Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xestión de recursos humanos Código 652512213
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=table&id_titulacion=600
Descrición xeral Ao longo dos 4.5 créditos afróntase a perspectiva xeral sobre Recursos Humanos e a súa xestión, a descrición de modelos organizacionais, os elementos da organización educativa, o diagnóstico dos seus perfís competenciais, a identificacion do clima laboral, a comunicación externa e interna e a avaliación de necesidades formativas dos compoñentes da organización.
Contémplanse compoñentes teóricos fundamentadores da práctica. Específicase o tipo organizacional das institucións públicas e das privadas. Na totalidade dos contidos inclúense aplicacións prácticas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Ser capaz de realizar un informe sintético dalgunhas liñas de forza vertebradoras da Comunidade Educativa e expresalas apuntando cara unha posible proposta de mellora. AP7
AP8
AP9
AP14
BM6
BM7
BM8
BM14
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Modelos organizativos.
2. Identificación e diagnóstico de perfís competenciais dos elementos que constitúen a organización.
3. O clima ambiental e o clima laboral: o seu diagnóstico.
4. A comunicación interna e externa, estratexias para mellorala.
5. Identificación de necesidades formativas dos compoñentes da Institución educativa.
1. Xestión de Recursos humanos: modelos organizacionales.

2. Compoñentes da Comunidade Socioeducativa: institucións públicas e privadas.
2.1 Estudo especial dos compoñentes competenciais de cada perfil personal posible segundo a organización que se estude.

3. O clima laboral.
3.1. Identificación do clima laboral a través de instrumentos.

4. Importancia da comunicación interna e externa.

5. Identificación das necesidades de formación dos compoñentes da Institución.
5.1. Elaboración e aplicación de instrumentos de avaliación de necesidades.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais B6 B7 B14 C8 0 26 26
Aprendizaxe colaborativa A7 A8 A9 A14 B6 B7 B8 B14 C8 0 28.5 28.5
Estudo de casos A7 A8 A9 A14 B6 B7 B8 B14 C8 15 0 15
Proba obxectiva A7 A8 A9 A14 B6 B7 B14 3 23 26
Actividades iniciais B6 B7 4.5 0 4.5
Sesión maxistral B14 9 0 9
 
Atención personalizada 3.5 0 3.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
O alumnado disporá de titorías para comprobar os seus avances nos estudos de casos que se presenten.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A7 A8 A9 A14 B6 B7 B8 B14 C8 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. 60
Proba obxectiva A7 A8 A9 A14 B6 B7 B14 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
40
 
Observacións avaliación

ALUMNADO ASISTENTE: considerarase alumnado asistente a aquel que
presente, como máximo un 20% de faltas de asistencia durante o curso;
por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha
folla tanto á entrada como á saída. Ata un 20% das clases poderán
desenvolverse mediante charlas, conferencias, asistencia a seminarios
que non teñen por que coincidir co horario habitual das clases, pero que
será necesaria a asistencia para alumnado considerado como presencial. O
alumnado poderá xustificar as súas faltas de asistencia.


O exemplar da realización da aprendizaxe colaborativa (60% da cualificación) enviarase telematicamente e de non ser
posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara,
empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese
ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.O prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.
O alumnado realizará tamén unha proba escrita da
totalidade dos contidos fixados na guía docente da materia (40% da cualificación).

ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que non forme parte de ningún grupo,
non realice as prácticas correspondentes (traballo colaborativo) ou non
asista regularmente ás clases, considerase alumnado non asistente. O
alumnado que teña un 20% de faltas de asistencia considerarase non
asistente e deberá presentar a resolución de tarefas asignadas para a prendizaxe colaborativa obrigatoriamente de maneira individual (que
deberán ser avaliadas como aptas dentro do 60% da cualificación) e realizar unha proba escrita da
totalidade dos contidos fixados na guía docente da materia (40% da cualificación).

NOTA: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios
que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario
que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, o informe ao
profesorado e concerten a maneira na que se desenvolverá o proceso de
ensino-aprendizaxe.


Fontes de información
Bibliografía básica Cerro Guerrero, Sebastián (2005). Elegir la excelencia en la gestión de un centro educativo. Madrid: Narcea [Recurso electrónico]
Porret Gelebert, Miquel (2010). Gestión de personas: manual para la gestión del capital humano en las organizaciones. Madrid: ESIC
Doménech, Joan; Viñas, Jesús (1997). La organización del espacio y del tiempo en el centro educativo. Barcelona: Grao
Lorenzo Delgado, Raquel (1997). La organización y gestión del centro educativo: análisis de casos prácticos. Madrid: Universitas, DL
Fernández, Guadalupe (2005). Las competencias clave para una gestión integrada de recursos humanos. Barcelona: Deusto, DL
Puchol, Luis (2005). Nuevos casos en dirección y gestión de recursos humanos. Madrid: Díaz de Santos
Martín-Moreno Cerrillo, Quintina (2007). Organización y dirección de centros educativos innovadores, el centro educativo versátil. Madrid: McGraw-Hill
Varela García, María Remedios (2016). Plan de autoprotección dun colexio. A Coruña: [Recurso electrónico] TFM
Peretti, Jean-Marie (1997). Todos somos directores de recursos humanos. Práctica de la gestión de recursos humanos destinada a directivos y supervisores. Barcelona: Gestión 2000

Outras publicacions indicadas no día a día da docencia.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías