Identifying Data 2020/21
Subject (*) Theatre in Galician and Portuguese Code 613G02047
Study programme
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Fourth Optional 4.5
Language
Galician
Portuguese
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
E-mail
carlos.vizcaino@udc.es
Lecturers
Tato Fontaiña, Laura
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
E-mail
laura.tato@udc.es
carlos.vizcaino@udc.es
Web
General description Estudo particularizado de obras, autores e momentos relevantes e significativos da dramaturxia en lingua galega e portuguesa.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán mudanzas.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Evento científico/divulgativo asíncrono
Lecturas
Discusión dirixida

*Metodoloxías docentes que se modifican:
Presentacións orais: as exposicións de textos dramáticos realizarase no Moodle. A discusión conxunta farase através de comentarios en cada unha das entradas.
Sesión maxistral: as contextualizacións dos contidos por parte do docente faranse en sesións de Teams.
Empregarase igualmente o Teams para unha sesión de atendemento grupal semanal.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Email: permanentemente
Aplicación de mensaxaría do Moodle: permanentemente
Sesión de atendemento conxunto: todas as cuartas feiras, entre as 11 e as 12 horas, nunha sesión síncrona que ficará gravada para consultas posteriores.

4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións nin nas metodoloxías avaliábeis nin na porcentaxe na cualificación final.

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Toda a bibliografía básica de crítica literaria está accesíbel no espazo do Moodle destinado á materia, ben como as obras dramáticas estudadas en cada epígrafe dos contidos.
As presentacións de textos dramáticos por parte do alumnado limitaranse a aquelas que son accesíbeis en formato dixital. Neste sentido, o docente facilitará enderezos de repositorios web en que poden ser localizadas estas obras (Instituto Camões, Revista Galega de Teatro etc.)

Study programme competencies
Code Study programme competences
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A17 Ter un coñecemento avanzado da literatura galega.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
O alumnado deberá posuír un coñecemento avanzado dalgúns dos monumentos dramáticos das literaturas en linguas galega e portuguesa. A11
A17
A18
A19
A20
B1
B8
O alumnado deberá coñecer as diversas metodoloxías de análise literaria e espectacular e ser capaz de avaliar criticamente o estilo dun texto dramático ou dun espectáculo teatral. A2
A11
A14
B1
O alumnado deberá ser capaz de presentar oralmente os resultados das súas análises dunha maneira rigorosa e efectiva, demostrando a súa capacidade de síntese e de xerarquización da información. B6
B7
O alumnado deberá saber pór en relación a información presentada pol@s compañeir@s coas lecturas realizadas e facer comentarios retroalimentadores que demostren a súa capacidade para identificar os valores dun texto dramático e trazar pontes cos outros textos das diferentes dramaturxias en lingua galega e portuguesa. A11
A17
A18
A20
B5
B7
O alumnado deberá ser quen de traballar en grupo na procura de exemplos de dramaturxias e encenacións posdramáticas, ben como de expor os seus resultados de maneira crítica e rigorosa nunha discusión dirixida asíncrona. A11
A14
B1
B6
B7

Contents
Topic Sub-topic
1. Teatro: literatura e encenación 1.1 Entre dous polos: do logocentrismo á marxinación do texto
1.2. Reflexións sobre a representación no século XX. As experiencias da Sociedade Teatro Livre de Lisboa e do Conservatorio Nacional de Arte Galega.
1.3. O metateatro en lingua galego-portuguesa
1.4. Teatro sen fixación escrita:
......1.4.1. Barriga Verde e a comunicación das subalternas
......1.4.2. O teatro mozambicano contemporáneo
2. Teatro Modernista no Brasil e en Portugal e Teatro de Arte na Galiza 2.1. O proxecto de Teatro da Arte de Castelao e as achegas de Otero Pedrayo.
2.2. A renovación estética do teatro de Oswaldo de Andrade
2.3. O teatro modernista portugués non atinxe os palcos
3. A actividade teatral fronte ás ditaduras e ao xugo colonial
3.1. A refundación do teatro galego desde 1965
3.2. O teatro portugués e o 25 de abril
3.3. O teatro brasileiro e a resistencia á ditadura
3.5. O teatro de Pepetela e a Angola da post-independencia.
4. Dramaturgas 4.1. Historiografías dramáticas masculinizadas e autoras invisibilizadas
4.2. Teatro feminista na Galiza e nos países lusófonos. A Escola de Mulheres de Lisboa
4.3. Dramaturgas dos séculos XX e XXI
5. Posdrama en lingua galega e portuguesa 5.1. Na Galiza: a escrita teatral de Xesús Pisón e as propostas escénicas de Ana Vallés.
5.2. Prácticas postdramáticas en Portugal: Carlos J. Pessoa e o Teatro da Garagem

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Workbook A2 A17 A18 A19 A20 8 34 42
Events academic / information A2 A11 B8 2 4 6
Directed discussion A11 A14 B1 B5 B7 2 22 24
Oral presentation A11 A2 B1 B6 B7 10 18 28
Guest lecture / keynote speech A11 A17 A18 B7 B8 8 2 10
 
Personalized attention 2.5 0 2.5
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Workbook No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras teatrais que o/a alumno/a debe ler ao longo do cuadrimestre. Alén destas, o docente fornecerá artigos e estudos especializados sobre os contidos tratados na materia.
Events academic / information O alumnado asistirá a un evento específico escollido entre os propostos polo docente nas primeiras sesións, ora unha representación teatral, ora unha palestra sobre teatro en lingua galega ou portuguesa.
Directed discussion Através do espazo de traballo colaborativo en liña o alumnado participará nunha discusión dirixida polo profesor sobre temas atinentes aos contidos da materia. Previamente, deberán preparar as discusións coa lectura de artigos especializados.
Oral presentation Exposicións orais en grupos de dúas persoas, na aula, en que se exporá a análise e comentario dun texto dramático. A totalidade do grupo participará no diálogo posterior, demostrando a asimilación das lecturas por medio de comentarios retroalimentadores.
Guest lecture / keynote speech Sesións de traballo en que o profesorado explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver os traballos prácticos.

Personalized attention
Methodologies
Guest lecture / keynote speech
Workbook
Oral presentation
Events academic / information
Directed discussion
Description
Os/as alumnos/as poderán contar con axuda personalizada para a preparación das súas presentacións orais e para solventar as dificultades levantadas polas lecturas e a participación na discusión dirixida.
Da mesma maneira, combinaranse sesións de atendemento individualizado ou grupal para resolver as dúbidas xurdidas das exposicións maxistrais.


Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workbook A2 A17 A18 A19 A20 O control das lecturas será realizado por medio da participación na aula nos diálogos posteriores ás presentacións orais individuais, ben como a través da presentación de informes de lecturas de artigos especializados achegados polo docente. 30
Oral presentation A11 A2 B1 B6 B7 En grupos de dúas persoas, deberán realizarse un mínimo de dúas presentacións de monumentos dramáticos escritos en lingua galega ou portuguesa.
Avaliarase a capacidade de focar os aspectos centrais da obra e a súa singularidade, así como de a pór en relación coas temáticas e correntes comentadas nas sesións expositivas. Tamén se ponderará a escolla e comentario oral dun fragmento da mesma.
30
Events academic / information A2 A11 B8 O alumnado deberá asistir ora a un espectáculo teatral programado na contorna, ora a unha palestra especializada sobre teatro en lingua galega e portuguesa. Posteriormente, deberá realizar un informe -oral ou escrito- sobre o mesmo.
O docente comunicará nas primeiras sesións presenciais a natureza e lugar de celebración do evento e, se for preciso, presentará alternativas para o alumnado que non puider asistir ao inicialmente programado.
10
Directed discussion A11 A14 B1 B5 B7 O estudantado participará -nun contexto formal e coas claves da redacción académica- nun foro de discusión asíncrona aberto no Moodle en que o docente proporá unhas liñas temáticas ou preguntas sobre un dos contidos da materia. Para unha correcta participación será preciso realizar unhas lecturas previas sinaladas desde a primeira sesión.
Serán avaliados tanto a interiorización das lecturas e a capacidade de identificar os aspectos máis relevantes, como o diálogo estabelecido co resto de integrantes da turma (para o que será preciso unha lectura demorada dos seus comentarios).
30
 
Assessment comments

As persoas con matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán porse en contacto co docente en horario de titorías ou a través do correo electrónico para coñecer a maneira de acompañar o curso através das ferramentas de comunicación asíncrona estabelecidas ao efecto.

Para superar a materia será requisito indispensábel a realización das presentacións orais e a participación na discusión dirixida. Quen non realizar ambos os exercicios será considerado/a NON PRESENTADA/O.

Na segunda oportunidade (xullo) e na convocatoria adiantada de decembro haberá que realizar os mesmos traballos e probas que na primeira e o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. Caso de non ter realizado durante o cuadrimestre algunha das actividades avaliábeis, abrirase un novo prazo para a súa presentación.

As persoas que se matricularen na convocatoria adiantada de decembro deberán contactar co profesor antes de o mes de novembro concluír.

Salvagardando en todo o momento os dereitos de autoría e protexendo os datos dos mesmos, os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio en varias materias. De se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.


Sources of information
Basic Figueiredo, César Alessandro (2015). "A ditadura militar no Brasil e o teatro: memória e resistência da classe artística", Revista Eletrônica de Ciência Política 6, n. 2. file:///Users/carlosbiscainho/Downloads/44240-167761-1-PB.pdf
Biscainho-Fernandes, C-C (2019). "A dramaturxia galega feminina no século XXI", eHumanista IVITRA, 15, Monogràfic III, Santa Bárbara (California) (Estados Unidos), UC Santa Barbara, 2019, pp. 324-341.
Tato Fontaíña, L. (2009). "A renovación dramática na Galiza e no Brasil: a muller como problema", en Laura Tato Fontaíña & Mª Amparo Tavares Maleval (eds.): Estudos Galego-Brasileiros 3. Língua, Literatura, Ident. Rio de Janeiro
Tato Fontaíña, L. (2009). "Frustracións parapelas: Teatro Modernista Brasileiro e Teatro de Arte Galego", . en Olivia Rodríguez González (ed.): Novas achegas ao mundo da cultura galega. Enfoques literarios e
Tato Fontaíña, L (2000). "O teatro desde 1936", en Anxo Tarrío (coord.), Literatura Galega.. A Coruña: Hércules de Edicións
Vasques, Eugénia (1999). "O teatro português e o 25 de abril", . Instituto Camoes
Biscainho-Fernandes, C-C (2007). A Escola Dramática Galega na configuración do sistema teatral. Santiago: Editorial Laiovento
Caetano, Cristina Maia (2004). Conhecer o teatro em Moçambique. Pinhel: Pinhel Editora.
Caetano, Ana Cristina Maia (2003). Contributos para o Estudo do Teatro em Moçambique. Dissertaçao de Mestrado
Rebello, F. L. (1991). História do Teatro . Lisboa: Imprensa Nacional / Casa da Moeda
Tato Fontaíña, L (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra
Barata, J. Oliveira (1991). História do Teatro Portugués. Lisboa: Universidade Aberta
Garcia Mendes, Miriam (1993). O negro e o teatro brasileiro. Sao Paulo-Rio de Janeiro-Brasília: Hucitec-IBAC
Magaldi, Sábato (2001). Panorama do teatro brasileiro. São Paulo: Global
Campoi García, Comba (2018). Sen medo ao demo: resistencia simbólica na Galiza da Posguerra:o teatro de títeres de Barriga Verde. Allariz: Dr. Alveiros
Lourenço Módia, C. & Biscainho-Fernandes, C-C (2000). Talía na Crónica de Nós. Dez anos de teatro galego (1990-1999). Ourense: Abano
(2003). Teatro galego. Setepalcos 4. Coimbra: Cena Lusófona
Biscainho-Fernandes, C-C (2008). Un país desde as táboas. 125 anos de teatro galego. Compostela: Xunta de Galicia

TEXTOS DRAMÁTICOS SUSCEPTÍBEIS DE SEREN COMENTADOS

Xaime Quintanilla, Donosiña.

Marcelino Mesquita, Uma anedota.

Otero Pedrayo, Teatro de máscaras.

Oswald de Andrade, A morta.

Almada Negreiros: Deseja-se mulher

Manuel Lourenzo, Defensa de Helena.

Gianfranco Guarnieri, Eles não usam black-tie

Roberto Vidal Bolaño, Laudamuco, Señor de Ningures

Chico Buarque, Roda viva

María Xosé Queizán, Antígona.

Hilda Hilst, O novo sistema.

Pepetela, A corda

Xesús Pisón, Teatro (Serpe, serpe. Natividade coruñesa. Guión para cinéfilos. Tambores en París. Lux Perpetua. Breviario Hamlet. Hamlet 2. Hamlet 3. Primeira comuñón. Venus Podre. Vampiros. Caricias. Aniversario de Medea).

Maria Estela Guedes, A boba.

Pessoa, Carlos J., Festas de garagem



Complementary Tato Fontaíña, L. (2001). A construción dun teatro nacional en Castelao. Castelao. Co pensamento en Galiza. Actas do Congreso. Pontevedra: AS-PG / Concello de Pontevedra. pp
Fernández Castro, X.M. (2011). A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia | Bertamiráns: Laiovento
Franco, Camilo (2012). Dez obras na vida de Vidal Bolaño. A Coruña: Biblos
Tato Fontaíña, L. (2013). Do teatro ao cinema. Obras dramáticas e guións cinematográficos de Ramón Otero Pedrayo. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Carvalho Calero, R (2000). Escritos sobre teatro. A Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral 'Francisco Pillado Mayor' da Universidade da Coruña
Vidal Ponte, R. (2014). Fóra de portas. Santiago: Positivas
Cruz, I. (2001). Historia do teatro português. Lisboa: Verbo
Vasques, Eugénia (2001). Mulheres que escreveram teatro no século XX em Portugal . Lisboa: Colibri
Martínez Teixeiro, Alva (2009). O Herói Incómodo. Utopia e Pessimismo no Teatro de Hilda Hilst. A Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor"
Cruz, I. (2005). O teatro português. Estrutura e transversalidade. A Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor"
Prado, Décio de Almeida (1993). Peças, pessoas, personagens. O teatro brasileiro de Procópio Ferreira a Cacilda Becker. Sao Paulo: Companhia das Letras
Pascual, Roberto (2013). Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro. Vigo: Xerais
Tato Fontaíña, L. (2013). Roberto Vidal Bolaño. Unha vida para o teatro. Noia: Toxossoutos
Barbosa, Pedro (2005). Teoría do Teatro Moderno. A hora zero. Porto: Edições Afrontamento
Pena, M. & Enríquez, G. (2013). Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Vigo: Galaxia
Pérez, Marta & Vanesa Sotelo (2013). “Tomar as rendas e crear á inversa: unha perspectiva feminista da creación escénica en Galicia”. En Revista Galega de Teatro nº 73: 7-16..


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Literatura Galega/613G02012
Portuguese Language 1/613G02022
Portuguese Literature 1/613G02026

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Portuguese Language 2/613G02035
Portuguese Literature 2/613G02037

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Esta materia ten continuidade en "Literatura e espectáculo", do Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.