Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A5 |
E05 - Aptitude ou capacidade para a conservación da obra pesada, mediante a inspección, a análise, o control de calidade, a definición das condicións de mantemento e a estimación da seguridade das estruturas de edificación, incluídas as súas posibles cimentacións, podendo igualmente afrontar a redacción de proxectos de reparación e reforzo, e a dirección da execución asociada. |
A8 |
E08 - Aptitude ou capacidade para redactar informes técnicos e proxectos de rehabilitación do patrimonio edificado, incluídas actividades de asesoramento e consultoría. |
B1 |
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B2 |
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B4 |
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e as razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
C1 |
T01 - Capacidade de análise e síntese |
C4 |
T04 - Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo |
C5 |
T05 - Capacidade para a xestión da información |
C6 |
T06 - Resolución de problemas |
C12 |
T12 - Comprensión numérica |
C13 |
T13 - Intuición mecánica |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir coñecementos xenéricos sobre técnicas instrumentais de auscultación e seguimento de construcións históricas. |
AP5 AP8
|
|
|
Profundar no estudo do comportamento mecánico da obra de fábrica e dos modelos que permiten abordar a súa caracterización analítica. |
AP5 AP8
|
|
|
Propor unha aproximación ás técnicas de diagnose estrutural de edificacións con valor histórico e obras de rehabilitación en xeral, utilizando aplicacións informáticas baseadas na programación de métodos numéricos. |
AP5 AP8
|
BP1 BP2
|
CP4 CP6 CP12 CP13
|
Familiarizarse coa utilización de ferramentas que faciliten as tarefas de inspección e control técnico, e que poidan servir para analizar as repercusións a ter en conta ante unha determinada intervención. |
AP5 AP8
|
BP1 BP2
|
CP4 CP6 CP12 CP13
|
Fomentar o desenvolvemento de capacidades actitudinais de carácter autónomo: tendencia á aprendizaxe continua, habilidade para resolver problemas de forma efectiva, capacidades de análise e síntese, organización e planificación persoal, xestión produtiva da documentación, e utilización de tecnoloxías da información e das comunicacións. |
|
BP4
|
CP1 CP5
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Principios, técnicas e ferramentas para a toma de datos. |
|
Complementariedade de técnicas instrumentais e analíticas. |
|
Comportamento mecánico da obra de fábrica. |
|
Técnicas de simulación numérica. |
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A5 B1 B2 |
12 |
12 |
24 |
Obradoiro |
A5 B1 B2 C4 C6 C12 C13 |
9 |
13.5 |
22.5 |
Solución de problemas |
A5 B1 B2 C4 C6 C12 C13 |
0 |
5 |
5 |
Traballos tutelados |
A5 A8 B1 B2 B4 C1 C4 C5 C6 C12 C13 |
0 |
22.5 |
22.5 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Aplícase unha metodoloxía expositiva complementada mediante medios audiovisuais, co fin de ilustrar significativamente os contidos tratados e de facilitar a súa comprensión.
No entanto, e con independencia do anterior, durante as devanditas sesións perséguese alcanzar unha certa cota de participación por parte do alumnado, potenciando a súa implicación, fomentando a retroalimentación do proceso (e por tanto o carácter bidireccional da comunicación), e dinamizando os mecanismos de aprendizaxe mediante técnicas de interacción.
|
Obradoiro |
Proponse a exercitación mediante prácticas guiadas desenvolvidas con medios informáticos.
Contempla a adquisición dunha metodoloxía operativa sobre a base de supostos prácticos cun nivel crecente de complexidade.
|
Solución de problemas |
Proponse probas de carácter práctico, nas que se ha de afrontar situacións problemáticas concretas, deseñadas a partir dos contidos traballados previamente. |
Traballos tutelados |
A metodoloxía docente oriéntase basicamente segundo o criterio da aprendizaxe na acción, a efectos de potenciar a adquisición de destrezas específicas. Neste contexto cobra protagonismo a elaboración dun traballo amplo, onde conflúen as competencias profesionalizantes da materia, ligadas por tanto á utilización de aplicacións de análise numérica, con outras de carácter transversal, como son, entre outras, a procura de documentación (a miúdo facendo uso de novas tecnoloxías), a organización e planificación de actividades, a xestión da información, ou a expresión oral e escrita. De forma esquemática, distínguense os seguintes pasos: selección do tema, elaboración dun guión de traballo xenérico, exame in situ, reportaxe fotográfica, levantamento planimétrico, localización e consulta de fontes de referencia, construción e axuste de modelos, interpretación de resultados, e redacción dunha memoria final que atenda á totalidade do traballo. Dado o carácter tutelado do mesmo, deben producirse sesións periódicas de seguimento co profesorado, a fin de optimizar ou, no seu caso, reconducir as actividades en curso. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Dada a especificidade dos contidos ligados á materia, e o diferente nivel de formación informática con que o alumnado pode acceder á mesma, enténdese crucial articular mecanismos de atención personalizada que atendan ás posibles singularidades. A tales efectos, recórrese ao desenvolvemento de tutorías presenciais e consultas a través dos recursos da plataforma virtual. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A5 A8 B1 B2 B4 C1 C4 C5 C6 C12 C13 |
O seu desenvolvemento enténdese plenamente individual e de natureza non presencial. Para garantir a autoría do traballo, e a adecuada adquisición de competencias, na súa avaliación enténdense relevantes as sucesivas sesións de control, e por tanto o grao de cumprimento con relación ás indicacións formuladas en cada caso polo profesorado. Outros aspectos a valorar son: a profundidade e rigor do desenvolvemento; a procura de fontes de información; as relacións construídas entre os diferentes apartados; as capacidades de análise e síntese; a corrección do estudo metodolóxico, da diagnose construtiva e estrutural, das modelizacións e das oportunas conclusións; a argumentación; e a calidade gramatical, gráfica e técnica da documentación final. |
100 |
|
Observacións avaliación |
Como nas restantes materias que integran o presente posgrao,
esíxese ademais unha asistencia non inferior ao 80% relativa á totalidade das
sesións presenciais programadas. Este requisito non terá efecto cos estudantes que teñan recoñecida unha dedicación a tempo parcial segundo a Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión de estudantes de grao e máster na UDC.
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Requírense unhas determinadas destrezas na utilización de ferramentas de deseño asistido por computador, así como uns coñecementos elementais sobre as bases teóricas do método de elementos finitos. |
|