Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. |
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A6 |
Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. |
A7 |
Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa. |
A9 |
Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario. |
A11 |
Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa. |
A15 |
Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa. |
A19 |
Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos. |
A20 |
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos. |
A21 |
Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B3 |
Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. |
B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer a terminoloxía específica da pedagoxía do lecer o do tempo libre |
A1 A5 A6 A9
|
B1 B4
|
|
Elaborar e xestionar medios e recursos para intervención no tempo libre |
A15 A19 A21
|
B3 B6
|
C6
|
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan presentar, defender e desenvolver proxectos cara o tempo libre |
A7 A11 A20
|
B6
|
C1 C3 C5 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Lecer e tempo libre na sociedade contemporánea e as súas potencialidades educativas. |
1.1. Os tempos sociais.
1.2. Lecer e tempo libre.
1.3. Pedagoxía do lecer. |
2. A acción-intervención educativa no tempo libre. |
2.1. Espazos, ámbitos e contextos da acción-intervención no tempo libre.
2.2. Estratexias de dinamización do tempo libre. |
3. A animación teatral como ferramenta de intervención no tempo libre en múltiples contextos. |
3.1 Xenealoxía da animación teatral.
3.2 A súa práctica. |
4. Unha programación: elaboración e deseño |
4.1 Pasos e factores a ter presentes na elaboración dunha programación. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A5 A7 A9 A21 |
18 |
2 |
20 |
Aprendizaxe colaborativa |
A20 |
3 |
20 |
23 |
Estudo de casos |
B1 B3 B4 |
13 |
52 |
65 |
Discusión dirixida |
B6 |
3 |
3 |
6 |
Lecturas |
C5 C6 C7 |
2 |
5 |
7 |
Simulación |
A6 A11 A15 A19 C1 C3 |
2 |
8 |
10 |
Proba mixta |
A1 A7 |
2 |
16 |
18 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A exposición maxistral é moi reducida, sendo que esta se complementa con actividades de aprendizaxe cooperativa, de construción de coñecemento a partir de lecturas previas, buscando que o alumnado se sitúe fronte aos contidos abordados e constrúa saber. |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
As propias ferramentas empregadas preséntanse como estratexias de traballo na dinamización da participación social e comunitaria no ámbito do tempo libre, polo que se coida a reflexividade sobre a propia técnica de aprendizaxe. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo |
Discusión dirixida |
A partir de lecturas previas, e empregando estratexias de debate en pequeno grupo, o alumnado debaterá sobre temas que suscitan o seu interese e que os confronta coa realidade social e profesional (a vivencia dos tempos, a experiencia do lecer, etc.) |
Lecturas |
Conxunto de textos e documentación escrita que permiten afondar nos contidos traballados. En ocasións as lecturas deberán realizarse de forma previa, de forma que permitan o traballo activo do alumnado na sesión de clase. |
Simulación |
Baséase na solicitude de elaboración dunha programación de tempo libre propondo situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Estudo de casos |
Proba mixta |
|
Descrición |
O alumno/a que determina cursar a materia (por motivos laborais e xustificados) sen presencia continuada e regular, deberá conversar co profesor a planificación oportuna. A súa avaliación será defirente ao alumnado en xeral, tendo que superar as actividades que propoña o profesor (lecturas, seguimento acción, exame). |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A1 A5 A7 A9 A21 |
Valórase a presenza e implicación no desenvolvemento das clases, tanto prácticas (dinámicas de xogos, habilidades comunicativas, obradoiro de animación teatral...) como teóricas así como nos encontros con experiencias e profesionais do sector |
60 |
Lecturas |
C5 C6 C7 |
O Dossier do alumnado que se porá a disposición do mesmo, serán artigos e documentos que, a longo das clases, o profesor poderá solicitar unha opinión sobre eles. Para computar positivamente ditas lecturas, o profesor formulará cuestións ao redor dos mesmos. |
15 |
Estudo de casos |
B1 B3 B4 |
O profesor valorará as achegas razoadas do alumno/a. A súa capacidade de ligar os coñecementos das diversas materias, a madureza nas reflexións, as citas e a propia bagaxe experiencial do alumno/a. |
25 |
Proba mixta |
A1 A7 |
Só para aquel alumnado que, por circunstancias excepcionais, non poida asistir regularmente á clase |
0 |
|
Observacións avaliación |
As persoas que non acadan un mínimo do 80% das sesións presenciais ou que dispoñan de dispensa académica por motivos xustificados, de querer superar a materia deberán: Realizar unha proba teórico-aplicativa o día do exame que supón o 60% da cualificación deste alumnado. O traballo tutelado, para estas persoas, será de obrigado cumprimento en consenso co profesor (40%).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Caballo, B. (2009). Os desafíos socioprofesionais
do traballo en ocio e tempo libre, en Otelo, C. (coord.). La pedagogía del ocio: nuevos
desafíos, pp. 26-31. Lugo: Editorial AXAC. Caballo, B. e Fraguela, R. (coords.) (2005): A acción municipal no tempo
libre. Deputación da Coruña: A Coruña. Colección Cadernos
Temáticos interea. Caride, J.A. (2004). Lo que el tiempo educa: el
ocio como construcción pedagógica y social. Arbor Ciencia, Pensamiento
y Cultura. Vol. 188 - 754 marzo-abril (2012) 301-313 ISSN: 0210-1963. doi:
10.3989/arbor.2012.754n2004 Cuenca, M. (2004): Pedagogía del Ocio: modelos y propuestas. Bilbao: Universidad de Deusto.
Dumazedier, J. (1968). Hacia una
civilización del ocio. Barcelona: Estela.
Puig, J.M. e Trilla, J. (1987). Pedagogía del ocio. Barcelona:
Laertes. San Salvador, R. (2000): Políticas del ocio: cultura, turismo, deporte y recreación. Instituto de
Estudios del Ocio: Bilbao. Ucar, X. (1992): El teatro en la animación sociocultural. Técnicas de intervención. Diagrama:
Barcelona. Ventosa, V. (1996): La expresión dramática como medio de animación
en educación social. Fundamentos, técnicas y recursos. Amaru: Salamanca Rivasés, M. (2017). Ludopedagogía. Jugar para conocer, conocer para transformar. Madrid: Fundación
InteRed Tonucci, F. (1997). La ciudad de los niños. Barcelona: Editorial Graó. Trilla, J. (2010). Tres pedagogías del ocio y una más. Educación Social, 11, 57-71. Rosa
Marí Ytarte, Pablo A. Cantero Garlito, Eduardo S. Vila Moreno (2017).
Ocio, bienestar y calidad de vida en terapia ocupacional. Madrid : Síntesis. Aurora Madariaga Ortuzar y Ana Ponce de León Elizondo (editoras) (2018). Ocio y participación social en entornos comunitarios. Logroño : Universidad de la Rioja, Servicio de Publicaciones Fernando
Bayón, Carmen Palmero (coords.) (2018). Sociedad del ocio y políticas
de la cultura : una mirada interdisciplinar desde las Ciencias Humanas. Burgos : Universidad de Burgos. WRLA (1993). Carta internacional para la
educación del ocio. Accesible en: https://docplayer.es/13555913-Carta-internacional-para-la-educacion-del-ocio.html |
Bibliografía complementaria
|
|
Bantulá, J. (2001). Juegos motrices cooperativos.
Paidotribo: Barcelona. Barba, M., Morán, M. C. e Cruz, L. (2017). Animación
sociocultural en prisión. Experiencia en el centro penitenciario de Monterroso. Madrid:
Popular. Baroja, V. e Sebastiani, E. (2000): Unidades didácticas
para secundaria IV. Jugar, jugar, jugar. INDE: Barcelona. Bauman, Z. (2010). Tiempos líquidos. Vivir
en una época de incertidumbre. Barcelona, Tusquets. Bóscolo, Luigi y Bertrando, Paolo. (1996) Los tiempos del
tiempo, Barcelona, Paidós. Cañas, J. (1994). Didáctica de la expresión dramática.
Oactaedro: Barcelona. Carbajo, M.C. (2010). Mitos y estereotipos sobre la
vejez. Propuesta de una concepción realista y tolerante, en ENSAYOS,
Revista de la Facultad de Educación de Albacete, Nº 24, 2010. (Enlace
web: http://www.uclm.es/ab/educacion/ensayos) Caride, J. A. e Trillo, F. (coords) (2011). Dicionario
galego de pedagoxía. Galaxia: Vigo. Caride, J. A. e Vieites, M. (coords) (2006). De la
educación social a la animación teatral. Trea: Gijón. Castro, M. e outros (2007). La escuela en la comunidad. La
comunidad en la escuela. Grao: Barcelona. Castro, M. e outros (2008). Educación Social e Escola. Nova Escola
Galega. Santiago. Chacón, F. e Vecino, M. (2006). Cómo trabajar con adolescentes en
el tiempo libre. Zaragoza: Certeza. Cuenca, M. (2011). El ocio como ámbito de la educación
social. Revista de Educación Social, 47, 25-40. Cuenca, M. E Aguilar, E. (2009). El tiempo del ocio:
transformaciones y riesgos en la sociedad apresurada. Universidad de
Deusto: Bilbao. Accesible en: http://www.deusto-publicaciones.es/deusto/pdfs/ocio/ocio36.pdf Del Pino, J. A.; Dauso, A. e Martínez, R. (2001). Prácticas
de ocio, cambio cultural y nuevas teconologías en la juventud española de fin
de siglo. Madrid: CCS. Devos, F. (2006). Jóvenes pero alcanzables. Fundación
Autor: Madrid. Devos, F. e outros (2009). Infancia, juventud y
comunicación. Fundación Autor: Madrid. Díaz, M. E Ost, N. (2012). Jugar y actuar. Nuestras armas
para la paz. Madrid: Fundación InteRed. Durán, J.F. (2014).
Tiempos líquidos. Configuraciones de la temporalidad actual en la obra de
Zygmunt Bauman, Aposta. Revista de Ciencias Sociales, 60, 1-25 Durán, J.F. (2014). Tiempos líquidos. Configuraciones
de la temporalidad actual en la obra de Zygmunt Bauman, Aposta. Revista
de Ciencias Sociales, 60, 1-25 Eines, J. e Mantovani, A. (1997). Didáctica de la
dramatización. Gedisa: Barcelona. Fraguela, R.; Lera, A. e Varela, L. (2002). Contribución al
desarrollo grupal a través de actividades motrices. Revista
galego-portuguesa de psicoloxía e educación, vol. 8, p.9-26 Froufe, S. (1998). Técnicas de grupo en animación
comunitaria. Amarú: Salamanca. Heidegger, Martin (2003). El concepto de tiempo, Madrid,
Trotta. Honoré, Carl (2006). Elogio de la lentitud, Barcelona,
RBA. Hoyuelos, Alfredo. Vivir los tiempos emocionados de la infancia,
en Cabanellas, I.; Eslava, J. J.; Polonio, R., Ritmos infantiles.
Tejidos de un paisaje interior, Barcelona, Rosa Sensat-Octaedro (en
prensa). Lafargue, P. (2011). El derecho a la pereza.
Madrid: Maia Editores. Motos, T. (1983). Iniciación a la expresión corporal.
Humanitas: Barcelona. Motos, T. (1987). Prácticas de Dramatización.
Humanitas: Barcelona. Novo, M. (2010). Despacio, despacio. 20
razones para ir más lentos por la vida. Barcelona: Ediciones Obelisco. Palacios, J. (1999). Jugar es un derecho. Fundamentos
pedagógicos del juego. Xaniño: A Coruña Pantoja, L. (1998) (coord). Nuevos espacios de la educación
social. ICE: Bilbao. Ripoll, O. (2006). El juego como herramienta educativa, Revista
de Educación Social, 33, 11-26. Setién, M. e López, A. (edit) (2003): Mujeres y ocio.
Nuevas redes de espacios y tiempos. Instituto de Estudios del Ocio: Bilbao. Tejerina, I. (1994): Dramatización y teatro infantil.
Siglo XXI: Madrid. Valle, J. (2017): La razón también tiene sentimientos.
Culbuks: Sevilla. Yubero, S.; Caride, J. A.; Pose, H. e Larrañaga, E. (2016). Educación
social y alfabetización lectora. Síntesis: Madrid. Vial, J. (1988): Juego
y educación: las ludotecas. Akal: Madrid. Revista de Educación Social (2006). Monográfico
"El Juego,
herramienta educativa",
mayo-agosto. O profesorado, ao longo do cuadrimestre, irá presentando outras
fontes bibliográficas e de boas prácticas que sexa novidade editora ou que
respondan a algún caso expecífico do ámbito que nos ocupa: un proxecto
municipal ou doutro axente socioeducativo, un video, noticia de prensa, etc. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Animación e xestión sociocultural/652G03017 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables/652G03022 | Administración local e acción cultural e educativa/652G03040 |
|
Observacións |
Acordar co profesor o soporte e prazos dos traballos a desenvolver. |
|