Identifying Data | 2020/21 | ||||||||
Subject (*) | Enterprise Information Systems | Code | 614G01073 | ||||||
Study programme |
|
||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | ||||
Graduate | 1st four-month period |
Fourth | Optional | 6 | |||||
Language |
|
||||||||
Teaching method | Hybrid | ||||||||
Prerequisites | |||||||||
Department | Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información Computación |
||||||||
Coordinador |
|
|
|||||||
Lecturers |
|
|
|||||||
Web | |||||||||
General description |
A influencia das Tecnoloxías da Información é cada vez maior nas organizacións pasando de dar soporte ás actividades operativas ao apoio á toma de decisións e xestión. Ademais, o entorno cada vez máis competitivo e esixente no que teñen que moverse as organizacións fai que teñan que mellorar a súa xestión e a integración das distintas áreas para poder ofrecer un mellor servizo. Nesta materia trataranse os Sistemas Informáticos que integran a información xerada polas distintas actividades da empresa, facilitando o seu seguimento e servindo de soporte á toma de decisións e á xestión da organización. |
||||||||
Contingency plan |
1. Modificacións nos contidos Non se realizan cambios nos contidos da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen A maior parte das metodoloxías docentes mantéñense pero adaptando a súa realización á docencia exclusivamente non presencial mediante as ferramentas proporcionadas pola UDC (Moodle, Teams, e-mail, chamadas telefónicas desviadas dende o despacho ao móbil persoal). Así temos: - Traballos tutelados: por medio do canal de Teams (videochamadas, chat, chamadas de audio) da materia para o seguimento e consulta de dúbidas. A entrega realízase nunha tarefa de Moodle. - Prácticas de laboratorio: por medio do canal de Teams (videochamadas, chat, chamadas de audio) da materia para a explicación e consultas das dúbidas sobre as mesmas. Ademais, a contorna de desenvolvemento das prácticas permite que sexan realizadas nos equipos dos alumnos/as. A entrega realízase nunha tarefa de Moodle. - Presentación oral: a exposición dos traballos tutelados farase por medio do canal de Teams da materia (reunión) e en casos excepcionais mediante o envío dun vídeo gravado polos alumnos/as. A entrega realízase nunha tarefa de Moodle. - Sesión maxistral: por medio da organización do canal de Teams (reunión) da materia. A documentación publícase en Moodle. *Metodoloxías docentes que se modifican Proba obxectiva: no caso dunha situación de excepcionalidade se substitúe o exame pola entrega duns exercicios prácticos dos principais temas impartidos nas clases maxistrais. A puntuación na avaliación da proba intercámbiase coa dos traballos. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Moodle. Temporalidade: A lo menos unha vez á semana. Realízase a publicación dos contidos, tarefas, mensaxes en foros, etc. necesarios para o seguimento normal da materia. Ademais, independentemente destas publicacións, respóndese ás consultas do alumnado o antes posible. - Teams. Temporalidade: A lo menos dúas veces á semana. Videochamada, chamada de audio, chamada telefónica en caso de falta de conectividade. Realízase para a docencia non presencial da materia, cumprindo os horarios do calendario académico establecidos polo centro. Ademais, independentemente deste horario, respóndese ás consultas do alumnado no equipo da materia o antes posible. Conexión para resolución de dúbidas prácticamente a diario. 4. Modificacións na avaliación *Metodoloxía: Peso na cualificación-Descrición - Traballos tutelados: 20%-Avaliarase a calidade e exposición dos traballos realizados. - Prácticas de laboratorio: 40%-Seguimento das prácticas de laboratorio. - Exercicios prácticos: 40%-Actividades prácticas dos principais temas impartidos nas clases maxistrais. - Proba obxectiva: 0%-Proba de avaliación dos coñecementos teórico/prácticos da materia. *Observacións de avaliación: No caso dunha situación de excepcionalidade e tendo en conta que se está a realizar unha avaliación continua mediante traballos prácticos de cada tema, decídese substituír a proba obxectiva pola entrega de novas tarefas. O peso da avaliación da proba intercámbiase entre eles. Estes criterios aplícanse á avaliación de alumnos/as que se presenten tanto á primeira como á segunda oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizan cambios na bibliografía. |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation. |