Competencias do título |
Código
|
Competencias do título
|
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A6 |
Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. |
A7 |
Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa. |
A8 |
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos |
A11 |
Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa. |
A13 |
Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención. |
A14 |
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A21 |
Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias do título |
Coñecer á terminoloxía; as diversas fases do plantexamento da investigación e as diversas metodoloxías tanto do ámbito cuantitativo como cualitativo da intervención socioeducativa |
A5 A6 A7 A8 A11 A13 A14 A21
|
B4
|
C2
|
Analizar a información recollida nos procesos da intervención socioeducativa, empregando as técnicas de análise adecuadas |
|
B1 B2 B5 B6
|
|
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse dende diversas perspectivas e unha de elas a perspectiva de xénero
|
|
|
C1 C3 C4 C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
BLOQUE I.- FUNDAMENTOS DA INVESTIGACIÓN EN EDUCACIÓN |
TEMA 1. - A INVESTIGACIÓN EDUCATIVA.
1.1. Definición e características da investigación científica.
1.2 Definición e características da investigación educativa.
1.3. Tipos de Investigación.
TEMA 2. - OS PARADIGMAS DE INVESTIGACIÓN.
2.1. Cuestións básicas.
2.2. Características dos paradigmas.
2.3. Posicións ante a diversidade paradigmática. |
BLOQUE II.- A INVESTIGACIÓN NO ÁMBITO EDUCATIVO E SOCIAL |
TEMA 3. - O PROCESO XERAL DE INVESTIGACIÓN.
3.1. Formulación do problema.
3.2. Revisión da literatura.
3.3. Hipótese e variables.
3.4. Deseños de investigación.
3.5. Poboación e mostra.
3.6. Técnicas de recollida de datos.
3.7. Informe da investigación.
3.8. Diferenzas do proceso de investigación dende a perspectiva cuantitativa e/ou cualitativa. |
BLOQUE III.- METODOLOXÍA CUANTITATIVA E CUALITATIVA NA INVESTIGACIÓN EDUCATIVA |
TEMA 4. - A INVESTIGACIÓN DENDE UNHA PERSPECTIVA CUANTITATIVA.
4.1. Introdución.
4.2. Investigación experimental
4.3. Investigación non experimental.
TEMA 5. - INVESTIGACIÓN DENDE UNHA PERSPECTIVA CUALITATIVA.
5.1. Investigación acción, investigación colaborativa e investigación participativa.
5.2. Investigación evaluativa
5.3. Otros métodos cualitativos: biográfico, etnográfico, fenomenología, etnometodología y estudio de casos.
TEMA 6.- A ESTADÍSTICA COMO INSTRUMENTO DE INVESTIGACIÓN. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Aprendizaxe colaborativa |
A7 A8 A11 A13 A14 A21 B4 C1 C6 C8 |
2 |
24 |
26 |
Análise de fontes documentais |
C4 |
0 |
12 |
12 |
Obradoiro |
B2 C1 C2 |
9 |
9 |
18 |
Proba mixta |
A5 A6 A11 A13 B1 B2 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 |
4 |
4 |
8 |
Prácticas a través de TIC |
A5 A6 A7 B1 C3 C6 C8 |
10 |
10 |
20 |
Solución de problemas |
A5 A6 A7 A11 A13 A14 B1 B2 B5 C1 C2 C3 C4 C6 C8 |
10 |
10 |
20 |
Estudo de casos |
A6 A7 A11 A14 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 |
10 |
10 |
20 |
Sesión maxistral |
A6 B5 C4 C6 C8 |
10 |
10 |
20 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Aprendizaxe colaborativa |
Esta metodoloxía combínase con outras metodoloxías como obradoiro, análise de fontes documentais, esquemas, lecturas, mapas conceptuais, solución de problemas, etc. Todos estes procedementos serán guiados de FORMA PRESENCIAL (ou virtual, a través da plataforma TEAMS) e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación. Para a súa realización configúranse grupos pequenos (non máis de 2 persoas). E lévanse a cabo durante todas ás clases interactivas da materia.
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
|
Análise de fontes documentais |
Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise destes. Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" |
Obradoiro |
Esta metodoloxía está destinada unicamente aos contidos da materia do tema 2,tema 3, tema 4, tema 5 e o tema 6. Coa mesma, inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como, por exemplo, solucións de problemas, prácticas a través de TIC, etc. Pero tendo presente que con ela o alumnado desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto só se levará a cabo cando se explique ditos temas. A profesora presentaran ao alumnado os apuntes destes temas (a través de moodle); nas clases expositivas explicará con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas a profesora presentará fichas guiadas (practicas guiadas) para que o/a alumno/a as leve a cabo. PARA TODO ISTO O ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS. Para a entrega desta metodoloxía a profesora planificarán unha data de entrega en moodle
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
|
Proba mixta |
Proba utilizada para a avaliación das aprendizaxes tanto das clases expositivas como interactivas. Conta de dúas partes:
a) Parte teórica: será o que o/a profesor/a presenta nas clases expositivas. Todos os contidos da guía docente.
b) Parte análise: será unicamente o que o/a profesor/a expón e traballe co alumnado no tema 6 do apartado contido desta materia.
As preguntas destas partes poden ser directas ou afirmacións incompletas, mesmo preguntas con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións. Pero só unha e a máis correcta. NESTA PROBA AS RESPOSTAS INCORRECTAS RESTARÁN ÁS CORRECTAS. A materia supérase cando se supera todas as partes e nunca se gardará algunha das partes para outras convocatorias.
|
Prácticas a través de TIC |
Esta metodoloxía empregarase para dous tipos de actividades:
a) Realización de probas online de cada contido teórico abordado nas sesións expositivas. Levarase a cabo un test ao final de cada sesión interactiva, onde o alumnado poderá poñer a proba as aprendizaxes adquiridas nas sesións teóricas e aplicadas nas sesións interactivas. Estas probas formarán parte da avaliación final da materia.
b) Análise da información informatizada. Emprego de programas informáticos tanto cuantitativos como cualitativos tanto para o análise da información. O desenvolvemento desta actividade de análise será complementario á metodoloxía de solución de problemas.
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
|
Solución de problemas |
Esta metodoloxía utilízase unicamente para o tema 6 dos contidos da materia. O alumnado disporá das clases interactivas para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento único (que constituirá a metodoloxía do Obradoiro), que denominará “Métodos de investigación” que será entregado na data estipulada pola docente.
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social
|
Estudo de casos |
Esta metodoloxía empregarase para a realización das prácticas correspondentes aos temas 2, tema 3, tema 4 e tema 5 dos contidos da materia. Presentarase ao alumnado un exercicio por grupo e deberán aplicar os coñecementos teóricos adquiridos nas sesións expositivas á resolución do mesmo. O alumnado disporá das clases interactivas para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento (que constituirá a metodoloxía do Obradoiro) único que denominará “Métodos de Investigación”, e que será entregado na data estipulada pola docente
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social".
|
Sesión maxistral |
Clase impartidas pola profesora, nas clases expositivas, sobre os contidos xa citados no apartado de “contidos” desta guía docente. Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra e a vista como vía de transmisión da información a todo o grupo.
As clases expositivas, durante este curso académico 2020-2021, non serán presenciais, debido o número de estudantes matriculados na materia. Por tanto, preséntase cunha semana de antelación ao estudantado en Moodle (as clases expositivas serán de 9 a 10:30 os venres) o material en Power Point con la grabación de su voz (a través de Moodle e Stream) para el seguimiento de la exposición. En este material, el alumnado tendrá referencias bibliográficas para consultar o, también, para completar o seguir la exposición de las profesoras.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
Solución de problemas |
Sesión maxistral |
Obradoiro |
Aprendizaxe colaborativa |
Análise de fontes documentais |
Proba mixta |
Estudo de casos |
|
Descrición |
Na atención personalizada a profesora resolverá as dúbidas que teña o/a alumno/a sobre os diferentes temas a traballar na materia. Pero ademais calquera dúbida que poida xurdir para a solución de problemas, nas lecturas, no obradorio, na aprendizaxe colaboradora, a análise de fontes documentais como nas prácticas a través de TIC. Durante estas sesións, realizarase un seguimento do traballo do estudantado, supervisando e orientando mais directamente o proceso a seguir en cada unha das actividades realizadas.
Esta atención personalizada realizarase no despacho da profesora (P1A15) no horario de titorías. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho das profesoras, na páxina web do departamento como na Facultade de Ciencias da Educación.
A ATENCIÓN PERSONALIZADA REALIZARASE CARA A CARA ENTRE O ESTUDANTADO E PROFESOR. ESTA ATENCIÓN TEN QUE SER INDIVIDUAL (PARA CUMPRIR ASÍ AS RECOMENDACIÓNS ORIXINADAS POLO COVID-19). PODEN SER GRUPAIS PERO A TRAVÉS DE TEAMS (estas para o estudantado presencial)
PARA PODER ORGANIZAR DITA ATENCIÓN. O ESTUDANTADO DEBE COMUNICARSE PRIMEIRAMENTE COA PROFESORA VÍA CORREO ELECTRÓNICO (NESE CORREO SOLICITARÁ UNHA TUTORIA INDIVIDUAL OU GRUPAL). LEMBRADE QUE A PROFESORA É A QUE MARCARÁ O HORARIO DE DITA TUTORIA. SE O ESTUDANTADO NON ENVÍA ESE CORREO ELECTRÓNICO, AS PROFESORAS NON O ATENDENRÁN BAIXO NINGUNHA CURCUNSTANCIA.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
A5 A6 A7 B1 C3 C6 C8 |
Esta metodoloxía será empregada unicamente para avaliar os progresos do alumnado na comprensión dos contidos teóricos da materia (clases expositivas).
Realizaranse breves tests de coñecemento (do desenvolvido durante a sesión expositiva e interactiva correspondentes). Empregaranse os 30 últimos minutos das clases interactivas (o estudantado deberá conectarse por moodle para realizar estas avaliacións). IMPRESCINDIBLE QUE CADA ESTUDANTE TRAIGA NAS CLASES INTERACTIVAS O SEU ORDENADOR E TODO O MATERIAL QUE PRECISE PARA REALIZAR ESAS PRÁCTICAS.
|
20 |
Solución de problemas |
A5 A6 A7 A11 A13 A14 B1 B2 B5 C1 C2 C3 C4 C6 C8 |
Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 6). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o/a alumno/a desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 6. A profesora presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través de moodle); nas clases expositivas explicará con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas a profesora presentará prácticas guiadas para que o alumno/a as realice PARA TODO ESTO O/A ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.
O/a alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ao docente no prazo establecido, baixo o nome de “Métodos de Investigación” (que será a metodoloxía Obradoiro).
A profesora antes de finalizar o período lectivo realizará un simulacro de dita proba, no horario de clase da materia. As preguntas dese simulacro estarán a disposición do alumnado matriculado nesta materia en moodle. A asistencia a este simulacro non é obrigatoria
|
20 |
Proba mixta |
A5 A6 A11 A13 B1 B2 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 |
O exame da convocatorias de xuño ou xullo é o que fai referencia a avaliación desta metodoloxía e consta de dúas partes:
1-Parte Teórica constará dun número de ítem de resposta aberta, ou de resposta breve ou de verdadeiro e falso pero xustificando (o tipo de preguntas o determinará o profesorado). Unha pregunta cunha resposta incorrecta resta unha pregunta cunha resposta correcta. Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 10 sobre 20 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí (non se garda nota de ningunha parte, en ningunha convocatoria, se se suspende).
2-Parte ANALISE. Esta parte consta de varios problemas estatísticos ou preguntas de respostas breves ou preguntas de verdadeiro e falso (o profesorado será o que decida o tipo de preguntas). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 10 sobre 20 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí.
NOTA ACLARATORIA:
Se se suspende algunha das partes (non se alcanza a puntuación mínima para aprobar) o alumnado debe ir á seguinte convocatoria con todo. NON SE GARDAN PARTES DE NINGÚN EXAMEN DUNHA CONVOCATORIA PARA OUTRA OU OUTRAS CONVOCATORIAS.
A DATA DOS EXAMES DAS CONVOCARTORIAS ESTÁN MARCADOS POR XUNTA DE FACULTADE POLO TANTO NON SE MOVEN.
O BAREMO QUE SE SIGUE EN CADA UNHA DAS PARTES, A TER EN CONTA:
a) 10 PUNTOS A 13 PUNTOS EQUIVALE A UN APROBADO (5-6). Concretamente, 10 e 11 puntos equivale a un cinco; 12-13 puntos equivale a un seis.
b) 14 PUNTOS A 17 PUNTOS EQUIVALE A UN NOTABLE (7-8). Concretamente, 14 e 15 puntos equivale a un sete; 16-17 puntos equivale a un oito.
c) 18 PUNTOS A 20 PUNTOS EQUIVALE A UN SOBRESAÍNTE (9-10). Concretamente, 18 e 19 puntos equivale a un nove; 20 puntos equivale a un 10
|
40 |
Estudo de casos |
A6 A7 A11 A14 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 |
Esta tarefa está destinada aos contidos da materia (tema 2, tema 3, tema 4 e tema 5). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o alumno desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto so se levará a cabo cando se explique os temas. O profesorado presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través de moodle); nas clases expositivas explicará con casos ditos apuntes; nas clases interactivas o profesorado presentará prácticas guiadas (fichas guiadas) para que o alumnado as realice PARA TODO ESTO O ALUMNADO DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.
O alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ao docente no prazo establecido, baixo o nome de “Métodos de Investigación” (denominado metodoloxía Obradoiro).
O profesor/a antes de finalizar o período lectivo realizará un simulacro de dita proba, no horario de clase da materia. As preguntas dese simulacro estarán a disposición do alumnado matriculado nesta materia en moodle. A asistencia a este simulacro non é obrigatoria
|
20 |
|
Observacións avaliación |
Na
avaliación da materia (exposta no apartado da guía docente, denominado
"Paso 7: Avaliación") terase en conta antes de nada o seguinte: a)
ESTUDIANTES QUE ASISTAN SEMPRE A CLASE (ou alumnado con dispensa académica)
(estudantes presenciais) considéranse que asisten un 80%, isto equivale a non ter máis de 3
faltas sen xustificar. Xustifícase as faltas médicas (con xustificante
correctamente cuberto por un médico colexiado) e as faltas por un traballo (con
xustificante correctamente cuberto no traballo onde se xustifique que en horas
de clase se está a traballar) ou calquera outra falta sempre co documentación
homologado. Os test online previstos para o final de cada sesión interactiva
deberán ser realizados na aula; en ningún caso (a excepción do alumnado con
dispensa académica) poderase realizar fóra da aula. A asistencia ás clases
interactivas será contabilizada a partir das respostas aos tests online. Non se
poderá ter máis de dúas faltas de asistencia en cada unha das partes da materia
(técnicas de recollida e técnicas de análise). As cualificacións das probas de
coñecemento que realízanse nas clases interactivas non serán reais ata que se entregue
o dossier (metodoloxía Obradoiro) A
avaliación destes alumnos ten en conta o seguinte: 1-A proba mixta;2-As
practicas a través das TIC; 3-O estudo de casos e 4-Solución
de problemas. As avaliacións dende o 2 ao 4, ambas inclusive so serán efectivas
a entrega do dossier (metodoloxía Obradoiro) Nota
aclaratoria: Estes
estudantes seguirán sendo presenciais (nas mesmas circunstancias ou perderán
dita categoría) se, por mor da crise sanitaria, as clases son virtuais. Xa que
as expositivas son virtuais sempre, as clases interactivas seguirán as mesmas
normas pero a través de teams. Para elo, o profesorado configurará en teams os
grupos interactivos e terán clases no mesmo horario que foi aprobado na xunta
de facultade. A avaliación, nestas circunstancias (crise sanitaria), será
sempre por moodle. A
proba mixta para estes estudantes, da igual que as clases interactivas sexan
presenciais ou virtuais, será sempre por moodle. b)ESTUDANTES
QUE NON ASISTAN SEMPRE A CLASE (estudantes non presenciais) considéranse que non
asisten cando faltan máis dun 80%, é dicir, ten máis de tres faltas sen
xustificar, ou ben ten máis de dúas faltas nunha das partes da materia
(técnicas de recollida e/ou análise da información). Se xustifica as faltas
médicas (con xustificante correctamente cuberto por un médico colexiado) e as
faltas por un traballo (con xustificante correctamente cuberto no traballo onde
se xustifique que en horas de clase se está a traballar), aínda que en ningún
caso estes xustificantes suporán a posibilidade de realizar os tests online
fóra de prazo. Tamén pode ser aquel estudantado que así opte dende o inicio da
materia (o primeiro día de clase o profesorado presentará esta opción que o
estudantado pode elixir) Estes estudantes se presentarán ás probas das
convocatorias de xuño ou xullo. Se recomenda que o estudantado realice os dous
traballos da materia de forma autónoma, posto que estes serán avaliados na
proba final da materia (60%), xunto cos contidos teóricos propios da proba
mixta (40%). Neste sentido estes estudantes só farán a proba mixta a través de
moodle
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Arnal, J., Del Rincón, D. y Latorre, A. (1992). Investigación educativa. Fundamentos y metodología. Barcelona: Labor. Bisquerra, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla.
Colás, P. y Buendía, A. (1992). Investigación educativa. Sevilla: Alfar.
De La Orden, A. (1985).Investigación educativa. Diccionario de Ciencias de la Educación. Madrid: Anaya.
De la Herrán (Coord.) (2005). Investigar en educación. Fundamentos, aplicaciones y nuevas perspectivas. Madrid: Dilex.
Dendaluce, I. (Coord.) (1988). Aspectos metodológicos de la investigación educativa. (II Congreso Mundial Vasco). Madrid: Narcea.
Etxeberría, J. y Tejedor Tejedor, F. J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. Madrid: La Muralla.
García, V. (1994). Problemas y métodos de investigación en educación personalizada. Madrid: Rialp.
García, M. (2000). Socioestadística. Introducción a la Estadística en Sociología. Madrid: Alianza.
García, M (coord.) (2015). El análisis de la realidad social: métodos y técnicas de investigación. Madrid: Alianza
Hernández, R., Fernández, C. y Baptista, P. (2003). Metodología de la investigación. (3ª. Edic.). México: McGraw-Hill.
Latorre, A. (2003).La investigación-acción. Conocer y cambiar la práctica educativa. Barcelona: Graó.
León, O. y Montero, I. (1993).Diseño de investigaciones. Introducción a la lógica de la investigación en Psicología y Educación. Madrid: McGraw-Hill.
Losada, J. L. y López, R. (2003).Métodos de investigación en Ciencias Humanas y Sociales. Madrid: Thomson.
Orfelio, L (2015). Métodos de Investigación en Psicología y educación: las tradiciones cualitativas y cuantitativa. Madrid: McGrawHill
Pérez, G. (Coord.). (2001). Modelos de investigación cualitativa en Educación Social y Animación Sociocultural. Aplicaciones Prácticas. Madrid: Narcea.
Rodríguez, G., Gil, J. y García, E. (1996). Metodología de la investigación cualitativa. Málaga: Aljibe.
Verd, J.M. (2016). Introducción a la investigación cualitativa: fases, métodos y técnioas: Madrid: Síntesis |
Bibliografía complementaria
|
|
Almazán, A et al. (2011). Análisis estadístico para la investigación social. Madrid: Garceta Bisquerra, R (1987).Introducción a la estadística aplicada a la investigación educativa. Barcelona: Promociones y Publicaciones Universitarias. Bisquerra, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla. De Lara, E. y Ballesteros, B (2001). Métodos de investigación en educación social. Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia.
De la Herrán (Coord.) (2005). Investigar en educación. Fundamentos, aplicaciones y nuevas perspectivas. Madrid: Dilex.
Fox. D.J. (1987). El proceso de investigación en educación. Pamplona: Eunsa.
Grim, P. (2010). La certeza absoluta y otras fricciones. Los secretos de la estadística. Barcelona: RBA Libros
Monje, C (2011). Metodología d ela investigación cualitativa y cuantitativa. Guía didáctica. Recuperado de: https://www.uv.mx/rmipe/files/2017/02/Guia-didactica-metodologia-de-la-investigacion.pdf (consultado: 03/07/2018)
Sierra, R. (1987). Técnicas de Investigación social. Teorías y ejercicios. Madrid: Paraninfo
Enlaces WEB:
Métodos y técnicas de investigación https://www.gestiopolis.com/metodos-y-tecnicas-de-investigacion/ (consultado: 03/07/2018)
Métodos de Investigación social: https://metodoss.com/investigacion-social/ (consultado: 03/07/2018)
Metodología d ela investigación: https://sites.google.com/site/51300008metodologia/caracteristicas-cualitativa-cuantitativa (consultado: 03/07/2018)
Aula virtual: https://educacionadistancia.juntadeandalucia.es/profesorado/autoformacion/mod/book/view.php?id=3847&chapterid=3127 (consultado: 03/07/2018)
Uso de los métodos cuantitativos y cualitativos en la investigación https://prezi.com/awtmyv2x2_9a/el-uso-de-los-metodos-cuantitativos-y-cualitativos-en-una-investigacion/ (consultado: 03/07/2018)
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Métodos de avaliación de programas/652G03023 | Técnicas de recollida e análise da información/652G03026 |
|
Observacións |
Se pueden consultar las siguientes fuentes:
http://www.udc.es/dep/fam
http://www.educacion.udc.es
http://www-ice.up.es/upc/ice/ice.nsf.
http://dialnet.inicaja.es
http://www.mec.es
http://bibloteca.udc.es
http://www.um.es/~depmide/RIE
http://www.uv.es/a
http://www.bne.es
http://aera.net
Comité Ambiental da Facultade (GREEN CMPUS) recoméndase:
-Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser
posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel
reciclado e evitar imprimir borradores.
-Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de
impactos negativos sobre o medio natural.
-Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e
profesionais.
tamén recomendase utilizar LENGUAXE INCLUSIVO |
|