Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A4 |
CE4 - Comprender e aplicar os métodos e técnicas de ciberseguridade aplicables ós datos, os equipos informáticos, as redes de comunicacións, as bases de datos, os programas e os servizos de información |
A9 |
CE9 - Ter capacidade para elaborar plans e proxectos de traballo no ámbito da ciberseguridade, claros, concisos e razoados |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B3 |
CB3 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formar xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B4 |
CB4 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións ---e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan--- a públicos especializados e non especializados de un modo claro e sen ambigüidades |
B6 |
CG1 - Ter capacidade de análisis e síntesis. Ter capacidade para proxectar, modelar, calcular e diseñar solucións de seguridade da información, as redes e/ou os sistemas de comunicacións en todos os ámbitos de aplicación |
B7 |
CG2 - Resolución de problemas. Ter capacidade de resolver, cos coñecementos adquiridos, problemas específicos do ámbito técnico da seguridade da información, as redes e/ou os sistemas de comunicacións |
B10 |
CG5 - Ter capacidade para aplicar os coñecementos teóricos na práctica, no marco de infraestructuras, equipamientos e aplicacións concretos, e suxeitos a requisitos de funcionamento específicos |
C4 |
CT4 - Valorar a importancia da seguridade da información no avance socioeconómico da sociedade |
C5 |
CT5 - Ter capacidade para comunicarse oralmente e por escrito en inglés |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer a seguridade nas diferentes capas relacionadas cos sistemas ubicuos e as tecnoloxías que
utilizan. |
AP4 AP9
|
BP2 BP3 BP4 BP6 BP7 BP10
|
CP4 CP5
|
Entender os problemas de seguridade asociados ao mundo ubicuo. |
AP4 AP9
|
BP2 BP3 BP4 BP6 BP10
|
CP4 CP5
|
Coñecer casos reais de ataques a sistemas ubicuos. |
AP4
|
BP2 BP3 BP4 BP10
|
CP4 CP5
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Seguridade física |
Elementos de hardware. Compoñentes.
- Buses de comunicación.
- Interfaces.
- Hardware criptográfico.
Ataques. |
Seguridade no middleware |
Seguridade no proceso de arrinque.
Seguridade no sistema operativo.
Control de acceso.
Cifrado.
Actualización do firmware. |
Seguridade nas comunicacións |
Comunicacións sen fíos.
Riscos e ameazas nas comunicacións |
Seguridade na percepción do contorno |
Ataques nos sistemas de posicionamento.
Ataques ás medidas dos sensores.
Privacidade |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A4 A9 B2 B3 B4 B6 B7 B10 C4 C5 |
10 |
20 |
30 |
Prácticas de laboratorio |
A4 A9 B2 B3 B4 B6 B7 |
10 |
35 |
45 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
|
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Realización en grupo do deseño, implementación e proba dun sistema IoT, poñendo especial énfase
na seguridade.
Realización en grupo de ataques á seguridade dos sistemas implementados por outros
compañeiros ou de terceiros.
Con esta metodoloxía traballaranse as competencias CB2, CB3, CB4, CG1, CG2, CG5, CE4, CE9, CT4
e CT5. |
Prácticas de laboratorio |
Exposición, por parte dos profesores, dos principais contidos teóricos relacionados coa seguridade
para sistemas ubicuos (seguridade empotrada, nas comunicacións e nos backends)
Con esta metodoloxía contribuirase a adquisición das competencias CB2, CB3, CB4, CG1, CG2, CE4
e CE9. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
Os profesores da materia proporcionarán atención individual e personalizada aos alumnos durante o
curso, solucionando as súas dúbidas e preguntas. As dúbidas atenderanse de forma presencial
(durante a propia sesión maxistral, ou durante o horario establecido para as titorias). O horario de
titorias establecerase ao principio do curso e publicarase na páxina web da materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A4 A9 B2 B3 B4 B6 B7 |
O alumnado dividirase en grupos para a realización do deseño,
implementación e proba dun sistema IoT, poñendo especial énfase na
seguridade.
O mesmo grupo realizará ataques á seguridade dos sistemas
implementados por outros compañeiros ou por terceiros.
O proxecto realizado, e o informe contendo o resultado dos ataques
completados (en canto á súa calidade e ao seu éxito) serán avaliados
despois da súa entrega valorando aspectos como como a corrección, a
calidade, as prestacións e as funcionalidades. Deberase entregar o
código, prototipos e documentación realizados. Así mesmo, será
necesario realizar unha presentación dos resultados.
Durante a realización do proxecto realizarase un seguimento continuo
do deseño e da evolución da implementación. Se os resultados
intermedios non son satisfactorios, poderase aplicar unha penalización
de ata o 20% da nota.
O seguimento será grupal e individual: cada un dos membros do grupo
debe documentar as tarefas desenvolvidas dentro do seu equipo e
responder sobre elas. |
80 |
Sesión maxistral |
A4 A9 B2 B3 B4 B6 B7 B10 C4 C5 |
Realizaranse un ou varios exames para avaliar a comprensión dos
contidos presentados nas sesións maxistrais. De haber máis de un
exame, a nota final será a media aritmética das distintas probas |
20 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia é necesario completar as distintas partes nas que se divide (exame ou exames acerca dos contidos expostos na sesión maxistral e proxectos). A nota final será o resultado de aplicar a media xeométrica ponderada da nota de cada unha das partes. Así, se a nota das sesións maxistrais é NT, e a nota do proxecto é NP, a nota final será: Nota = NT^0.2 ? NP^0.8 Durante o primeiro mes, os estudantes deberán indicar explicitamente e por escrito o seu desexo de cursar a materia seguindo a avaliación única. Noutro caso considerarase que seguen a avaliación continua. Aqueles que sigan a avaliacióncontinua non se poderán considerar "non presentados" unha vez se realice a entrega do primeiro cuestionario ou tarefa. Os alumnos que opten pola avaliación única deberán presentar adicionalmente un dossier que deberá defender presencialmente ante os profesores, onde se inclúan tódolos detalles sobre a realización das distintas tarefas, moi especialmente o proxecto. No caso de seguir a avaliación única, os alumnos deberán realizar o traballo de forma individual, salvo que o profesorado lles comunique explicitamente a autorización para realizalo en grupo. Segunda oportunidade Só poderán optar á segunda oportunidade aqueles alumnos que non superaron a primeira oportunidade (ao finalizar o cuadrimestre). A avaliación será a descrita nos apartados anteriores, pero adicionalmente será preciso presentar un dossier que deberá ser defendido presencialmente ante os profesores, onde se inclúan tódolos detalles sobre a realización das distintas tarefas, moi especialmente o proxecto. Aqueles estudantes que seguisen a avaliación continua poden optar por manter as notas obtidas na primeira oportunidade para as distintas partes da materia ou descartalas. Outros comentarios As puntuacións obtidas só son válidas para o curso académico en vigor. Aínda que o proxecto se desenvolverá (na medida do posible) en grupos, os alumnos deben deixar evidencias do seu traballo individual dentro do grupo. No caso no que o rendemento dun alumno ou alumna non sexa acorde ao dos seus compañeiros de grupo, considerarase a súa expulsión do mesmo e/ou poderá ser avaliado de forma individual nesta parte. O uso de calquera material durante a realización dos exames terá que ser autorizado explicitamente polo profesorado. En caso de detección de plaxio ou de comportamento non ético nalgún dos traballos/probas realizadas, a cualificación final da materia será de "suspenso (0)" e os profesores comunicarán o asunto ás autoridades académicas para que tome as medidas oportunas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Brian Russell, Drew Van Duren (2016). Practical Internet of Things Security. Packt Publishing |
|
Bibliografía complementaria
|
Bruce Schneider (2015). Applied Cryptography: Protocols, Algorithms and Source Code in C. Wiley
Houbing Song, Glenn A. Fink, Sabina Jeschke (2018). Security and Privacy in Cyber-Physical Systems. Foundations, Principles, and Applications.. Wiley |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Seguridade da Información/614530003 | Test de Intrusión/614530008 | Fortificación de Sistemas Operativos/614530007 | Seguridade en Comunicacions/614530004 | Seguridade de Aplicacións/614530005 | Redes Seguras/614530006 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|