Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Metodoloxías de investigación orientadas á innovación Código 652511205
Titulación
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Mendiri Ruiz de Alda, Paula Maria
Correo electrónico
paula.mendiri@udc.es
Profesorado
Mendiri Ruiz de Alda, Paula Maria
Correo electrónico
paula.mendiri@udc.es
Web
Descrición xeral A necesidade de investigar en Educación e nos centros e institucións educativas xorde da curiosidade, dende o momento en que nos facemos preguntas sobre como funcionan as cousas, sobre os comportamentos das persoas e institucións educativas, sobre os efectos que produce a nosa práctica. educativas ou sobre como podemos innovar e mellorar os resultados das nosas accións (Martínez González, 2007, p. 11).
Neste asunto, as fases que supón toda a investigación científica estarán expostas a partir da identificación do tema ou problema a investigar, continuando coa planificación e deseño da investigación, coa execución da mesma e concluíndo coa interpretación e reflexión dos resultados obtidos. Destacarase a importancia da análise das potencialidades e limitacións da situación educativa investigada e das posibles accións de mellora que se consideren oportunas. Por último, traballarase na redacción dun informe de investigación.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non haberá modificacións dos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Se manterán todas pero mediante as ferramentas de teleformación da UDC.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnadoE
O alumnado será atendido por Moodle, correo electrónico e calquera outra ferramenta de teleformación da UDC.
4. Modificacións na avaliación
Non haberá modificacións.

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Dominar o marco lexislativo que regula o funcionamento das diversas institucións e adoptar un marco teórico de referencia que ampare os criterios de selección dos diferentes instrumentos e estratexias de diagnóstico, intervención e avaliación.
A11 Redactar, presentar, defender informes e outros documentos básicos que contribúan a unha óptima comunicación en contextos multidisciplinares
A13 Ser capaz de deseñar, desenvolver e avaliar procesos de investigación educativa, utilizando os métodos máis apropiados á natureza do problema, á finalidade da investigación e os criterios científicos máis adecuados, con especial énfase nos procesos de investigación na aula
B1 Capacidade de creatividade e innovación
B3 Capacidade de resolución de problemas
B5 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e escrita
B8 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional
B9 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B10 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B12 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Dominio das ferramentas básicas da investigación científica. AP6
AP11
AP13
BM1
BM3
BM5
BM8
BM9
BM10
BM12
Capacidade para xestionar as bases de documentación técnico-científica para seleccionar documentos de interese, revisalos e sintetizar os traballos doutros autores. AP6
AP11
BM5
BM9
Capacidad de identificar las necesidades de investigación en relación con problemas reales y para proponer objetivos innovadores de investigación en forma de proyectos de investigación. AP6
AP11
AP13
BM1
BM3
BM5
BM8
BM9
BM10
Capacidade para sintetizar e expoñer correctamente en forma escrita e oral os resultados da propia investigación. AP11
BM5
BM12

Contidos
Temas Subtemas
Fundamentos epistemológicos e metodolóxicos do saber e as prácticas educativas. - Paradigmas en educación: cuantitativo e cualitativo.
Deseños metodolóxicos da investigación - En función da finalidade: básica e aplicada.
- En función do paradigma: cuantitativa e cualitativa.
- En función do nivel de investigación: exploratorio, descritivo, experimental.
- En función da dimensión espacial e temporal: históricos. comparativos, lonxitudinais e transversais.
- Metodoloxías cualitativas e mixtas.
Procedementos e estratexias de recollida de información. - Enquisa, entrevista, escalas, observación.
Análise e interpretación dos datos e da información. -Estatística descritiva.
- Codificación e categorización da información

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B5 1.5 0 1.5
Análise de fontes documentais A6 1 9 10
Sesión maxistral A11 A6 B8 B9 7 7 14
Solución de problemas A11 A13 B1 B3 B5 B9 B10 B12 6.5 24.5 31
Obradoiro B3 5 9.5 14.5
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Realizarase unha avaliación inicial sobre os coñecementos que ten o alumnado acerca dos contidos relacionados coa materia para introducir o que se vai a impartir e facer na mesma.
Análise de fontes documentais Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para o análisis dos mesmos. Seleccionaranse diferentes artigos para coñecer a súa estutura e analizar cada unha das súas seccións en función da metodoloxía utilizada. Ademáis, servirá para completar a parte correspondente da metodoloxía de solución de problemas.
Sesión maxistral Expoñeranse os diferentes temas da materia explicando os contidos incluídos nos mesmos de modo que permita interactuar co estudantado e aclarar as dúbidas que teñan. Presentarase a bibliografía que permitirá profundar nos temas expostos.
Solución de problemas Para promover a participación activa do estudantado, plantexarase a elaboración dun dossier que partirá da definición dun problema, completando as distintas fases do proceso de investigación científica, considerando os contidos traballados na materia.
Obradoiro Para facer o proceso de ensino-aprendizaxe máis práctico en termos de análise cuantitativa de datos e información cualitativa, realizaranse obradoiros cos recursos informáticos necesarios.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Análise de fontes documentais
Solución de problemas
Obradoiro
Descrición
Todas as dúbidas que se xeren durante e despois do desenvolvemento das metodoloxías propostas resolveranse mediante a atención personalizada do alumnado, ben de xeito persoal ou por correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A11 A13 B1 B3 B5 B9 B10 B12 A partir da formulación dun problema de investigación, terase que continuar con todas as fases do proceso de investigación científica tendo en conta o explicado ao longo do cuadrimestre. Isto entregarase en forma de dossier. 100
 
Observacións avaliación

O alumnado que non asiste ao 80% das clases terá que facer o mesmo que o alumnado presencial.


Fontes de información
Bibliografía básica


Bisquerra Alzina, R. (2005). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla.

Buendía, L.; Colás, M.P. y Hernández, F. (1998). Métodos de investigación en psicopedagogía. Mdrid: McGraw-Hill.

Flick, U. (2004). introducción a la investigación cualitativa. Madrid: Morata.

Martínez González, R.A. (2007). La investigación en la práctica educativa: guía metodológica de investigación para el diagnóstico y evaluación en los Centros. Madrid: Ministerio de educación, Centro de Investigación y Documentación Educativa.

Padilla Carmona, M.T. (2002). Técnicas e instrumentos para el diagnóstico y la evaluación educativa. Madrid: CCS.

Rodriguez, G., Gil, J. y García, E. (1996). Metodología de la investigación cualitativa. Málaga: Aljibe.

Walker, R. (2002). Métodos de investigación para el profesorado. Técnicas de evaluación (3ª. edic.). Madrid: Morata.

Bibliografía complementaria

Blaxter, L.; Hughes, C. y Tight, M. (2000). Cómo se hace una investigación. Barcelona: Gedisa.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías