Identifying Data | 2020/21 | ||||||||
Subject (*) | Methodology of the Survey Research | Code | 615G01303 | ||||||
Study programme |
|
||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | ||||
Graduate | 1st four-month period |
Third | Obligatory | 6 | |||||
Language |
|
||||||||
Teaching method | Face-to-face | ||||||||
Prerequisites | |||||||||
Department | Socioloxía e Ciencias da Comunicación |
||||||||
Coordinador |
|
|
|||||||
Lecturers |
|
|
|||||||
Web | |||||||||
General description | O obxectivo xeral desta materia é coñecer e entender os procesos na realización dunha investigación mediante enquisa tanto no ámbito académico coma noutros ámbitos profesionais: desde o deseño, á posta en práctica, á análise dos datos e ao informe de resultados. | ||||||||
Contingency plan |
1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral (non computará na nota) Prácticas de laboratorio (computará na nota) Proxecto de investigación (computará na nota) Proba obxectiva (computará na nota) Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican Presentación oral: non se realizará. A avaliación desta metodoloxía incorpórase á realización do proxecto de investigación, que se acompañará dunha presentación power-point do traballo. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso para calquera tipo de consulta relacionada coa asignatura e solicitar titorías virtuais. A menos que haxa problemas técnicos, todas as comunicacións individuais se deberán dirixir preferentemente por esta vía. - Moodle: Diariamente. Para promover a participación do alumnado e a compresión dos contidos usaranse os foros temáticos asociados aos módulos da materia, na que o estudantado poida formular as consultas necesarias. Estes foros tamén se abriran para a comunicación sobre os traballos de investigación (só accesibles aos membros do grupo), de maneira que se poida facer o seguimento do traballo de investigación. - Teams: unha sesión semanal para todos/as alumnos/as na que se discuten os contidos teóricos, na franxa horaria que tén asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Outra sesión semanal en grupos reducidos na que se levan a cabo as prácticas de laboratorio, tamén na franxa horaria que tén asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Ademais do uso de voz, promoverase o uso do chat entre os alumnos para que a resolución de dúbidas sexa o máis eficiente posible. Unha vez ao mes aproximadamente organizarase unha sesión de Teams con cada un dos grupos dos traballos de investigación para completar o seguimento realizado a través de Moodle. 4. Modificacións na avaliación Prácticas de laboratorio (10%) - Entrega de dúas prácticas nas datas establecidas Proxecto de investigación (50%). En relación ao proxecto de investigación valorarase: - A adecuación da metodoloxía aos obxectivos da investigación - O axuste entre os obxectivos e os conceptos a medir - A calidade da operacionalización - A calidade do cuestionario - O uso adecuado do software para a realización do cuestionario online - O uso das técnicas estatísticas adecuadas para a análise dos datos - A presentación dos resultados - A calidade da presentación power-point (que substitúe a presentación oral) Proba obxectiva (40%): comprenderá preguntas curtas e/ou de resposta múltiple, administrarase online en formato enquisa. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, cambiando o peso de cada unha das partes na avaliación global, tal e como se indica máis arriba. Unicamente non computarán na nota final a participación nas sesións maxistrais. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Os materias de traballo poñeranse a disposición de forma dixitalizada no Moodle. |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation. |