Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A22 |
CE22 - Coñecemento de esquemas prácticos de representación dixital dunha fonte, con especial atención ás fontes de audio, imaxe e vídeo |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B7 |
CG2 - Elaborar adecuadamente e con certa orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, redactar plans, proxectos de traballo, artigos científicos e formular hipóteses razoables. |
B8 |
CG3 - Ser capaz de manter e estender formulacións teóricas fundadas para permitir a introdución e explotación de tecnoloxías novas e avanzadas no campo. |
B9 |
CG4 - Capacidade para abordar con éxito todas as etapas dun proxecto de datos: exploración previa dos datos, preprocesado, análise, visualización e comunicación de resultados. |
B10 |
CG5 - Ser capaz de traballar en equipo, especialmente de carácter multidisciplinar, e ser hábiles na xestión do tempo, persoas e toma de decisións. |
C1 |
CT1 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Aprender a medir a cantidade de información dunha fonte, os conceptos de entropía e redundancia, e o teorema de codificación de fonte. |
A22
|
B3 B8 B9
|
C1
|
Coñecer algúns algoritmos prácticos de codificación de fontes discretas |
A22
|
B3 B8
|
C1
|
Familiarizarse co problema da representación dixital de fontes continuas e a operación de cuantificación. |
A22
|
B2 B8 B10
|
C1
|
Aprender os fundamentos da codificación de fontes continuas e a súa aplicación ás fontes de audio, imaxe e vídeo. |
A22
|
B2 B3 B7 B8
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Cuantificación e codificación de fontes continuas. |
Niveis de cuantificación.
Salto de cuantificación.
Erro de cuantificación. Relación sinal a ruído de cuantificación.
Cuantificación lineal vs non lineal.
Codificación: Pulse Code Modulation (PCM); PCM diferencial (DPCM); DPCM adaptativa (ADPCM). |
Codificación de fontes discretas. |
Concepto de información.
Entropía dunha fonte dixital.
Teorema de codificación de fonte
Codificación entrópica. Algoritmo de Huffman.
Codificación de textos. Algoritmo Lempel- Ziv- Welch.
Códigos detectores e correctores. Códigos de Hamming. |
Filtrado dixital. |
Sistemas FIR e IIR.
Segmentación e enventanado.
Filtros dixitais.
Transformada de Fourier discreta.
Transformada Z. Función sistema: polos e ceros. |
Voz. |
Fundamentos do sinal de voz: Aparello bucal, fonemas e tipos de son.
Codificación do sinal de voz. LPC
Estándares de codificación de voz. |
Audio. |
Psicoacústica: curvas de sonoridade, apreciación frecuencial, enmascaramiento, bandas críticas.
Codificación e compresión do sinal de audio.
Estándares de codificación de audio. |
Imaxe. |
Luz, cor e as súas propiedades. Modelos de cor.
Fundamentos da representación dixital de imaxes: redundancia, predicción, filtrado.
Transformadas 2D: Fourier, DCT, Hadamard, Enteira, etc.
Codificación e compresión de imaxes. Métricas. Estándares. |
Vídeo. |
Fundamentos de representación e codificación dixital do vídeo: redundancia, predicción, compensación de movimiento, transformadas, filtrado.
Estándares de codificación y compresión de vídeo. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A22 B8 |
25 |
25 |
50 |
Solución de problemas |
B8 B3 |
7 |
8 |
15 |
Obradoiro |
B3 B9 B10 C1 |
15 |
7 |
22 |
Prácticas a través de TIC |
B2 B7 |
10 |
20 |
30 |
Proba mixta |
B3 B7 B8 |
3 |
20 |
23 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición dos contidos teóricos da materia dacordo co temario da mesma. |
Solución de problemas |
Resolución de coleccións de problemas presentados para comprender o contido teórico. |
Obradoiro |
Talleres previos ás prácticas de laboratorio para definir obxectivos, preparar o material necesario e orientar ao alumnado.
Consistirán en pequenos desenvolvementos que permitan aprender o manexo das ferramentas dispoñibles e a comprensión das técnicas de análise e procesado de sinais e sistemas. |
Prácticas a través de TIC |
As prácticas consistirán en traballos prácticos sobre casos reais de sinais de voz, audio, imaxe e vídeo. Estes traballos terán que ser entregados nun prazo limitado de tempo.
As prácticas non serán necesariamente presenciais, facilitando así a súa realización para o alumnado que non poida asistir ás sesións presenciais ou que o faga de xeito parcial mediante a modalidade de matriculación a tempo parcial. |
Proba mixta |
Proba obxectiva con preguntas de teoría e de solución de problemas dacordo cos contidos da materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Prácticas a través de TIC |
Solución de problemas |
|
Descrición |
Resolución de dúbidas do alumnado suscitadas tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de solución de problemas e de prácticas.
As titorías realizaranse a través de Teams.
Seguimento da aprendizaxe evolutiva do alumnado e da súa participación activa na dinámica da aula. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
B3 B9 B10 C1 |
Avaliación continua do traballo do alumno con probas semanais dos avances obtidos na semana previa. |
25 |
Prácticas a través de TIC |
B2 B7 |
A avaliación realizarase mediante o seguimento da entrega das prácticas e unha proba obxetiva. |
25 |
Proba mixta |
B3 B7 B8 |
Os conceptos teóricos expostos nas clases maxistrais e a capacidade do alumno para a solución de problemas vanse a avaliar na proba mixta final. |
50 |
|
Observacións avaliación |
A suma das cualificacións correspondentes ao obradoiro, as prácticas a través de TIC, e a proba mixta debe ser maior ou igual a 5 sobre 10. Esixirase unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 na proba mixta. No caso de non acadar a dita nota, a cualificación final do estudante vaise calcular como a suma da nota obtida nesta proba e o resultado de dividir por 2 a suma da nota obtida nos obradoiros e prácticas a través de TIC. Na segunda oportunidade poderanse avaliar soamente a proba mixta e a de prácticas, optando cada estudante por unha destas ou as dúas. Os resultados acadados na solución de problemas e nos obradoiros serán os que o alumnado obtivera na primeira oportunidade dacordo coa avaliación continua descrita nesta guía. Alumnado matriculado a tempo parcial: non se realizará a avaliación dos talleres nin da avaliación continua das prácticas (aínda que a entrega das prácticas será obrigatoria). Nestes casos, esas partes avaliaranse mediante unha proba que se realizará o mesmo día que a proba mixta. A proba mixta poderase dividir en dúas partes, cunha proba parcial no medio do cuadrimestre.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Rafael C. Gonzalez (2019). Digital Image Processing. Pearson India
Thomas M. Cover (2006). Elements of Information Theory. Wiley
Hwei P. Hsu (2020). Schaum's Outline of Signals and Systems 2020. McGraw-Hill
Ian Vince McLoughlin (2016). Speech and Audio Processing: A Matlab-Based Approach. Cambridge University Press
John G. Proakis & Dimitris G. Manolakis (2007). Tratamiento digital de señales. Pearson Education |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Sinais e Sistemas/614G02014 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|