Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Educación e linguas en Galicia Código 65260003
Titulación
0 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Módulo Xenérico, Innovación Docente e Iniciación á Investigación Educativa
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 0
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Esta materia ten como obxectivo central a reflexión sobre a relevancia da diversidade lingüística e o papel que o sistema educativo xoga no seu mantemento, coñecer a realidade sociolingüística galega e analizar o papel dos centros de ensino como axentes de planificación lingüística. Por tanto, a través do seu estudo, esta materia pretende incorporar a cultura da planificación e da intervención como factores esenciais da educación.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
A6 Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país.
A8 Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá.
A9 Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
A10 Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
A13 Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro.
A14 Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber deseñar mecanismos de recoñecemento no grupo escolar de preconceptos que conduzan á discriminación (nomeadamente lingüística) e actuacións para a súa erradicación AP1
AP8
AP13
Avaliar criticamente e en grupo as debilidades e as fortalezas dun proxecto lingüístico de centro de ensino real. AP9
AP10
AP13
CM4
Participar con argumentos sólidos e as claves da redacción académica en discusións dirixidas sobre a situación sociolingüística galega, os modelos de educación plurilingüe e o papel dos centros de ensino na planificación lingüística. AP13
CM1
A través das lecturas recomendadas, comprender a situación sociolingüística galega e coñecer a lexislación vigorante referida ao ensino das linguas en Galicia, mantendo un espírito crítico e comprometido cos valores de xustiza e equidade, asumindo a necesidade de actualización profesional ao longo da vida. AP6
AP13
AP14
CM4

Contidos
Temas Subtemas
Unidade e diversidade lingüística. Modelos de educación bilingüe ou plurilingüe Que son as linguas?
Canto coñecemos sobre a diversidade lingüística?
Para que serve a educación?
Como apostamos polo plurilingüismo?
A situación sociolingüística da lingua galega Coñecemento e uso da lingua galega
Actitudes e preconceptos sobre as linguas. O caso galego
Ameazas e fortalezas da lingua galega
As linguas no sistema educativo galego A lexislación lingüística no sistema educativo
A competencia lingüística
A formación lingüística
Referentes e compromisos
O papel dos centros educativos na planificación lingüística A intervención sociolingüística no ensino. Obxectivos e niveis de actuación
O proxecto lingüístico de centro
Os equipos de normalización e dinamización lingüística

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A13 C1 0 4 4
Lecturas A1 A6 A8 A13 1 13.5 14.5
Estudo de casos A9 A13 10 0 10
Sesión maxistral A13 3.5 0 3.5
Foro virtual A10 A13 A14 C1 C4 0.5 4 4.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Existirá unha proba obxectiva final, con contidos fundamentalmente prácticos, que o alumnado deberá superar con, cando menos, un catro para lle facer media co resto das cualificacións obtidas durante o curso.
Lecturas O alumnado deberá demostrar a comprensión das lecturas obrigatorias a través da súa participación no caderno dixital.
Estudo de casos Na aula estudaranse diversos supostos prácticos para responder á hetoxeneidade de centros e de situacións sociolingüística.
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedimentais fundamentais para o alumnado alcanzar as competencias e destrezas previstas na materia.
Foro virtual Existirá un caderno dixital para comentaren os/as estudantes as sesións e debater sobre as lecturas e os temas principais que se abordaren na aula.

Atención personalizada
Metodoloxías
Foro virtual
Descrición
O docente fará un seguimento semanal do caderno dixital e dará pautas de comprensión das dúbidas que ficaren, así como ofrecerá outras lecturas alternativas.
Por outra parte, todas as persoas discentes recibirán recomendacións sobre o seu seguimento das aulas e da materia no tempo en que esta se desenvolver.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A6 A8 A13 Elaboración de informes e participación nas discusións dirixidas con argumentos apoiados nas lecturas. 10
Foro virtual A10 A13 A14 C1 C4 Participación no caderno dixital. 30
Proba mixta A13 C1 Realización dunha proba final 30
Estudo de casos A9 A13 Elaboración de supostos prácticos, individual e grupalmente. 30
 
Observacións avaliación

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías