Identifying Data 2020/21
Subject (*) Practicum Code 652600106
Study programme
0 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Módulo Xenérico, Innovación Docente e Iniciación á Investigación Educativa
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Obligatory 12
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
E-mail
Lecturers
E-mail
Web
General description As prácticas constitúen unha experiencia formativa de preparación para a futura vida profesional do alumnado deste mestrado. Permitirán coñecer as tarefas que se levan a cabo nun centro educativo de ensino secundario e posibilitarán o establecemento de relacións frutíferas entre docentes do ámbito universitario (algúns deles tamén docentes en secundaria), docentes en activo no ensino secundario e o alumnado que
pretende proxectar a súa vida profesional no ámbito docente.
As prácticas están deseñadas para ofreceren a este alumnado a posibilidade de observar e analizar os contextos en que como futuros profesores e profesoras van desenvolver o seu labor, de xeito que poidan ter un coñecemento vivencial do traballo docente. Agárdase que sexa tomado como a oportunidade que é, e non só como unha parte máis destes estudos de posgrao. Non se debe esquecer que, como oportunidade, son os centros e o profesorado titor os que sobre todo a fan posible, e así debe ser recoñecido polo alumnado implicado e pola Universidade; este recoñecemento será compatible cunha actitude de observación e esculca propios do momento formativo en que estamos. Non se trata de imitarmos os modelos de acción
que se observen, senón de analizar e reflexionar sobre esas e outras posibles alternativas de actuación profesional.
A práctica que se desenvolve nos centros educativos só pode ser comprendida se se entende como se foi constituíndo o proceso de escolarización e como os axentes internos e externos actúan sobre este. Para isto é necesario ter un coñecemento sistematizado e profundo sobre o que se fai, por que se fai, para que se fai, que se podería facer e que é o que non se debe facer. Este coñecemento enriquecerá sen dúbida aqueloutros coñecementos das fases anteriores, tanto do módulo xenérico como dos específicos, servindo moitas veces de contraste enriquecedor.
Servirá tamén ao profesorado titor dos centros de ensino, cuxa colaboración nunca se agradecerá bastante, de oportunidade para reflexionar e contrastar o seu traballo e os seus hábitos no día a día da aula e para tomar contacto, aínda que sexa brevemente, coa reflexión que desde fóra deses centros de ensino secundario se fai. Sen esquecer que en definitiva se están a formar os futuros docentes e colegas de profesión,
evitando que o seu primeiro contacto profesional sexa coa responsabilidade e as urxencias de dirixir un grupo de alumnos e alumnas.
Este mesmo afán terá o profesorado da Facultade, algúns deles compartindo ambos os ámbitos –o universitario e o do ensino secundario- que ademais terá a oportunidade de contrastar as mensaxes e estratexias de traballo nos módulos teóricos coa práctica vivida e relatada por estas persoas nos centros.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
A2 Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe.
A3 Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A4 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes.
A5 Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas.
A8 Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá.
A9 Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
A10 Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
A17 Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A18 Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
1. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel de formación dos estudantes. AJ3
AJ4
AJ5
AJ9
2. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e adquirir estratexias para estimular o esforzo do alumnado e promover a súa capacidade por si mesmo e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e decisións que promovan a súa capacidade docente. AJ1
AJ2
AJ18
CC1
3. Dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula, e tratar problemas de disciplina e resolución de conflitos. AJ3
AJ5
AJ17
CC4
4. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á educación emocional e en valores, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos. AJ3
AJ8
AJ9
CC7
CC8
5. Coñecer as dinámicas organizativas e de funcionamento dun centro de secundaria ou formación profesional, así como levar a cabo unha primeira aproximación tutelada ao funcionamento dunha aula de ensino secundario e familiarizarse coa cultura organizativa dun centro escolar. AJ9
CC7
6. Vivenciar, contrastar e valorar, nun escenario real, as contribucións dos diferentes módulos teóricos, e tomar conciencia das funcións da profesión docente e dos coñecementos, actitudes e destrezas que se requiren para o seu exercicio. AJ8
AJ10
CC3
CC5

Contents
Topic Sub-topic
Realización de experiencias na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.
Realización de experiencias na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.
Desenvolvemento da expresión oral e escrita na práctica docente. Desenvolvemento da expresión oral e escrita na práctica docente.
Dominio das destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia dentro do grupo-aula. Dominio das destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia dentro do grupo-aula.
Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión baseada na práctica.
Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión baseada na práctica.
Práctica na avaliación psicopedagóxica, no asesoramento a outros
profesionais da educación, aos estudantes e ás familias.
Práctica na avaliación psicopedagóxica, no asesoramento a outros
profesionais da educación, aos estudantes e ás familias.
Na Especialidade de Formación Profesional desenvolveranse ademais as dúas seguintes:
Coñecemento da tipoloxía correspondente aos sectores produtivos
Comprensión dos sistemas organizativos máis comúns ás empresas.
Na Especialidade de Formación Profesional desenvolveranse ademais as dúas seguintes:
Coñecemento da tipoloxía correspondente aos sectores produtivos
Comprensión dos sistemas organizativos máis comúns ás empresas.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A10 A17 A18 C1 C3 C4 C5 C7 C8 1 140 141
Field trip A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A10 A17 A18 C1 C3 C4 C5 C7 C8 150 0 150
 
Personalized attention 9 0 9
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects Realización da memoria. Elaboración dun informe por escrito para ser valorado polo titor da Universidade. A extensión é de 40 páxinas máximo e 25 páxinas mínimo en DIN A4, impresas en arial 11 a dobre espazo, e sen considerar os posibles anexos (agás no itinerario de artes). É obrigado entregar un exemplar encadernado e unha copia en soporte informático.
Field trip Achegar ao alumnado á realidade do ensino para ir configurando unha visión propia, fundamentada e vivida do centro e da aula.
Observación e intervencións puntuais co apoio e supervisión do titor do centro.
Deseño de polo menos unha proposta didáctica da etapa.


Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Field trip
Description
Os titores/as deberán dar a coñecer os días, as horas e as formas de contacto, tanto
para o alumnado como para o profesorado titor dos centros. O profesorado titor, tanto
da Universidade como dos centros, pode dirixirse á coordinación do practicum nos
momentos e formas de contacto que lles serán comunicados.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A10 A17 A18 C1 C3 C4 C5 C7 C8 O/a titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do traballo cos seguintes criterios: - Capacidade de relación teoría-práctica - Dominio conceptual e capacidade analítica - Capacidade para relacionar ideas e accións - Capacidade de argumentar e fundamentar - Expresión escrita propia e claridade expositiva - Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións - Capacidade de autoavaliación e autocrítica - Orixinalidade da proposta 50
Field trip A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A10 A17 A18 C1 C3 C4 C5 C7 C8 O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula. 50
 
Assessment comments

Sources of information
Basic

Para superar as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións. No caso de non aprobar algunha das partes da materia, a nota final será a nota da parte
non superada.
Na segunda oportunidade de avaliación:
-­? A memoria pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere esta parte na primeira oportunidades terá a ocasión de mellorala para a segunda.
-­? As practicas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na primeira oportunidade, mantense para a segunda.
A revisión, que se fará diante do profesorado titor da UDC, servirá para reconsiderar, de ser o caso, a cualificación da memoria. En canto á nota posta polo/a titor/a do
centro soamente se poderá coñecer a pormenorización da aplicación dos criterios de avaliación.

Complementary

AGUADO ODINA, T. (coord.) (2010) Diversidad e igualdad en educación. Madrid, UNED.
CARBONELL SEBARROJA, J. (2008) Una educación para mañana. Barcelona, Octaedro.
CARBONELL SEBARROJA, J. (2009) La vida escolar en un curso: cosas que no siempre se explican. Barcelona, Graó.
CASADO ROMERO, A. (2010) Aprender a ser maestro: creencias de los estudiantes de Magisterio sobre la interacción en el aula. Cuenca, Universidade de Castela-A Mancha.
CAMPS, V. (2008) Creer en la educación. La asignatura pendiente. Barcelona, Península.
CASTELLS CUIXART, P. (2011) Tenemos que educar: ideas para acabar con la crisis de autoridad y la mala educación. Barcelona, Península.
DOMENECH, J. e GUERRERO, J. (2005) Miradas a la educación que queremos. Barcelona, Graó.
ESCUDERO PÉREZ, J. e MARTÍNEZ TEN, L. (coords.) (2011) Ochenta actividades para educar lúdicamente en valores y ciudadanía. Madrid, Los Libros de la Catarata.
ESTEVE, O.; MELLEF, K. e ANSINA, A. (coords.) (2010) Creando mi profesión. Una propuesta para el desarrollo profesional del profesorado. Barcelona, Octaedro.
GARCÍA ARETIO, L. (2009) Claves para la educación: actores, agentes y escenarios en la sociedad actual. Madrid, UNED.
GIMENO SACRISTÁN, J. (comp.)(2006) La reforma necesaria. Entre la
política educativa y la práctica escolar
. Madrid, Morata.
MAÑU NOAIN, J. (2010) Docentes competentes. Por una educación de calidad. Madrid, Narcea.
ORTEGA, R. (coord.) (2010) Agresividad injustificada, bullying y violencia escolar. Madrid, Alianza.
PÉREZ SERRANO, G. (2010) Aprender a convivir: el conflicto como oportunidad de crecimiento. Madrid, Narcea.
RODICIO-GARCÍA, M. L. e IGLESIAS-CORTIZAS, M. J. (2011) El acoso escolar. Diagnóstico y prevención. Madrid, Biblioteca Nueva.
RODRÍGUEZ JARES, X. (2006) Aprender a convivir. Vigo, Xerais.
SANCHO GARGALLO, M. et al. (2007) Nuevos retos para convivir en las aulas: construyendo la escuela cívica. Madrid, Fundación Europea Sociedade e Educación.
SEGOVIA GARCÍA, N. (2006) Aplicación de las TIC a la docencia. Usos prácticos de las nuevas tecnologías. Vigo, Ideas Propias.
SUBIRATS, M. e TOMÉ, A. (2007). Balones fuera: reconstruir los espacios desde la coeducación . Barcelona, Octaedro. Bibliografía complementaria
CANTÓN MAYO, I. (coord.) (2009) Narraciones de la escuela. Barcelona, Editorial Davinci.
CANTÓN MAYO, I. (coord.) (2010) Narraciones de maestros. Barcelona, Editorial Davinci.
DÍEZ NAVARRO, C. (2003) El piso de abajo de la escuela. Barcelona, Graó.
McCOURT, F. (2005) El profesor. Madrid, Maeva.
PENNAC, C. (2008) Mal de escuela. Barcelona, Mondadori.
SOBRADO, L.; FERNÁNDEZ, E. y RODICIO, M.L. (2012). Orientación Educativa. Nuevas perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva.
TONUCCI, F. (1988) Niño se nace. Barcelona, Barcanova.
TONUCCI, F. (1989) Cómo ser niño. Barcelona, Barcanova.
TONUCCI, F. (1993) La soledad de los niños. Barcelona, Barcanova.
TONUCCI, F. (1994) Con ojos de niño. Barcelona, Barcanova.
TONUCCI, F. (2003)
Cuando los niños dicen ¡Basta!
Madrid, Fundación Germán Sánchez Ruipérez.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.