Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Proxectos de innovación e investigación educativa nas Ciencias Sociais Código 652604E2I4
Titulación
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
Correo electrónico
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
Profesorado
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
Pérez Guilarte, Yamilé
Correo electrónico
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
yamile.perez@udc.es
Web http://https://pdi.udc.es/es/File/Pdi/F57DK e https://pdi.udc.es/es/File/Pdi/UD45L
Descrición xeral A través desta materia preténdese que o alumnado valore o papel do profesor/a como axente reflexivo e crítico e capaz de incorporar a investigación e a innovación a unha clase de Ciencias Sociais. Proponse que o alumnado coñeza as principais liñas de investigación en Didáctica das Ciencias Sociais, así como que adquira competencias para a análise e o deseño de proxectos de investigación e innovación aplicados á didáctica das Ciencias Sociais en Educación Secundaria e Bacharelato.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Actividades iniciais
- Análise de fontes documentais
- Sesión maxistral
- Aprendizaxe colaborativa
- Traballos tutelados
- Presentación oral

*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se realizarán cambios. A única modificación é que o traballo realizarase a través das ferramentas online: Moodle, Teams, Stream).

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.

Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado a través dos foros.

Teams: 1 sesión semanal ou mais segundo o demande o alumnado para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”, sempre no horario da materia.

4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán cambios. A única modificación é que será de forma telemática. Os traballos serán entregados ou presentados a través das diferentes ferramentas informáticas (Teams, Moodle, Stream) e o alumnado realizará o traballo colaborativo de forma telemática.

*Observacións de avaliación:Ao alumnado que non superara a avaliación continua, orientaráselle para a mellora daquela tarefa ou tarefas nas que non se acadara a máxima puntuación.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 (CE-E1) Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A2 (CE-E2) Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas
A3 (CE-E3) Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A4 (CE-E4) Coñecer contextos e situacións nas que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A5 (CE-E5) Coñecer os desenvolvimentos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A6 (CE-E6) Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A7 (CE-E7) Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A8 (CE-E8) Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas das e dos estudantes.
A9 (CE-E9) Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A10 (CE-E10) Coñecer estratexias e procedimentos de evaliación e entender a evaliación como un procedimento de regulamentación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A11 (CE-E11) Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A12 (CE-E12) Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación empregando indicadores de calidade.
A13 (CE-E13) Identificar os problemas relativos ao ensino e aprendizaxe das materias da especialización e propor alternativas e solucións.
A14 (CE-G14) Respetar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
B1 (CE-G1) Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
B2 (CE-G2) Comprender o desenvolvemento da personalidade de estes estudantes e as posíbeis disfuncións que afectan á aprendizaxe.
B3 (CE-G3) Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecimentos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
B4 (CE-G4) Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes.
B5 (CE-G5) Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro, abordar e resolver posíbeis problemas.
B6 (CE-G6) Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país.
B8 (CE-G8) Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá.
B10 (CE-G10) Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respeto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
B14 (CE-G14) Respetar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecimento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
C1 N.1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidad Autónoma.
C3 N.3. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profisión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 N.4. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 N.6. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponíbel para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 N.7. Asumir como profisional e cidadán/cidadá a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 N.8. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a importancia do papel do profesor/a como axente reflexivo e crítico, capaz de incorporar a investigación e a innovación á aula para mellorar a súa práctica docente. AP5
AP6
AP7
AP8
AP10
AP11
AP12
AP14
BP2
BP10
CP7
Valorar a importancia da innovación e a investigación como estratexias para mellorar a calidade educativa na área de Ciencias Sociais. AP11
BP1
BP4
BP5
CP8
Aplicar críticamente os enfoques actuais na innovación e na investigación didáctica das Ciencias Sociais. Experiencias concretas. AP12
AP13
BP6
BP8
CP4
CP6
Aprender a deseñar, desenvolver e avaliar proxectos de investigación e unidades didácticas na área de Ciencias Sociais. AP1
AP2
AP3
AP4
BP14
CP1
CP7
Manexar e analizar bibliografía especializada e fontes documentais virtuais que permitan investigar e aprofundar nas Ciencias Sociais. AP1
AP3
AP9
BP3
CP3

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A investigación en Didáctica das Ciencias Sociais.
- O profesorado como axente reflexivo e investigador da súa propia práctica: innovación docente e investigación educativa na aula.
- Principais liñas de investigación en Didáctica das Ciencias Sociais.
- Achegas da investigación educativa en Ciencias Sociais á mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe en Educación Secundaria e Bacharelato.
Tema 2. A innovación no ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais. - Análise e valoración de proxectos e experiencias innovadoras no ensino das Ciencias Sociais.
- Deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación e innovación en didáctica das Ciencias Sociais para Educación Secundaria e Bacharelato.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A1 A7 A8 A9 B1 B2 B8 B10 C3 C1 C7 1 5 6
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B3 B4 B5 B8 B14 C3 C1 C4 C6 C7 C8 2 15 17
Sesión maxistral A9 B1 B3 B4 B5 C4 C6 7 2 9
Presentación oral A14 A9 B8 C3 C1 C4 2 5 7
Análise de fontes documentais A2 A5 A7 A12 A14 B14 C4 1 4 5
Actividades iniciais A1 A2 A3 A10 B6 1 1 2
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común e toma de decisións.
Traballos tutelados A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no ámbito das ciencias sociais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes.
Sesión maxistral As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estructura de cada tema. A partir dos esquemas iniciais e co apoio de documentación específica, iranse desenvolvendo a parte teórica dos contidos conceptuais da materia mediante metodoloxía explicativa.
Presentación oral Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvolvemento da profesión de mestres/as.
Análise de fontes documentais Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación co ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais.
Actividades iniciais Antes de iniciar os temas do programa desenvolveranse actividades que permitan coñecer os saberes previos do alumnado respecto ás ciencias sociais, as competencias, intereses e motivacións que posúen para o logro dos obxectivos finais que queremos alcanzar nesta materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Os traballos terán un seguimento personalizado para garantir o cumprimento dos obxectivos e prazos así como para resolver dúbidas.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A2 A5 A7 A12 A14 B14 C4 Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación co ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais. 20
Aprendizaxe colaborativa A1 A7 A8 A9 B1 B2 B8 B10 C3 C1 C7 Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común, toma de decisións, comprensión do grupo como unha tarefa única. 10
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B3 B4 B5 B8 B14 C3 C1 C4 C6 C7 C8 A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no ámbito das ciencias sociais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes. 50
Presentación oral A14 A9 B8 C3 C1 C4 Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvolvemento da profesión de mestres/as. 20
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a actitude, interese, participación e
dedicación á materia, tanto na aula como fora da mesma. Aquel alumnado
que non supere a avaliación continua a partir das metodoloxías presentes
na materia, terá que superar unha proba obxectiva (terá en conta o contexto xerado pola COVID-19, podendo ser a proba obxectiva -como calquera outra tarefa- ben na aula, presencialmente, ou a distancia telematicamente -a través de Teams, Moodle, Forms ou semellantes ferramentas empregadas pola UDC-). 


Fontes de información
Bibliografía básica

Albert M.; Fuentes, C.; Gutiérrez, J. M.; Hernández Cardona, F. X; López Facal, R.;Miralles, P.; Molina, S.; Prats, J.; Rivero, P.; Santacana, J. (2011). Geografíay la historia. Investigación, innovación y buenas prácticas. Formación delprofesorado. Educación secundaria, 8, Vol. 3. Barcelona: Editorial Graó.

Bibliografía complementaria

Segundo avance o curso, iranse proporcionando outras referencias máis específicas para complementar o traballo en clase.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Trátase dunha materia que se realizará, principalmente, cunha metodoloxía de participación activa, na que a propia dinámica do curso irá sinalando os centros de interese do alumnado e, en base a estes, iranse concretando temáticas e actividades a realizar. É por isto polo que a asistencia e participación, en todas e cada unha das actividades desenvolvidas no contexto da materia, será fundamental.

*Os traballos asociados aos seminarios entregaranse, cando fosen requeridos, en presentación Power Point, e non impresos, a fin de colaborar cunha Facultade/Universidade respectuosa co medio ambiente e sostíbel. Poderanse entregar materiais didácticos elaborados complementarmente, en caso de se estimar oportuno.

  



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías