Non presentado
- Terá a condición de Non presentado (NP)
quen non presente ningún traballo práctico nin concorra á proba
obxectiva no período oficial de avaliación. Por conseguinte, quen presente calquera traballo práctico e/ou realice a
proba obxectiva considerarase "Presentado" e será avaliado.
Traballos prácticos
- Soamente os alumnos con cualificación de NON PRESENTADO na primeira oportunidade poderán entregar os traballos propostos durante o curso para a segunda oportunidade. En caso de SUSPENSO na primeira oportunidade, só se poderán entregar de novo os traballos suspensos que sexan así calificados polo profesor.
- O retraso na entrega dos traballos levará consigo unha penalización na nota que aparecerá recollida na planificación docente na páxina web.
- De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, o plaxio dos traballos prácticos levará unha nota global de NON APTO, tanto ao estudante que presente material copiado como ao que o facilitara, e por tanto a cualificación de SUSPENSO na convocatoria anual.
Primeira e segunda oportunidade
- As cualificacións obtidas en actividades de solución de problemas serán válidas tan só para o curso académico no que se realicen.
Oportunidade adiantada de Decembro
- Para a avaliación da oportunidade adiantada aplicaranse os mesmos criterios.
Matrícula a tempo parcial
- Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se establecerán. Será obrigación do estudante comunicar a súa situación ao profesorado.
Cualificación exame
Os alumnos farán unha
proba escrita ao finalizar o cuadrimestre de acordo ao calendario oficial.
O exame constará dunha parte tipo test (40% da nota final) e unha parte
práctica (60%) de realización de pequenos programas. Nesta segunda parte o
alumno poderá consultar o manual de Python.
Alumnos de segunda matrícula e posteriores
- A avaliación basearase no recollido nesta guía. Dada a posibilidade de non asistir presencialmente por incompatibilidade cos horarios de segundo curso, realizarán a maiores unha serie de traballos prácticos ademáis dos propostos para os alumnos de primeira matrícula. Neste caso exisirase asistencia a titorías, bien presencialmente ou virtualmente.
* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobadas polo Consello de Goberno da Universidade dá Coruña o 19 de diciembro de 2013.