Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A18 |
Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura das bases de datos, que permitan o seu adecuado uso, e o deseño e a análise e implementación de aplicacións baseadas nelas. |
A19 |
Coñecemento e aplicación das ferramentas necesarias para o almacenamento, procesamento e acceso aos sistemas de información, incluídos os baseados en web. |
B1 |
Capacidade de resolución de problemas |
B3 |
Capacidade de análise e síntese |
B4 |
Capacidade para organizar e planificar |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecemento e comprensión dos conceptos, principios e teorías básicas relacionadas coas bases de datos relacionais. |
A18
|
B3
|
C7
|
Capacidade de modelar e deseñar bases de datos relacionais co obxectivo de permitir o almacenamento da información necesaria para dominios de aplicación concretos, tendo especial coidado coa integridade dos propios datos e as necesidades da organización á que está destinada a base de datos. |
A18
|
B1 B3 B4
|
C3 C6
|
Capacidade de administrar e utilizar bases de datos relacionais mediante a execución de sentencias SQL. |
A18 A19
|
B1 B3
|
C3 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bases de datos relacionais |
Linguaxe SQL: consultas avanzadas, DDL, SQL embebido, vistas. |
Deseño de Bases de Datos |
Problemas de deseño (Anomalías)
Fases de deseño
Normalización
Deseño conceptual
Paso de ER a modelo Relacional
|
Sistemas de ficheiros |
Ficheiros
Índices.
|
Concurrencia e recuperación ante fallos |
Problemas debidos á concurrencia e fallos
Transaccións
Técnicas de recuperación ante fallos
Técnicas de control da concurrencia |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A18 A19 C6 C7 |
22 |
22 |
44 |
Solución de problemas |
A18 B1 B3 C6 |
22 |
33 |
55 |
Prácticas de laboratorio |
A18 A19 B1 B3 B4 C3 C6 |
17 |
25.5 |
42.5 |
Proba mixta |
A18 B1 B3 C6 |
3 |
4.5 |
7.5 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
* Grupos de docencia teórica presencial: clases teóricas de aula.
* Grupo de docencia teórica non presencial: combinación de sesións de Teams on-line (síncronas) e vídeos (asíncronos).
Durante estas sesións exporanse os contidos fundamentais da materia. Constan de exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resumen. |
Solución de problemas |
* Grupos de docencia teórica presencial: clases de problemas no aula.
* Grupo de docencia teórica non presencial: combinación de sesións de Teams on-line (síncronas) e vídeos (asíncronos).
Sesións de problemas onde primeiro se expón un problema a solucionar. A continuación, déixase algún tempo para que o/a alumno/a intente solucionalo e reflexione sobre distintos aspectos a tratar para resolvelo. Finalmente resólvese, posiblemente mostrando erros típicos nas solucións aportadas polos alumnos/as. |
Prácticas de laboratorio |
* Clases presenciais en todos os grupos de docencia.
Nas clases de laboratorio expóñense os coñecementos necesarios para adquirir as habilidades propostas. Nas prácticas de laboratorio realizaranse os exercicios que leven a desenvolver as súas competencias procedimentais.
Nestas clases os estudiantes realizarán tamén o deseño e implementación dunha base de datos relacional, que o estudante deberá desenvolver pola súa conta, coa asistencia puntual dos docentes. |
Proba mixta |
Probas presenciais a realizar en tempo limitado, nas que se evalúan coñecementos tanto teóricos como prácticos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Nas prácticas de laboratorio haberá unha atención semi-personalizada (ao existir grupos de arredor de 15/20 persoas). O profesor atenderá dúbidas puntuais a cada estudante en cada posto de traballo (computador).
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A18 B1 B3 C6 |
Tanto na PRIMEIRA OPORTUNIDADE como na SEGUNDA OPORTUNIDADE haberá que superar unha proba escrita convencional que suporá o 60% do global da nota.
Para aprobar a materia globalmente hai que conseguir na proba escrita unha NOTA MÍNIMA de 3 (sobre 6). Non sendo así, a nota máxima GLOBAL da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 (e polo tanto a materia se considerará SUSPENSA)
Puntuación máxima: 6 puntos
Nota mínima para aprobar: 3 (sobre 6)
|
60 |
Prácticas de laboratorio |
A18 A19 B1 B3 B4 C3 C6 |
Para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
-Proba de linguaxe SQL (Puntuación máxima 2 pt).
-Deseño e implementación dunha BD (Puntuación máxima 2 pt).
Para a SEGUNDA OPORTUNIDADE:
-Proba de linguaxe SQL (Puntuación máxima 2 pt).
-A nota correspondente ao deseño e implementación dunha BD non se pode recuperar. Consérvase a nota da primeira oportunidade
|
40 |
|
Observacións avaliación |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE - Na PRIMEIRA OPORTUNIDADE terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non realice a proba escrita.
- De acordo coa a normativa da UDC, de superaren a asignatura na PRIMEIRA OPORTUNIDADE, o/a estudante non poderá volver a presentarse na SEGUNDA OPORTUNIDADE para intentar mellorar a súa nota.
- Se se suspende a asignatura na PRIMEIRA OPORTUNIDADE, o/a estudante pode decidir volver a avaliarse da proba de linguaxe de SQL ou da proba escrita (ou de ambas) na SEGUNDA OPORTUNIDADE.
SEGUNDA OPORTUNIDADE - Na SEGUNDA OPORTUNIDADE terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non opte a recuperar ningunha das partes (proba escrita e/ou proba de linguaxe SQL)
- No caso de realizar a recuperación dunha proba, a nota final na proba será a que obteña nesta segunda oportunidade (sexa maior ou menor que a da primeira oportunidade).
- Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de unha das dúas probas, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa proba.
DISPENSA ACADÉMICA - Aqueles/as
estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles
exima da asistencia ás clases poderán realizar (e entregar) a
totalidade (ou parte) das prácticas e traballos pola súa conta. No caso
de actividades que requiran dun equipamento específico, ou planificadas
nunha data e hora concretas, se lles facilitará, dentro do posible, unha
alternativa viable se a solicitan.
OPORTUNIDADE ADIANTADA - A avaliación na oportunidade adiantada consistirá unicamente nunha
proba escrita que computará o 100% da cualificación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
A. Silberschatz; H. Korth; S. Sudarshan (2010). Database System Concepts. McGraw Hill
Elmasri, R.; Navathe, S. (2011). Database systems: models, languages, design, and application programming. Addison-Wesley
Alan Beaulieu (2009). Learning SQL (2nd Ed). O'Reilly |
|
Bibliografía complementaria
|
Cuadra, D.; Castro, E.; Iglesias, A. M.; Martínez, P.; Calle, F. J.; de Pablo, C.; Al-Jumaly, H.; Mo (2007). Desarrollo de Bases de Datos: casos prácticos desde el análisis a la implementación. Madrid: Ra-ma
de Miguel, A,; Martínez, P.; Castro, E.; Cavero, M., Cuadra, D.; Iglesias, A. M.; Nieto, C. (2001). Diseño de bases de datos. Problemas resueltos. Madrid: Ra-ma |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Informática Básica/614G01002 | Programación II/614G01006 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|