Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A15 |
CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización. |
A16 |
(CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos. |
A17 |
(CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas. |
A18 |
(CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares |
A19 |
(CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes. |
A20 |
(CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo. |
A21 |
(CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos. |
A25 |
(CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar as atribucións docentes e as funcións do profesorado da especialidade de FOL no campo da orientación profesional e compreder a importancia e necesidade de formación neste ámbito |
AP15
|
|
CM7
|
Analizar o desenvolvemento teórico da orientación profesional, describir e comprender os seus trazos conceptuais, as áreas, os principios e os modelos de intervención, e reflexionar sobre as súas implicacións para a práctica.
|
AP15 AP17 AP19
|
|
|
Analizar as funcións sociopolíticas da orientación profesional reflexionar sobre as posibilidades e características dunha orientación profesional para o cambio que incida nunha praxe para a xustiza social. |
AP15 AP19
|
|
CM4
|
Caracterizar a evolución e situación actual da orientación profesional no sistema educativo e no ámbito laboral, principalmente, no que fai ós aspectos organizativos, funcionais e profesionais. |
AP17
|
|
CM7
|
Identifica-los factores que interveñen na inserción laboral e analiza-la súa relación coas áreas de intervención. |
AP19
|
|
|
Comprender e utilizar axeitadamente a terminoloxía do campo da orientación e inserción profesional. |
|
|
CM1
|
Analizar a influenza do xénero na toma de decisións académicas e profesionais e na inserción laboral e identificar os indicadores da desigualdade de xénero no sistema educativo e no mercado laboral. |
AP19
|
|
CM4
|
Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero na orientación profesional e deseñar propostas didácticas nas que se integre. |
AP18 AP20
|
|
|
Identificar as posibilidades de utilización das ferramentas da web 2.0 na OP, incorporalas na programación das materias da especialidade e valorar a súa contribución a alfabetización dixital do alumnado
|
AP16 AP19 AP20
|
|
CM3
|
Analizar o currículo das materias e módulos da especialidade de FOL tendo como criterios as características conceptuais da orientación profesional, as áreas e modelos de intervención. |
AP15 AP16
|
|
|
Deseñar, seleccionar e valorar programas e materiais de orientación profesional |
AP20 AP21 AP25
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. A orientación profesional:campo de intervención do profesorado de FOL
|
1.1. A orientación profesional/laboral no currículo dos módulos e áreas que imparte o profesorado de FOL
1.2. A orientación profesional/laboral como función: as atribucións do profesorado de FOL nos departamentos de orientación e nos departamentos de información e orientación profesional.
1.3. A orientación profesional no temario de acceso á especialidade
1.4. Perfil profesional do/a orientador/a laboral |
Tema 2. Orientación profesional e orientación laboral
|
2.1 Delimitación, caracterización conceptual da orientación profesional e da orientación laboral e relacións entre ambas.
2.2.Ideas forza. Orientación profesional para a xustiza social e para os Obxectivos do Desenvolvemento sostible.
2.3.Orientación profesional e empregabilidade. Relevancia das competencias blandas.
2.4. Áreas de intervención
2.5. Modelos de intervención
2.6. Inclusión dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible nos programas de orientación profesional.
2.6. A orientación na avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias |
Tema 3. Xénero e orientación profesional
|
3.1. Conceptos para comprender e explicar as desigualdades de xénero.
3.2. Xénero, proxecto profesional e inserción laboral. As barreiras de xénero
3.2. Radiografía das desigualdades de xénero no sistema educativo e no mercado laboral
3.3. A OP non discriminatoria (tamén non sexista ou para a igualdade de oportunidades) na normativa legal: evolución e situación actual.
3.4. OProfesional con enfoque de xénero: conceptualización e pautas para a súa integración.
5.5. Programas e recursos para unha praxe orientadora con visión de xénero. |
Tema 4. Utilización das tecnoloxías dixitais en orientación profesional |
4.1. Algúsn conceptos de partida
4.2. Ámbitos de utilización das TIC/TAC en OP
4.3. Competencia dixital e orientacion Profesional.
4.4. Boas prácticas na utilización das tecnoloxías dixitais en OP. |
Tema 5. Desenvolvemento e situación actual da orientación profesional e laboral no sistema educativo e no ámbito laboral
|
2.1. Principais fitos e tendencias no desenvolvemento da OP.
2.2. Organización e funcións da OP no sistema educativo.
2.3. Organización e funcións da OP no ámbito laboral
2.4. A orientación profesional nas políticas educativas e de emprego.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A15 C4 |
2 |
0 |
2 |
Análise de fontes documentais |
A17 A19 A25 C1 C4 |
5 |
15 |
20 |
Sesión maxistral |
A15 A17 A19 |
6 |
0 |
6 |
Aprendizaxe colaborativa |
A16 A18 A20 A21 C3 |
4 |
8 |
12 |
Presentación oral |
C1 C3 |
4 |
2 |
6 |
Portafolios do alumno |
A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 |
0 |
13 |
13 |
Prácticas a través de TIC |
C3 |
1 |
2 |
3 |
Traballos tutelados |
A18 A20 A21 A25 C1 C3 C7 |
6 |
28 |
34 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
As actividades iniciais teñen unha dupla finalidade:
a) que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos, de xeito que se convertan nun referente para a análise e reflexión do que precisan aprender e para facer balance das aprendizaxes construídas na materia.
b) A posta en común e resolución de dúbidas das cuestións formuladas sobre as temáticas previamente traballadas fora da aula e que forman parte da clase invertida.
|
Análise de fontes documentais |
As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista
c) Análise de documentos para afondar nas temáticas da fundamentación teórica do traballo tutelado.
d) Busca e análise de experiencias de utilización das TIC en orientación profesional |
Sesión maxistral |
O método expositivo utilízase para presentar, aclarar e sintetizar algunhas das temáticas que integran o programa da materia. Esta metodoloxía complementase coa análise documental destinado o afondamento dos temáticas. A sesión maxistral combínase coa clase invertida, deste xeito promovese o estudo autónomo do alumnado fóra da aula e a aprendizaxe colaborativa na aula.
|
Aprendizaxe colaborativa |
A aprendizaxe colaborativa é o principio que ha de rexir nas actividades grupais de análise de fontes documentais e nos traballos tutelados. É obxecto de auto-avaliación e co-avaliación e vai repercutir na cualificación de cada unha das persoas do grupo de traballo. |
Presentación oral |
Presentación grupal do traballo tutelado. A presentación vai ser avaliada polo resto do alumnado a partir dunha rúbrica, elaborada e consensuada polo alumnado a partir de varias propostas proporcionadas pola profesora e polo alumnado. |
Portafolios do alumno |
Consiste nun informe no que o alumnado da conta das aprendizaxes adquiridas, da súa aplicación no TFM e no período de prácticas e da relación existente co resto das materias do mestrado. O portafolios inclúe un mapa conceptual dixital dos contidos da materia e un glosario de termos. Tanto o portafolio como o mapa conceptual serán elaborados en formato dixital. |
Prácticas a través de TIC |
As practicas a través de TIC céntranse na busca e selección de información, na creación dun marcador social, na delimitación da súa contorna persoal de aprendizaxe e na construción de diferentes artefactos dixitais en distintos formatos que van ser incluidas no traballo tutelado ou/e no portafolio individual.
O marcador social e contorna persoal de aprendizaxe son compartidas co resto das materias do itinerario. Coas Prácticas a través das TIC preténdese que o alumnado adquira competencias dixitais docentes de diferentes áreas:
a) Información e alfabetización dixital (navegación, busca e filtraxe; avaliación da información, e almacenaxe e recuperación de información e contidos dixitais).
b) Comunicación e colaboración (compartir información e contidos, colaboración mediante vías dixitais, netiqueta e identidade dixital)
c) Creación de contidos dixitais (desenvolvemento de contidos dixitais (desenvolvemento e integracion e reelaboración de contidos dixitais)
d) Resolución de problemas (identificcación de necesidades e respostas , innovacion e uso da tecnoloxía dixital de xeito creativo e identificacion de lagoas na competencia dixital).
|
Traballos tutelados |
Consiste no deseño dunha unidade didáctica de orientación profesional para os módulos da especialidade ou para a titoría da formación profesional básica. O deseño desta proposta didáctica ten que valerse da aprendizaxe basada en proxectos e da utilización doutras metodoloxias activas (gamificación, clase invertida, aprendizaxe colaborativa etc.). |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada adopta distintas modalidades: grupal, individual, obrigatoria e a demanda. A súa finalidade é apoiar e supervisar o proceso de aprendizaxe individual e grupal.
O traballo tutelado (TT), como se indica na planificación, esixe de apoio personalizado, sendo obrigatoria a asistencia a tres titorías grupais Na primeira, teñen que dar conta da planificación do traballo e da organización e funcionamento do grupo. Na segunda supervísanse as tarefas realizadas. As aulas interactivas tamén son un espazo para a supervisión e para orientación do TT e da presentación oral.
A última titoría realízase despois da entrega do TT o seu obxectivo e proporcionar retroalimentación a partir dos criterios especificados na matriz de valoración.
As titorías grupais poderán realizarase en Teams. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 |
Consiste nun informe no que o alumnado dá conta das aprendizaxes construídas e reflexiona sobre proceso de aprendizaxe e sobre as relacións cos contidos do resto das materias do mestrado.
Os criterios de avaliación e cualificación concrétanse nunha rúbrica que se presenta o primeiro día de clase. |
25 |
Presentación oral |
C1 C3 |
Presentación grupal dun dos estudos de caso e da análise dos sesgos sexistas nos libros das materias da especialidade.
A presentación será co-avaliada polo alumnado a través dunha rúbrica elaborada e consensuada co alumnado. |
10 |
Prácticas a través de TIC |
C3 |
Consiste na construción dun marcador social e da propia contorna de aprendizaxe. Os criterios de avaliación para o marcador son o número de recursos armacenados, o seu nivel de descrición e valoración e o sistema de categorías e subcategorías utilizadas para a súa almacenaxe. Para a contorna persoal de aprendizaxe terase en conta o número de ámbitos, recursos e ferramentas incorporados e a análise e valoración realizada polo alumnado sobre a súa contorna persoal de aprendizaxe.
|
10 |
Traballos tutelados |
A18 A20 A21 A25 C1 C3 C7 |
O resultado do traballo tutelado é unha unidade didáctica de orientación profesional para un dos módulo da especialidade escollido polo alumnado. Os criterios de avalición e cualificación recóllense nunha rúbrica que se presenta o primeiro día de clase.
Utilizanse técnicas de auto e coavaliacion para valorar e cualificar o funcionamento do grupo e as achegas individuais ao traballo grupal.
Nunha sesión de titoría grupal obrigatoria proporcionarse , a partir dos criterios de avaliación e cualificación da matriz de valoración , información sobre os aspectos destacables e a mellorar da unidade didáctica.
|
55 |
|
Observacións avaliación |
ASISTENCIA E SISTEMA DE AVALIACIÓN A asistencia ás aulas presenciais e virtuais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular e que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de realizar e entregar as actividades feitas na aula. A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas catro actividades de avaliación descritas. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no portafolio e no traballo tutelado e ter realizadas o resto das actividades. Na avaliación da segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades non superadas.
Ó rematar as aulas e na data acordada, cada grupo presentará un dossier grupal coas actividades realizadas en grupo e coas fichas de auto-avaliación, co-avaliación e coa planificación do traballo grupal. Os resultados da co-avaliación teñen efectos na cualificación individual de cada alumna e alumno.
As persoas que non manteñan unha asistencia regular, realizarán unha proba mixta (de ensaio sobre os contidos da materia e de aplicación práctica) e as tarefas grupais faranas individualmente. Neste caso, a distribución das cualificaciones é a seguinte: proba mixta (4 puntos), traballo tutelado (4 puntos), presentación oral (1 punto) e as prácticas a través das TIC (1 punto). Para superar a materia teñen que obter a metade da cualificación no exame e no traballo tutelado. Na segunda oportunidade recuperarán as partes non superadas.
FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA
a) Ausencia de citación de fontes
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. b) Plaxio O plaxio en calquera das tarefas será motivo de suspenso, en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC, que establece: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Sultana, Robert (2016). La movilización de los servicios de orientación profesional en torno a una agenda de justicia social: una prioridad para todos. España: Universidad Castilla La Mancha/ Wolters Kluwer
Hooley, T. e Sultana, G. (2016). Career guidance for social justice.. ournal National Institute for Career Education and Counselling, nº 36, 2-11
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2016). Claves sobre la intervención de la orientación profesional en los sistemas de formación profesional. España: Universidad Castilla La Mancha/ Wolters Kluwer
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2016). El modelo de orientacio´n profesional en cuestión. Revisión de sus referentes teórico-prácticos. . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Arraiz, B. ;Careaga, H.;Carramiñana, S.; Oskoz, J.M. (2015). Guía para la incorporación de la perspectiva de género en el curriculum y en la actividad docente de las enseñanzas de régimen especial y de Formación Profesional. Victoria: Emakunde
Mc Carthy, J. (2016). la dimensión de servicio público de la orientación . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Cobo, A; Gutiérrez, E. e Planas, A. (2012). La orientación profesional y la búsqueda de empleo. Expereincias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral.. Barcelona: Editorial Grao
Mc Carthy, J. (2016). Laorientación profesional y las habilidades para la gestión de la carrera. Una perspectiva internacional. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Echeverría, Benito (coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
Sánchez García, María Fe (2014). Orientación profesional y personal. Madrid: UNED
Conzittu, Damien (coord) (2019). Penser et agir l'orientation au 21e siècle : De l'élève au citoyen engagé. Editions Qui plus est |
Para cada tema e para a realización do traballo tutelado facilítase bibliografía básica e complementaria comentada. En moodle tamén se recompilan fontes electrónicas de interese para cada un dos temas. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Formación profesional e mercado laboral/652606611 | Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral/652606621 | Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral/652606E31 |
|
Observacións |
COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL Co obxectivo de facer un uso sustentábel dos recursos e de evitar impactos negativos sobre o medio natural as tarefas entregaranse en formato dixital. ACTUALIZACIÓN DO PERFIL EN MOODLE
Na segunda sesión de clase todo o alumnado ha de ter pendurada unha foto actual no seu perfil de moodle
CARGA DE TRABALLO A realización das tarefas indicadas na guía docente supoñen unha dedicación de 72 horas de traballo fóra da aula. |
|