Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A1 |
CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios. |
A2 |
CE2 - Auditar unha organización e deseñar planes de consulta (por exemplo lexislación impositiva, inversións, estudo de casos, proxecto de traballo). |
A3 |
CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas. |
A5 |
CE5 - Comprender a tecnoloxía nova e existente e o seu impacto para os novos/futuros mercados. |
A9 |
CE9 - Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios. |
A10 |
CE10 - Comprender e utilizar sistemas contables e financeiros. |
A13 |
CE13 - Xestión dunha compañía a partir da planificación e control, utilizando conceptos, métodos e ferramentas. |
A14 |
CE14 - Xestionar as operacións da empresa. |
A15 |
CE15 - Xestionar os recursos financeiros. |
A18 |
CE18 - Identificar as características dunha organización. |
A20 |
CE20 - Identificar e operar o software adecuado. Deseñar e implementar sistemas de información. |
A21 |
CE21 - Identificar e utilizar as ferramentas adecuadas de matemáticas e estatística. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas. |
B7 |
CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias. |
B8 |
CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable. |
B9 |
CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida. |
B10 |
CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas. |
B11 |
CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados. |
B12 |
CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros. |
B13 |
CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse. |
B14 |
CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. |
C1 |
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Coñecer os principios que rexen o funcionamento das leis financeiras utilizadas na práctica, xunto coa súa aplicación a operacións financeiras concretas. |
A1 A5 A9 A10 A15 A20 A21
|
B1 B2 B13
|
C3 C7
|
Coñecer e identificar o concepto de operación financeira, así como dos seus compoñentes, custos e rendementos. Saber utilizar estes conceptos en operacións financeiras concretas e, particularmente, nos conceptos de TAE e Custo Amortizado. |
A1 A5 A9 A15 A18 A20 A21
|
B1 B2 B3 B6 B13
|
C3 C6 C7
|
Ser capaz de valorar rendas financeiras así como identificar en que operacións económico-finaniceras e para que han de ser aplicados tales valores. |
A1 A5 A9 A15 A20 A21
|
B1 B2 B4 B7 B13
|
C3 C7
|
Coñecer, valorar e desenvolver operacións de préstamo, tanto dende o punto de vista do prestamista coma do prestatario. |
A1 A2 A5 A9 A15 A20 A21
|
B1 B2 B13
|
C3 C7
|
Utilizar as ferramentas informáticas axeitadas para lograr máis eficienica nos cálculos necesarios nos apartados anteriores. |
A1 A5 A9 A15 A20 A21
|
B1 B2 B13
|
C3 C7
|
-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
|
A1 A3 A5 A9 A13 A14 A15 A20 A21
|
B1 B2 B5 B8 B9 B13
|
C3 C5 C7
|
- Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais
-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización
-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas.
-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados
-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
|
A1 A5 A9 A15 A20 A21
|
B1 B2 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C2 C3 C4 C7 C8
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
Leis financeiras. Conceptos xerais |
1. Concepto de ben económico.
2. A actividade económica e a actividade financeira.
3. Concepto de capìtal financeiro e representación gráfica.
4. Proxección financeira: concepto e clases.
5. Leis financeiras: concepto, características e propiedades.
6. Equivalencia e orde financeiras.
7. Magnitudes derivadas.
8. Sistemas financeiros. Concepto e clases.
9. Operacións con capitais financeiros
|
Leis financieiras utilizadas na práctica. |
1. Capitalización simple e composta.
2. Desconto simple comercial e racional ou matemático. Desconto composto comercial e racional.
3. Capitalización continua.
4. Tipos de interese equivalentes.
5. Suma financeira e capital unificado. |
Operacións financeiras. |
1. Concepto, clases e compoñentes. O equilibrio financeiro.
2. Reserva matemática ou saldo financeiro. Concepto e métodos de determinación.
3. Custos e rendementos efectivos.
4. Aplicacións prácticas. O concepto de TAE. O custo e rendemento efectivos nas normas de valoración do Plan Xeral de Contabilidade. O cadro de Custo Amortizado de acordo ás normas de valoración do Plan Xeral de Contabilidade. |
Valoración de rendas. |
1. Concepto, compoñentes e clases de rendas.
2. Valoración de rendas. Método xeral e casos particulares.
3. Aplicacións prácticas. Obtención do Valor Actual Neto ou Valor Capital dun investimento. Constitución de capitais. |
Operacións de préstamo. |
1. Concepto de préstamo. Tipoloxía dos préstamos.
2. O equilibrio financeiro nas operacións de préstamo.
3. Cadros de amortización. Concepto, clases e obtención destes segundo as diferentes tipoloxías.
4. Valor financiero de un préstamo.
5. Características comerciais dos préstamos: a carencia e o reembolso anticipado.
6. O cálculo do custo efectivo para o prestatario, do rendemento para o prestamista e da TAE e o CER segundo normativa do Banco de España. |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Mixed objective/subjective test |
A1 A5 A9 A15 A20 A21 B1 B2 B11 B13 C1 C3 C6 C7 |
2 |
12 |
14 |
Short answer questions |
A10 B3 B4 |
4 |
8 |
12 |
Problem solving |
A2 B3 B4 B5 B11 B12 C2 C4 C5 |
25 |
50 |
75 |
Seminar |
B9 B10 |
4 |
0 |
4 |
Guest lecture / keynote speech |
A3 A10 A13 A14 A18 B6 B7 B8 B14 C8 |
14 |
30 |
44 |
|
Personalized attention |
|
1 |
0 |
1 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Mixed objective/subjective test |
1. Consiste nun exame teórico-práctico dos contidos da materia, con preguntas curtas, preguntas a desenvolver, preguntas sobre supostos prácticos, preguntas tipo test (verdadeiro/falso), preguntas de resposta múltiple ou unha combinación dos tipos mencionados.
2. O exame pode ser oral ou escrito. De non se publicar nada en contrario na páxina web da materia (Moodle) con 48 horas de antelación, o exame será escrito.
3. Celebraranse nas datas, horas e aulas que o Decanato fixe oficialmente.
|
Short answer questions |
1. Consisten nun exame sobre unha parte da materia e pode ser de respostas curtas, de tipo test (verdadeiro/falso), de resposta múltiple, de preguntas a desenvolver e de preguntas sobre supostos prácticos ou unha combinación delas.
2. O exame pode ser oral ou escrito. De non dicirse nada en contrario na convocatoria da proba en Moodle, o exame será escrito. A súa duración é de entre 20 e 60 minutos.
3. O grupo pode subdividirse para a realización das probas en cuantos subgrupos considerense axeitados
|
Problem solving |
1. Exposición e solución de exemplos prácticos acerca dos contidos teóricos.
2. As prácticas e exemplos se intercalan cos contidos teóricos co fin de facilitar a comprensión da materia.
3. Na solución dos exemplos prácticos o alumno pode intervir: a) a iniciativa propia, tras pedir quenda de palabra b) por iniciativa do profesor, que solicitará expresamente a intervención do alumno.
4. Formularanse exercicios a realizar polo alumno en horas non presenciais ou de traballo autónomo. En horas presenciais posteriores farase unha revisión dos exercicios na que o alumno pode intervir e abrirase a correspondente quenda de preguntas co fin de aclarar aqueles aspectos que o alumno formule sobre o contido destas .
|
Seminar |
É un total de 4 horas adicionais de docencia a impartir ao longo do semestre en pequenos grupos de estudantes.
Faranse a través dos equipos de Microsoft fóra da hora normal da clase na data e hora acordadas co profesor.
Os obxectivos do seminario son:
a) Discutir co alumno calquera dúbida teórica sobre a parte de materia explicada ata ese momento
b) Resolución de exercicios da parte de materia explicada ata ese momento
|
Guest lecture / keynote speech |
1. Exposición nas clases presenciais dos contidos teóricos e prácticos da materia co obxecto de que oriente o alumno na súa preparación.
2. O tempo dedicado a cada un dos capítulos en que está dividida a materia será proporcional ao grao de dificultade na preparación destes e á súa extensión, de modo tal que non se dedicará o mesmo tempo a cada un dos capítulos, senón que se profundará máis nuns que noutros. Todo iso, a xuízo do profesor que imparte a materia.
3. Para a preparación dos capítulos de menor dificultade de comprensión poderíase remitir ao alumno á bibliografía, aínda que nese caso nas clases presenciais orientaráselle acerca de: a) que fontes concretas se recomenda utilizar b) que aspectos son os máis relevantes e de maior interese en orde a alcanzar os resultados da aprendizaxe establecidos para a materia.
|
Personalized attention |
Methodologies
|
Short answer questions |
Guest lecture / keynote speech |
Seminar |
Problem solving |
|
Description |
1. Na sesión maxistral, o alumno pode intervir, despois de pedir a palabra, para preguntar, aclarar ou presentar o seu punto de vista sobre o tema que se está a debater no momento da súa intervención.
2. Na solución de problemas e nos seminarios o alumno pode intervir tal e como se expón na sección de metodoloxías.
3. Nos horarios de titoría fixados por cada docente, o alumno será atendido, previa solicitude de cita e cos límites establecidos pola normativa de dedicación docente da facultade da UDC para aclarar aquelas dúbidas que xurdan para a preparación da materia. .
4. Sen mencionar a persoa que evacuou a consulta, pode publicarse en Moodle, xunto coa súa resposta, para que outros estudantes poidan aproveitalo. Todo isto se o profesor o considera adecuado e de interese xeral.
5. Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia, acordarán ao comezo do curso un calendario específico de titorías compatibles coa súa dedicación. Para iso, debes contactar co profesor durante os dez primeiros días do semestre en que se imparte a materia. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Short answer questions |
A10 B3 B4 |
1. Tres probas ao longo do curso.
2. Cada unha delas supón o 20% da avaliación final, o que no seu conxunto supón o 60% desta.
3. Consisten nun exame seguindo os criterios expostos en metodoloxías
|
60 |
Mixed objective/subjective test |
A1 A5 A9 A15 A20 A21 B1 B2 B11 B13 C1 C3 C6 C7 |
1. Trátase dunha única proba para cada unha das oportunidades de avaliación da convocatoria.
2. Supón o 40% da avaliación final.
3. Consiste nun exame seguindo os criterios expostos en metodoloxías.
4. Nos exames tipo test (verdadeiro/falso) e nas de resposta múltiple as preguntas mal respondidas puntuarán negativo. |
40 |
|
Assessment comments |
1. Cualificación
de non presentado. Corresponde ao alumno, cando só participa en actividades
de avaliación que teñen un peso inferior ao 20% sobre a nota final,
independentemente da nota acadada. 2. Segunda oportunidade. Para a segunda oportunidade de avaliación e co fin de garantir a posibilidade de que o alumno supere a materia, realizarase unha proba de avaliación continua adicional antes do exame final sobre toda a materia impartida. O valor desta proba
será de 4 puntos sobre 10 na avaliación final. A cualificación
final de segunda oportunidade será a suma da nota obtida no exame final de
segunda oportunidade (proba mixta) e a superior das duas seguintes: a) o obtida nas
probas de avaliación continua realizadas no primeiro semestre. b) a obtida na
citada proba adicional. 3. Convocatoria
adiantada. Só neste caso, haberá unha proba mixta dirixida a avaliar todas
as habilidades e contido da materia. O resultado obtido nesta proba coincidirá
coa nota final obtida polo alumno. 4. Estudantes con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de asistencia.
A avaliación destes estudantes rexerase polos mesmos criterios aplicados ao
resto do corpo estudantil. 5. Condicións de
avaliación . Os únicos utensilios cos que se permite o acceso ao sitio
da proba son os básicos para responder ao exame: lapis, bolígrafo ou lapis,
goma de borrar e calculadora electrónica non programable. Está expresamente
prohibido o acceso á sala de exames con: a) teléfonos móbiles e outros
dispositivos capaces de comunicación remota e / ou almacenamento de
información; b) notas, anotacións, libros ou material similar que non estivese
expresamente autorizado na sesión de exames ou na páxina web do asunto
(Moodle). O incumprimento desta norma supón que se considera que a proba de
fraude foi realizada e que independentemente de se a persoa que ten tales
dispositivos ou material indicado na sala de probas os utilizou ou non ao longo
deste. 6. Identificación do
alumno. O alumno deberá acreditar a súa personalidade de acordo coa
normativa vixente. 7. Outras observacións
de avaliación. As probas que non se realizaron puntuarán cero. As
realizadas con fraude supoñen a cualificación de cero puntos na avaliación
final. Os criterios de puntuación de
cada unha das probas anunciaranse no momento da proba e subministraranse xunto
coa declaración da proba. Nos exames de tipo test
(verdadeiro / falso) e en probas de elección múltiple, as preguntas mal contestadas
obterán unha nota negativa.
|
Sources of information |
Basic
|
Aguiar Maragoto, F. J. y Martínez Fernández, P. (2009). Apuntes de Análisis de las Operaciones Financieras.
J. Enríquez Díaz y R. Pesqueira Sanchez (2020). Matemáticas financieras. Teoría y práctica. Santiago. Andavira
Joaquín Enríquez Díaz (2018). Matemáticas financieras: a través de supuestos prácticos. A Coruña Repronor SL |
BIBLIOGRAFÍA ELECTRÓNICA: Ramón Pintado, T. María del Carmen Lozano Gutiérrez y Ramón Llorens, M. C. (2015). Matematicas de las operaciones financieras. Universidad Politécnica de Cartagena. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/44000 Tomás, N. (2015). Operaciones financieras en diversos escenarios. Ediciones UNL. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/78509 Pintado, T. R. (2016). Ejercicios resueltos: matemática de las operaciones financieras. Conceptos básicos. Universidad Politécnica de Cartagena. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/44005 Montero Espinosa Curso de matemáticas financieras https://www.youtube.com/channel/UCiSbnw9sZjvuxbp1s3zeIrQ David Moreno Muñoz, María Gutiérrez Urtiaga Ramón Pintado, T. María del Carmen Lozano Gutiérrez y Ramón Llorens, M. C. (2015). Matematicas de las operaciones financieras. Universidad Politécnica de Cartagena. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/44000 Giménez Morera, A. Soler Orts, L. y Pascual Plá, B. (2016). Aplicación práctica de las matemáticas de operaciones financieras y la contabilidad. Editorial de la Universidad Politécnica de Valencia. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/ereader/bibliotecaudc/57422 Ramón Pintado, T. Lozano Gutiérrez, M. C. y Ramón Llorens, M. C. (2016). Ejercicios resueltos: matemática de las operaciones financieras. Conceptos básicos. Universidad Politécnica de Cartagena. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/ereader/bibliotecaudc/44005 BIBLIOGRAFÍA ELECTRÓNICA (INGLÉS): Lozano Gutiérrez, M. C. y Ramón Llorens, M. C. (2017). Financial mathematics: fundamental concepts. Universidad Politécnica de Cartagena. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/ereader/bibliotecaudc/44010 |
Complementary
|
González Velasco, M. del C. (2007). Análisis de las operaciones financieras (Core Syllabus for Actuarial Training in Europe). Pamplona. Editorial Aranzadi, S.A.
Pallerola Comamala, J. (2008). Matemáica financiera para el nuevo Plan General de Contabilidad. Madrid. Editorial Ra-Ma
Bonilla Musoles, M., Ivars Escortell, A. y Moya Clemente, I. (2006). Matemática de la operaciones financieras. Teoría y práctica. Madrid. Ed. Thomson
Bravo Monroy, R. (2004). Matemáticas financieras. Teoría y ejercicios. Madrid. Editorial Centro de Estudios Ramón Areces
Cabello González, J. M. (2006). Valoraciónn financiera. Teoría y práctica con Excel. Madrid. Delta Publicaciones |
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
Financial Accounting I/611G02013 |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
Investment Theory/611G02020 | Finance Theory/611G02021 |
|
|