Identifying Data 2020/21
Subject (*) Projects of innovation and educational investigation(research) in physical education Code 652603E1I3
Study programme
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree Yearly
First Obligatory 2
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Arufe Giraldez, Victor
E-mail
v.arufe@udc.es
Lecturers
Arufe Giraldez, Victor
E-mail
v.arufe@udc.es
Web
General description A proliferación de propostas de innovación educativa na área de Educación Física nos últimos anos non foi un proceso ordenado e sistemático, senón máis ben un conxunto de respostas heteroxéneas a problemas xurdidos na práctica docente. É necesario reflexionar sobre este proceso e desenvolver criterios para analizar e valorar ditas propostas. A relación entre investigación educativa e innovación docente non está a xerar os resultados esperados. Isto dificulta o desenvolvemento de prácticas fundamentadas en teorías científicas e tamén a valoración da efectividade das innovacións para solucionar os problemas da aula. É necesario desenvolver vías de comunicación entre a teoría e a práctica, achegando os roles de investigador e docente para aproveitar as sinerxias existentes. Nesta materia ofrécense referencias para analizar as experiencias de innovación e as investigacións educativas na área de Educación Física. Descríbense algúns proxectos que, polo seu valor ejemplificante poden ser cualificados como “boas prácticas” representativas de liñas de innovación desenvolvidas na área. Tamén se pretende que os alumnos poidan deseñar e xustificar as súas propias propostas de innovación.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non haberá

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéranse todas as metodoloxías vinculadas ao traballo autónomo do alumno e docencia non presencial.

*Metodoloxías docentes que se modifican
As metodoloxías que fan referencia á presencialidade serán sustiuídas por metodoloxías de ensinanza non presencial

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Para a realización de tutorías utilizarase o correo electrónico ou a plataforma TEAMS no caso de facer videotutorías.

4. Modificacións na avaliación
Para o alumnado con dispensa académica ou aquel que faltase a máis do 80% das clases a proba correspondente ao examen final da materia realizarase vía online, a través dun examen oral ou tipo test na aplicación moodle. O resto de instrumentos e criterios de avaliación manterase.

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Study programme competencies
Code Study programme competences
A4 (CE-G4)Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes
A11 (CE-G11)Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación.
A14 (CE-G14) Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
A15 (CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 (CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A22 (CE-E8)Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A23 (CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 (CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A27 (CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A28 (CE-E14)Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer e analizar críticamente propostas de innovación e investigación educativa na área de Educación Física. AJ15
AJ17
AJ19
AJ26
CC2
Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a transformación e a innovación no ámbito da Educación Física. AJ14
AJ20
AJ21
AJ22
AJ23
AJ24
AJ25
AJ27
AJ28
CC1
CC3
CC4
CC6
Ser capaces de identificar que elementos do currículo de Educación Física se trabállan a través das innovacións educativas analizadas. AJ4
AJ18
AJ20
AJ24
AJ28
CC1
CC6
Valorar a importancia da innovación e a investigación como estratexias para mellorar a calidade educativa na área de Educación Física. AJ11
AJ14
AJ21
AJ23
AJ24
AJ28
CC5
CC7
CC8

Contents
Topic Sub-topic
1. Investigación en Educación Física (EF) -Deseño de Investigación.
- Liñas máis frecuentes de investigación en EF.
- Exemplos de Invesrtigación en EF.
- Análise crítica dunha investigación.
2. Innovación en EF - Deseño dun proxecto de Innovación.
- Estratexias e factores que condicionan a innovación en EF.
- Exemplos de proxectos innovadores no ámbito da EF.
- Análise crítica da innovación en Educación Física.
Proxectos de innovación en EF - Protocolo para a realización dun proxecto de Innovación en Educación Física.
- Posta en práctica dun proxecto innovador en Educación Física.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A11 A15 A17 A18 A19 A21 A25 C7 6 0 6
Supervised projects A4 A14 A20 A22 A23 A24 A27 A28 C3 C5 C8 2 12 14
Collaborative learning A21 A22 A26 A27 C6 C8 2 8 10
Oral presentation A21 A22 A23 A26 C1 C4 C8 2 4 6
Directed discussion A17 A18 A22 C1 1 2 3
Document analysis A15 A17 A18 A19 C2 1 8 9
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral por parte do docente, dos contidos da materia relacionados cos proxectos de innovación e a investigación. Isto complementarase con infografías e vídeos, ao tempo que se buscará a implicación do alumnado a través das preguntas e o debate, de forma que se favoreza a reflexión e o pensamento crítico.
Supervised projects Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse un proxecto innovador de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase en grupos.

O docente especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
Collaborative learning Traballarase na aula, a través de pequenos grupos nos que o alumnado traballará conxuntamente na resolución de tarefas asignadas pola profesora para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo.
Oral presentation Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Directed discussion Promoveranse actividades de debate sobre diferentes aspectos do temario, nas que se contrastarán as idas e opinións de todo o alumnado e tratarase de buscar puntos de consenso.
Document analysis Utilizaranse diversos documentos audiovisuais e bibliográficos relevantes para a temática da materia e que co seu análise aportarán coñecementos e contribuirán o desenvolvemento das competencias marcadas para a mesma.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
Para a elaboración dos traballos tutelados, os alumnos poden acudir en grupos reducidos a revisar o traballo (titoría). O docente poderá realizar suxestións ou solicitar modificacións sobre o traballo realizado, antes da entrega definitiva.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" - Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017-. Para aquelas actividades que non poida realizar por non asistir a clase, deberá acudir ás revisións das mesmas co docente para poder desenvolvelas.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A4 A14 A20 A22 A23 A24 A27 A28 C3 C5 C8 "Proxecto de innovación en EF": Este traballo consiste en deseñar e xustificar un proxecto de innovación educativa na área de Educación Física, dirixido a poboacións de Educación Secundaria e/ou Bacharelato . As características que debe cumprir este traballo atópanse detalladas no anexo 1 (Campus Virtual UDC). 50
Collaborative learning A21 A22 A26 A27 C6 C8 Ao longo do curso, os grupos formados na primeira sesión teñen que resolver tarefas breves, que poden concretarse en documentación a entregar ou a expoñer. 40
Oral presentation A21 A22 A23 A26 C1 C4 C8 Os grupos formados na primeira sesión terán que realizar unha presentación oral en formato do seu proxecto de innovación en Ed. Fís. 10
 
Assessment comments
Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a asistencia ao 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.  

Segunda oportunidade: ao alumnado que asistise a máis dun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo. 

O alumnado que non asista ao 80% das horas presenciais da materia (xa sexan alumnos a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia.


Sources of information
Basic
Para a procura de información vinculada a esta materia recoméndase utilizar como principal fonte de información as revistas científicas da área de coñecemento. O alumnado pode acceder cun só click a unha listaxe de 200 revistas vinculadas ás Ciencias do Deporte. CLICK AQUÍ

A maiores, poderá solicitar á docente recomendación persoal de libros vinculados á Innovación e a Investigación en Educación Física.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
No caso de que se solicite entregar algún traballo impreso, teranse en conta as seguintes recomendacións: non utilizar plásticos, elixir impresión a dobre cara e empregar papel reciclado. Na medida dos posible, evitar a impresión de borradores.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.