Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A25 |
(CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. |
A26 |
(CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Buscar, seleccionar, analizar e presentar propostas docentes innovadoras nos módulos da especialidade de FOL |
AP25 AP26
|
|
CM1 CM3 CM6 CM7
|
Comprender e valorar a importancia da innovación e da investigación como ferramentas para a mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe e para a propia aprendizaxe profesional. |
AP25 AP26
|
|
CM6 CM7
|
Analizar e valorar ámbitos de innovación e investigación no centro de prácticas |
AP25 AP26
|
|
CM7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. A innovación nos módulos e materias da especialidade.
|
1.1. Conceptos básicos de referencia
1.2. Ámbitos de innovación na Formación Profesional
1.3. Competencias transversais e Obxectivos do desenvolvemento sostible como ámbitos de innovación.
1.4. Experiencias innovadoras en Orientación profesional
1.5. Experiencias innovadoras no módulo de FOL e de Empresa e iniciativa emprendedora
|
TEma 2. A investigación no ámbito docente e orientador |
2.1. Temáticas e metodoloxía
2.2. Estudos de inserción laboral
2.3. Estudos sobre orientaciòn profesional |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A25 A26 C3 C6 C7 |
4 |
18 |
22 |
Presentación oral |
A25 C1 C3 C6 |
3 |
2 |
5 |
Prácticas a través de TIC |
C3 C6 C7 |
1 |
4 |
5 |
Portafolios do alumno |
A25 A26 C1 C6 C7 |
4 |
8 |
12 |
Sesión maxistral |
A25 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
As fontes documentais obxecto de análise recollen experiencias innovadoras e pesquisas. Nos dous casos referidas a Formación Profesional, as materias ou módulos da especialidade e a outras etapas educativas, sempre e cando podan ser transferibles á especialidade. Previamente a súa análise, teñen que buscalas e seleccionalas.
As experiencias e pesquisas analizadas teñen que incorporarse nun portafolio grupal e teñen que difundirse entre o grupo clase a través dunha ferramenta dixital previamente seleccionada.
|
Presentación oral |
As experiencias analizadas terán que ser presentadas na aula. Para isto dispoñen de 30 minutos e as persoas do grupo deberán de expor a experiencia analizada por outra compañeira/o.
|
Prácticas a través de TIC |
As practicas a través de TIC céntranse na busca e selección de información, na creación dun marcador social, na delimitación da súa contorna persoal de aprendizaxe e na utilización dunha ferramenta dixital para compartir as experiencias analizadas e comentar e valorar as estudadas polo resto dos grupos.
O marcador social e contorna persoal de aprendizaxe é compartida coa materia de Inserción e orientación laboral. Con estas actividades o alumnado exercita competencias dixitais docentes de tres áreas:
a) Información e alfabetización dixital (navegación, busca e filtraxe; avaliación da información, e almacenaxe e recuperación de información e contidos dixitais).
b) Comunicación e colaboración (compartir información e contidos, colaboración mediante vías dixitais)
c) Creación de contidos dixitais (desenvolvemento de contidos dixitais (desenvolvemento e integracion e reelaboración de contidos dixitais)
|
Portafolios do alumno |
As experiencias e pesquisas analizadas teñen que incorporarse nun portafolio grupal dixital. O portafolio ten unha parte individual (análise e valoración das expereincias e das fontes) e unha parte elaborada grupalmente sobre o concepto de innovación educativa. |
Sesión maxistral |
Coa lección maxistral preséntanse os principais eixos e ámbitos de innovación e investigación nos módulos e materias da especialidade e acótanse conceptos relacionados coa innovación educativa. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
A atención personalizada está vencellada principalmente a busca e selección de experiencias e a elaboración do portafolio. As titorías grupais serán presencialmente e a través de Teams. No caso de que se supriman as aulas, para cada grupo de traballa fixarase un calendario no horario de clase para a supervisión do portafolio.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
C3 C6 C7 |
A creación do marcador social é grupal. Os criterios de avaliación son o número de recursos incorporados, as etiquetas utilizadas para a súa clasificación e o nivel de descrición e valoración dos recursos incorporados. O peso na cualificación é de 0,75 puntos.
A construción da contorna persoal de aprendizaxe é individual, o peso na cualificación é de 0,75 puntos.
Os criterios de avaliación e cualificación para cada unha das tarefas recóllense en sendas matrices de valoración que se presentan o primeiro día de clase. |
15 |
Presentación oral |
A25 C1 C3 C6 |
Todas as persoas do grupo expoñen as experiencias analizadas. A cualificación das presentacións vai ser outorgada polo alumnado a partir da valoración dos criterios recollidos nunha escala de valoración.
|
15 |
Portafolios do alumno |
A25 A26 C1 C6 C7 |
O portafolio ten unha parte individual e unha parte grupal, elaborada a partir dunha posta en común. A parte individual puntúa até 40 puntos e a grupal 30. Os criterios para a primeira son os seguintes:
- Selección (variedade, relación coa FP e coas materias e funcións orientadoras do profesorado de FOL, transferibilidade e valoración das fontes utilizadas)
- Descrición das experiencias conforme os criterios previamente fixados.
- Valoración das experiencias e da súa transferibilidade.
Para a parte grupal os criterios son:
- Concepto de innovación, dimensións, concreción para a FP e as materias da especialidade e fontes utilizadas.
- Valoración conxunta das aprendizaxes adquiridas e das experiencias.
- Coñecemento e valoración das experiencias do resto dos grupos.
- Creación artefacto dixital para a difusión das experiencias, caracterización e valoración síntética das experiencias.
|
70 |
|
Observacións avaliación |
CUALIFICACION FINAL E REQUERIMENTOS PAR APROBAR A cualificación final será o resultado das puntuacións obtidas nas tres actividades, Para superar a materia é indispensábel realizar as tres actividades e obter a metade da cualificación (35) no portafolio. PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NA AVALIACIÓNUnha das premisas é que o alumnado participe na avaliación, consensuando os criterios de cualificación e sendo axente de avaliación a través de procedementos de auto e coavaliación. Por esta razón, os criterios de cualificación poden ser modificados. SEGUNDA OPORTUNIDAE Na segunda oportunidade realizarán as actividades non superadas ou non realizadas. ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA Para este alumnado rixe o mesmo sistema de avaliación, coa excepción de que as actividades realízanse individualmente. INTEGRIDADE ACADÉMICA
Ausencia de citación de fontes As citas e referencias a calquer tipo de documento deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7ª edición. Plaxio O plaxio nas actividades de avaliación será motivo de suspenso. Así se recolle no artigo 14.4 da normativa académica de avaliación da UDC : “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Inserción e orientación laboral/652606612 | Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral/652606621 | Iniciación á investigación educativa/652606E32 | Innovación docente/652606E42 |
|
Observacións |
Débese facer un uso sustentábel dos recursos co obxecto de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. En coherencia cos principios enunciados, as tarefas que son obxecto de avaliación entregaranse en formato dixital. |
|