Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conduta das persoas, tanto sas como enfermas, no medio natural e social. |
A17 |
Comprender a importancia de actualizar os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que integran as competencias profesionais do fisioterapeuta. |
A19 |
Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C9 |
Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Dominar a terminoloxía anatómica, de modo que o alumnado coñeza a nomenclatura actualizada das estruturas anatómicas e adquira a capacidade de descricición destas estruturas empregando términos de orientación espacial. |
A1 A17 A19
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C8 C9
|
Desenvolver a capacidade de observación. |
A1 A17 A19
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C8 C9
|
Coñecer a morfoloxía xeral do corpo humano, a localización, a forma e a estructura dos seus órganos, sistemas e aparatos, así como as suas interrelacions. |
A1 A17 A19
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C8 C9
|
Coñecer a morfoloxía, a localización e as interrelaciones das estruturas anatómicas que constitúen, en particular, o aparato locomotor de membro superior e membro inferior, o sistema cardiocirculatorio e o aparato respiratorio. |
A1 A17 A19
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C8 C9
|
Identificar a forma e as relacións das diferentes estruturas anatómicas mediante o uso de esquemas, debuxos, fotografias, e modelos tridimensionais (maquetas). |
A1 A17 A19
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C8 C9
|
Comprender a función dos órganos e sistemas a través da posición, forma e estructura básica. |
A1 A17 A19
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C8 C9
|
Utilizar os coñecementos anatómicos no plantexamento e análise de problemas clínicos pertinentes. |
A1 A17 A19
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C8 C9
|
Alcanzar o nivel suficiente de coñecementos anatómicos para comprender outras áreas da titulación relacionadas e realizar cursos de especialización en diversos campos da Fisioterapia. |
A1 A17 A19
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C8 C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
IV. Membro superior. |
CONTIDOS:
1. Ósos do membro superior. Cintura escapular, úmero, radio e cúbito, ósos do carpo, ósos do metacarpo e dos dedos.
2. Articulacións do membro superior. Complexo articular do ombro. Articulacións do cóbado e radiocubital distal. Complexo articular do pulso. Articulacións da man.
3. Musculatura do membro superior. Musculatura do ombro. Musculatura do brazo. Musculatura do antebrazo. Musculatura da man.
4. Vascularización do membro superior.
5. Inervación do membro superior.
ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1. Estudar o esqueleto do membro superior nos ósos e nas maquetas do laboratorio de Anatomía Humana.
2. Estudar as articulacións do membro superior nas maquetas do laboratorio de Anatomía Humana.
3. Identificar músculos do membro superior nas maquetas do laboratorio de Anatomía Humana.
4. Identificar mediante palpación estruturas anatómicas do membro superior.
5. Valorar a acción de músculos do membro superior. |
V. Membro inferior. |
CONTIDOS:
1. Ósos do membro inferior. Cintura pelviana, fémur, tibia e peroné, ósos do tarso, ósos do metatarso e dos dedos.
2. Articulacións do membro inferior. Articulación sacroilíaca. Sínfise púbica. Articulación coxofemoral. Articulación do xeonllo. Articulación do nocello e articulacións tibioperoneas proximal e distal. Articulacións do pé.
3. Musculatura do membro inferior. Musculatura da rexión glútea. Musculatura do muslo. Musculatura da perna. Musculatura do pé.
4. Vascularización do membro inferior.
5. Inervación do membro inferior.
ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1. Estudar o esqueleto do membro inferior nos ósos e nas maquetas do laboratorio de Anatomía Humana.
2. Estudar as articulacións do membro inferior nas maquetas do laboratorio de Anatomía Humana.
3. Identificar músculos do membro inferior nas maquetas do laboratorio de Anatomía Humana.
4. Identificar mediante palpación estruturas anatómicas do membro inferior.
5. Valorar a acción de músculos do membro inferior. |
VI. Sistema cardiocirculatorio. |
CONTIDOS:
1. Corazón. Morfoloxía externa. Relacions. Vasos e nervios do corazón.
2. Corazón. Morfoloxía interna. Cavidades cardíacas.
3. Circulacion maior ou sistemica e circulacion menor ou pulmonar
4. Sistema linfático.
ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1. Estudar nas maquetas a morfoloxía do corazón.
2. Estudar nas maquetas os principais vasos sanguíneos. |
VII. Estesioloxía. |
CONTIDOS:
1. Sentido da visión. Anatomía do globo ocular e os seus anexos.
2. Sentido da audición. Anatomía do oído externo, oído medio e oído interno.
3. Sentidos do olfato, gusto y tacto.
ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1. Identificar nas maquetas as estructuras anatómicas do globo ocular.
2. Identificar nas maquetas os elementos anatómicos do oído externo, medio e interno. |
VIII. Esplacnoloxía. |
CONTIDOS:
1. Sistema Dixestivo. Cavidade oral e glándulas salivales. Farinxe e esófago. Estómago. Páncreas. Bazo. Fígado y vías biliares. Intestino delgado, intestino grueso, sigma, recto e ano. Peritoneo.
2.- Aparato Respiratorio. Cavidade nasal. Larinxe, tráquea e árbol bronquial. Pulmons, pleura e mediastino. Mecánica respiratoria.
3. Aparato Xénito-Urinario. Aparato urinario: ril, uréter, vexiga urinaria. Uretra. Glándula suprarrenal. Aparato xenital masculino e femenino: órganos xenitales internos y externos.
ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1. Identificar nas maquetas os componentes do aparato dixestivo.
2. Identificar nas maquetas os componentes do aparato respiratorio.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C8 C9 |
26 |
39 |
65 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A17 A19 B1 B4 B5 C1 C8 C9 |
20 |
30 |
50 |
Traballos tutelados |
A1 A17 A19 B1 B2 B4 B5 C1 C8 C9 |
0 |
9 |
9 |
Presentación oral |
A1 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C8 C9 |
3 |
0 |
3 |
Obradoiro |
A1 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C8 C9 |
0 |
16 |
16 |
Proba mixta |
A1 B3 B4 B5 C1 |
4 |
0 |
4 |
Proba obxectiva |
A1 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Clase que desenvolve os contidos teóricos dunha unidade temática. É unha clase participativa, favorecendo o intercambio de opinións e o debate. |
Prácticas de laboratorio |
Clases que desenvolven a un tempo contidos teóricos e prácticos dunha unidade temática. Ademais dos recursos da sesión maxistral (encerado, vídeo-proxección, etc.), empréganse como apoio á docenca as maquetas e os ósos da osteoteca do laboratorio de Anatomía Humana.
A docencia impártese a grupos reducidos, de modo que favorece a participación do alumnado mediante o intercambio de opinións, o debate e a resolución de problemas, permitindo así a atención personalizada.
Avaliación continua: valorarase a actitude, o interese pola aprendizaxe e a capacidade para solucionar problemas formulados polo profesorado. |
Traballos tutelados |
Avaliación continua. O alumnado deberá facer un traballo sobre un tema que estea relacionado co contido do programa.
Este traballo realizarase en grupo (mínimo, 2 estudantes; máximo, 4 estudantes). |
Presentación oral |
Avaliación continua. O alumnado deberá expoñer e defender o traballo tutelado diante do profesorado e resto do alumnado, respondendo a calquera dubida formulada tanto por calquera deles/as. |
Obradoiro |
Avaliación continua. Consiste en exercicios que o alumnado debe realizar (completar debuxos esquemáticos de estruturas anatómicas, identificar detalles anatómicos en debuxos esquemáticos, recoñecer mediante anatomía de superficie determinadas estruturas anatómicas, etc.). |
Proba mixta |
Avaliación continua. Exames tipo test e preguntas de resposta breve para determinar o nivel de comprensión e coñecemento da parte da materia examinada. |
Proba obxectiva |
Consiste nunha PROBA ESCRITA, que consta de dúas partes:
1. Preguntas curtas (entre 10 e 25), que requiren unha resposta breve, en xeral dunha extensión máxima de media páxina. Consisten en preguntas de desenvolvemento textual e láminas anatómicas para completar ou identificar elementos.
2. Exame tipo test de 48 preguntas, cada unha con catro opcións e unha única resposta. Non se puntúa negativo por resposta incorrecta, mais descártase para o aprobado o 25% das repostas correctas.
No caso do alumnado que conte cunha adaptación curricular concedida pola Unidade de Atención á Diversidade (ADI) da UDC na que se recolla a dificultade para a realización de exames escritos, poderase substituír a Proba Escrita por unha PROBA ORAL, que consistirá en preguntas de resposta breve. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Traballos tutelados |
Obradoiro |
|
Descrición |
A atención personalizada sirve para o seguimiento da aprendizaxe de cada alumno por parte do profesor.
A través da tutoría, presencial ou a distancia, o profesorado aborda a resolución de dubidas, a orientación ao estudo, así como o seguimiento e a supervisión de traballos.
As prácticas de laboratorio (nas que se desenvolven contidos teóricos co apoio de maquetas e ósos da osteoteca e, ademais, de palpación de estruturas e valoración muscular), ao realizarse con grupos reducidos, tamén facilita a aclaración de dubidas de forma mais individual.
A atención personalizada online farase a través dos medios institucionais da UDC de atención a distancia. En particular, empregarase: correo electrónico, MOODLE e Teams.
As titorías serán a demanda, previa solicitude por correo electrónico e, preferiblemente, en horario oficial de titorías. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A1 A17 A19 B1 B4 B5 C1 C8 C9 |
Avaliación continua. Valorarase a actitude, a participación, o interese pola aprendizaxe e a capacidade para solucionar problemas plantexados polo profesorado. |
5 |
Proba obxectiva |
A1 |
Proba escrita ou oral (no caso de que o/a estudante conte cunha adaptación curricular concedida pola Unidade de Atención á Diversidade da UDC na que se recolla a dificultade para a realización de exames escritos).
|
60 |
Traballos tutelados |
A1 A17 A19 B1 B2 B4 B5 C1 C8 C9 |
Avaliación continua. Consiste na realización dun traballo en grupo (de entre 2 e 4 estudantes) sobre un tema relacionado cos contidos do temario. |
5 |
Presentación oral |
A1 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C8 C9 |
Avaliación continua. Exposicion oral e defensa do traballo tutelado ante o profesorado e o resto do alumnado. Valorarse a orixinalidade na presentacion, o contido, o traballo en grupo e o dominio do tema exposto.
Ao final da presentacion, os/as estudantes que expoñen o traballo deben contestar calquera dubida plantexada polos/as compañeiros/as e/ou profesores/as. |
5 |
Proba mixta |
A1 B3 B4 B5 C1 |
Avaliación continua. Exames tipo test e preguntas curtas para determinar o nivel de comprensión e coñecemento da parte da materia examinada. |
20 |
Obradoiro |
A1 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C8 C9 |
Avaliación continua. Consiste en completar láminas anatómicas. Valorarase o traballo realizado por cada estudante. |
5 |
|
Observacións avaliación |
Os créditos da materia Anatomía Humana II, de
6 ECTS, distribúense tal como se indica:
Membro superior: 2 ECTS. - Membro inferior: 2 ECTS.
- Sistema cardiocirculatorio, estesioloxía e esplacnoloxía:
2 ECTS.
Na cualificación da proba obxectiva, cada parte
contribuirá como segue (indícanse os valores referidos a 10): - Membro superior: 33,0% (3,3 sobre 10; aprobado: 1,65).
- Membro inferior: 33,0% (3,3 sobre 10; aprobado: 1,65).
- Sistema cardiocirculatorio, estesioloxía e esplacnoloxía:
34,0% (3,4 sobre 10; aprobado: 1,7).
Para cada parte, o exame tipo test e as
preguntas curtas contribuirán a partes iguais (50% cada tipo de proba). O aprobado da proba escrita sobre 10 corresponde a 5,0, sendo necesario obter en cada parte o 70% do aprobado. No caso de que nunha das partes non se alcance a cualificación mínima necesaria para aprobar a proba
escrita, o/a alumno/a non superará a materia.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais: - Non se utilizarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. |
|