementos literarios á práctica. |
A7 A11 A14 A15
|
B9 B10
|
C1 C6
|
Ter capacidade de análise, valorar e exercer o coñecemento desde un punto de vista crítico. |
A14
|
B7 B8
|
C6
|
Ter un coñecemento amplo da poesía en lingua galega e portuguesa. |
A17 A18 A19 A20
|
B8
|
C6
|
Elaborar textos escritos de diversa tipoloxía (traballos tutelados, fichas de lectura etc.). |
A2 A4 A9 A11 A15
|
B1 B6 B7
|
C6
|
Relacionar os coñecementos adquiridos nesta materia cos de outras disciplinas afíns. |
A11 A14 A15
|
B3 B5
|
C6
|
Ser capaz de realizar unha presentación oral sobre os contidos da materia. |
A4 A9 A15
|
B4
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A poesía en lingua galega e portuguesa |
1.1. Cuestións xerais
1.2. Periodización e caracterización. |
2. A poesía galega de 1939 a 1980 |
2.1. Antecedentes e referentes.
2.2. A posguerra. O socialrealismo
2.3. O cambio: Álvaro Cunqueiro e X. L. Méndez Ferrín
2.4. Ricardo Carvalho Calero
|
3. A poesía galega desde 1980
|
2.1. A xeración dos 80. O culturalismo
2.2. Pilar Pallarés
2.3. A xeración dos 90.
2.4. As primeiras décadas do século XX |
4. A poesía portuguesa actual |
3.1. Fases e caracterización
3.2. Valter Hugo Mãe
3.3. Golgona Anghel
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A3 B8 B9 |
20 |
8.5 |
28.5 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 A10 A19 A20 B1 B3 B5 B6 B10 |
32 |
15 |
47 |
Lecturas |
A7 A10 A17 A18 A19 A20 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C6 |
2 |
15 |
17 |
Proba mixta |
A1 A2 A9 A11 A14 A15 A17 A18 B4 B7 C1 |
2 |
15 |
17 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Sesións de traballo en que a profesora explica a contextualización e os elementos necesarios para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior. |
Análise de fontes documentais |
Lectura, análise e comentario de textos poéticos e paratextos (ensaísticos, xornalísticos etc.) sobre as diversas cuestións tratadas. Eventualmente poderán ser solicitados comentarios poéticos por escrito dos textos analizados nas aulas. |
Lecturas |
Lecturas de carácter obrigatorio que serán seleccionadas e fornecidas pola profesora.
Alén disto, cada estudante deberá escoller e ler unha obra pertencente á poesía galega, portuguesa ou brasileira actual de autoría feminina. |
Proba mixta |
Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e que combinará exercicios de carácter ensaístico con análise de fontes documentais e comentario de textos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Análise de fontes documentais |
Lecturas |
|
Descrición |
As profesoras orientarán os e ás estudantes, ofrecéndolles a axuda necesaria para a a escolla da obra de lectura e para a realización dos traballos, especialmente en cuestións como a procura do tema / corpus textual, a metodoloxía ou a selección das fontes de información.
A orientación realizarase de forma individualizada e persoalmente, aínda que tamén poderán ser facilitadas indicacións concretas tanto nas aulas como a través de moodle. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 A10 A19 A20 B1 B3 B5 B6 B10 |
Valoración do traballo de análise e comentario dos textos e paratextos traballados durante o curso. |
30 |
Lecturas |
A7 A10 A17 A18 A19 A20 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C6 |
Terán de realizarse con aproveitamento as lecturas obrigatorias cuxa avaliación será realizada dentro da proba mixta. |
20 |
Proba mixta |
A1 A2 A9 A11 A14 A15 A17 A18 B4 B7 C1 |
Proba escrita baseada fundamentalmente nas actividades de análise e comentario de textos, combinadas con outras de carácter ensaístico. Como no caso dos traballos tutelados, serán valoradas a expresión e o rigor expositivo. |
50 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades solicitados no prazo fixado. Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña" (artigo 14.4). As persoas matriculadas a tempo parcial e que obtiveren dispensa académica deberán pórse en contacto coas profesoras para fixar os traballos que deberán entregar. Tamén deberán pórse en contacto coas profesoras aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderá ter condicións de avaliación equivalentes á dispensa académica. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%. As persoas que non superaren a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os traballos mesmos traballos solicitados para a primeira. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Fernández Barbosa, Beatriz (1998). "O livro das devoracions: a dor de ser e a dor de non ser", en Actas das I Xornadas das Letras Galegas en Lisboa. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Nogueira, María Xesús (2017). 13 Antoloxía da poesía galega próxima. Santiago de Compostela: Chan de pólvora & papelesmínimos
Mato Fondo, Miguel Anxo (1991). A mazá e a cinza. A poesia galega após 1976. Pontevedra: Edicións do Cumio
Guimarães, Fernando (2002). A poesia contemporânea portuguesa do final dos anos 50 aos anos 90. Lisboa: Quasi Edições
Casas, Arturo (ed.) (2003). Antoloxía da poesía consultada (1976-2000). Lugo: TrisTram
Tato Fontaíña, Laura (2000). Carvalho Calero poeta, narrador, dramaturgo. Grial 147, tomo XXXVIII, pp 441-460
Vilavedra, Dolores (1999). Historia da Literatura Galega. Vigo: Galaxia
VV. AA. (1998). Historia da literatura galega. vols. 3 e 4. Vigo: AS/PG & A Nosa Terra
Pena, Xosé Ramón (2013). Historia da literatura III. De 1916 a 1936. Vigo Xerais
Pena, Xosé Ramón (2019). Historia da literatura IV. De 1936 a 1975. A "longa noite". Vigo Xerais
Lopes, Óscar & Marinho, Maria Fátima (dir.) (2001-2002). História da Literatura Portuguesa. Vol. 7. Lisboa: Alfa
Bernárdez, C. L. & Insua, E. X. & Millán Otero, X. M. & Rei Romeu, M. & Tato Fontaí (2001). Literatura galega. Século XX. Vigo: A Nosa Terra
VV. AA. (2016). No seu despregar. Antoloxía poética. A Coruña: Apiario Editora
Castelao, Manuel (2009). Novoneyra. Celso Emilio. Os Eidos. Longa noite de pedra. Santiago de Compostela: Laiovento
Rodríguez, Luciano & Seara, Teresa (1997). Para saír do século. Nova proposta poética. Vigo: Xerais
Rodríguez Fer, Claudio (1989). Poesía galega. Crítica e metodoloxía. Vigo Xerais |
Obras de lectura obrigada: Ricardo Carvalho Calero: Reticencias... Pilar Pallarés: Tempo fósil Olga Novo: Feliz idade Yolanda Castaño: O puño e a letra. Antoloxía en comic poético Golgona Anghel: Vim porque me pagavam A bibliografía específica para cada tema será entregada nas aulas. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|