Modo de avaliación para o alumnado que asiste regularmente
A avaliación realizarase de acordo cos seguintes criterios e
instrumentos:
Criterios de avaliación:
- Verificación do cumprimento dos obxectivos marcados.
- Asimilación dos contidos teóricos e prácticos.
- Valoración dos traballos realizados durante o curso tanto
colaboradores coma individuais.
Instrumentos de avaliación:
- I.1 Uso da Lingua Inglesa: 1 punto
- I.2 Didáctica da LE: 3 puntos
- I.3 Comprensión e expresión escrita (lecturas e análise de fontes): 2 puntos
- I.4 Traballo grupal ou individual: 2,5 puntos
- I.5 Presentación Oral: 1 punto
- I.6 Portafolios (Opcional) 0.5 puntos
A avaliación dos items I.1, I.2 realizarase na data
programada no calendario académico oficial e é de carácter individual.
A avaliación dos items I.3, I.4 e I.5 realizarase na data
programada no cronograma ao comezo do curso e pódese facer individualmente ou
en grupo (non máis de catro estudantes).
A avaliación do item I.6 é opcional.
Os items 1, 2, 3, 4 e 5 son de obrigado cumprimento para
aprobar a materia. A nota final será o resultado da suma exacta das cualificacións obtidas.
A obtención dun suspenso
implica a repetición de todas as probas na súa totalidade na seguinte
convocatoria.
A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
Modo de avaliación para o alumnado que non asiste
regularmente
1. Alumnado con dispensa académica:
* Aquel que en aplicación da: "Norma que regula o
réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na Universidade da
Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 29 de maio de 2012), se lle
recoñecera a condición de estudante a tempo parcial e solicitara ao Decano/a a
correspondente dispensa académica quedando eximido/a da obligatoriedade de
asistencia.
2. Alumnado de
continuación de estudos (repetidores).
3. Alumnado que non cumpra o 80% de asistencia a clase.
Criterios de avaliación:
- Verificación do cumprimento dos obxectivos marcados.
- Asimilación dos contidos teóricos e prácticos.
- Valoración dos traballos realizados durante o curso.
Instrumentos de avaliación:
A. Proba individual
- I.1 Uso da Lingua Inglesa: 1 punto
- I.2 Didáctica da LE: 3 puntos
B. Traballo, tarefas e presentación oral
- I.3 Comprensión e expresión escrita (lecturas e análise de fontes): 2 puntos
- I.4. Traballo individual. 2,5 puntos.
- I.5. Presentación oral. 1 punto.
- L.6. Portafolio (Opcional): 0,5
A avaliación do apartado A (I.1, I.2) realizarase na data programada no calendario académico oficial e é de carácter
individual. A avaliación do apartado B (I.3, I.4, I.5 e L6) realizarase na data acordada coa profesora e tamén é de carácter individual.
Os items 1, 2, 3, 4 e 5 son de obrigado cumprimento para aprobar a materia. A nota final será o resultado da suma exacta das cualificacións obtidas.
A obtención dun suspenso implica a repetición de todas as probas na súa totalidade na seguinte convocatoria.
A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.