Datos Identificativos | 2020/21 | ||||||
Asignatura (*) | Análise Forense de Equipos | Código | 614530012 | ||||
Titulación |
|
||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | ||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | |||
Idioma |
|
||||||
Modalidade docente | Presencial | ||||||
Prerrequisitos | |||||||
Departamento | Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información Computación |
||||||
Coordinación | Correo electrónico | ||||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
||||
Web | http://faitic.uvigo.es | ||||||
Descrición xeral |
A análise forense de equipos consiste na aplicación de técnicas científicas e analíticas para identificar, preservar, analizar e presentar datos que sexan válidos dentro dun proceso legal. A materia "Análise Forense de Equipos" ten unha forte compoñente práctica. Comezarase con unha introdución a este campo, explicando conceptos clave. A continuación, estudiaranse fundamentos e metodoloxías de análise forense dende un punto de vista xenérico e aplicable a novos casos, pero tamén se estudiarán exemplos concretos baseados en casos reais. Nas prácticas de laboratorio, o/a alumno/a aprenderá a manexar diferentes ferramentas de análise forense e realizará prácticas simulando problemas reais. |
||||||
Plan de continxencia |
Plan de continxencia A: confinamento total ou parcial de estudantes e/ou profesores 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Mantéñense as metodoloxías docentes, coa excepción de que en lugar de realizarse de maneira presencial na aula, realizaranse coa axuda de ferramentas TIC, como se explica a continuación. *Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral: impartirase a través de videoconferencia. - Prácticas de laboratorio: Tanto a docencia, coma a defensa das prácticas, cando proceda, realizaranse a través de videoconferencia. - Proba obxectiva: realizarase a través de Moodle (faitic), en combinación con videoconferencia. - Exame de prácticas (segunda oportunidade e convocatoria extraordinaria): realizarase a través de videoconferencia. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas. - Moodle (faitic): Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. - Teams/Campusremoto: Durante as horas programadas de teoría e práctica. Tamén baixo demanda, para resolución de dúbidas. 4. Modificacións na avaliación - Non se realizarán cambios *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente. A maiores: - No caso de que non poidan realizarse presencialmente, levaranse a cabo segundo o indicado no apartado de "Metodoloxías". - Se por algún motivo xustificado o alumno non puidese realizar o exame final (proba obxectiva) no momento establecido, o exame pasará a realizarse a maior brevidade posible, pasando a ser unha proba oral por videoconferencia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha. Plan de continxencia B: número de estudantes exceda o aforo da aula 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Mantéñense as metodoloxías docentes, coa excepción de que ademais de realizarse de maneira presencial, realizaranse coa axuda de ferramentas TIC, como se explica a continuación *Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral: estableceranse dous grupos, que asistirán presencialmente semanas alternas. Empregarase videoconferencia, para que poidan acceder ás sesións os alumnos do grupo ao que non lle toca asistir presencialmente. - Prácticas de laboratorio: estableceranse dous grupos, que asistirán presencialmente semanas alternas. Empregarase videoconferencia, para que poidan acceder ás sesións os alumnos do grupo ao que non lle toca asistir presencialmente. Estableceranse quendas para a defensa das prácticas, cando proceda. - Proba obxectiva: buscarase unha aula alternativa, con aforo suficiente. - Exame de prácticas (segunda oportunidade e convocatoria extraordinaria): estableceranse quendas para a súa realización. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas. - Moodle (faitic): Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. - Teams/Campusremoto: Durante as horas programadas de teoría e práctica. Tamén baixo demanda, para resolución de dúbidas. 4. Modificacións na avaliación - Non se realizarán cambios *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente. A maiores: - No caso de que non poidan realizarse presencialmente, levaranse a cabo segundo o indicado no apartado de "Metodoloxías". - Se por algún motivo xustificado o alumno non puidese realizar o exame final (proba obxectiva) no momento establecido, o exame pasará a realizarse a maior brevidade posible, pasando a ser unha proba oral por videoconferencia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha. |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías |