Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A3 |
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. |
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A8 |
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos |
A15 |
Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa. |
A16 |
Comprender a traxectoria da Educación Social e a configuración do seu campo e identidade profesional. |
A17 |
Formar axentes de intervención socioeducativa e comunitaria. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analizar criticamente o escenario sociolaboral e as políticas de emprego, recollendo e utilizando para isto a información a través das TICs |
A3 A5 A8
|
B1
|
C3
|
Comprender o papel da orientación profesional como medida activa de emprego na que pode intervir o/a educador/a social |
A16 A17
|
|
|
Analizar, sintetizar e valorar criticamente as políticas de emprego actuais a nivel autonómico, estatal e europeo, manexando distintas fontes de información que lle permiten exercer unha cidadanía crítica e formular solucións orientadas ao ben común
|
A3 A5 A8 A15 A17
|
B1
|
C4
|
Diagnósticar unha comarca galega en canto a formación existente e propoñer alternativas de actuación desde a perspectiva do/a educador/a social |
A3 A5 A15
|
B1
|
|
Sintetizar, relacionar e valorar os resultados de aprendizaje adquiridos nun cartafol, utilizando as TICS |
A3 A5
|
B1 B2
|
C3
|
Integrar actitudes éticas e deontolóxicas ao valorar críticamente as políticas activas de emprego e ao transmitir criticamente a información desde o rol de educador/a social |
A3 A5
|
B1 B5 B6
|
C1
|
Utilizar as TICs nos procesos de simulación de orientación das persoas desempregadas |
A15 A17
|
|
C3
|
Valorar desde o punto de vista do educador/a social a importancia da cultura emprendedora como elemento alternativo ao traballo por conta allea, así como a importancia da formación ao longo da vida |
A16 A17
|
|
C5 C7
|
Elaborar o seu itinerario formativo a longo prazo, incluindo as súas necesidades de formación no campo das TICs |
A17
|
|
C3 C7
|
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, no galego |
|
|
C1
|
|
|
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA I. O escenario sociolaboral
|
A evolución do traballo. Análise da profesión de educador/a social
A evolución do desemprego. Actuacións segundo o tipo de desemprego
Competencias actuais que require o mercado laboral
O papel da formación profesional no escenario sociolaboral
A igualdade de xénero no escenario sociolaboral actual. |
TEMA II. As políticas de Emprego:evolución e situación actual |
As politicas de Emprego na Unión Europea. FEDER, FSE, Emprego e Innovación social (Progress, Eures), Erasmus +
As políticas de Emprego en España: Estratexia europea para o emprego en España, Programa Nacional de Reforma, Estratexia española par ao emprego, PAPE
As políticas de Emprego en Galicia: convocatorias concretas
A igualdade de xénero a través das políticas de emprego |
TEMA III. A orientación profesional como medida activa de emprego |
Organización da orientación profesional en Galicia
Profesionais implicados na orientación profesional
Accións a desenvolver na orientación profesional. Accións individuais. Accións grupais
Fases no proceso de orientación profesional: autocoñecemento, o perfil profesional, o mercado laboral, fontes de información laboral, procesos selectivos, ferramentas na busca de emprego, seguimento do proceso de busca de emprego
A orientación profesional como medida para reducir as desigualdades de xénero
O autoemprego. Alternativas
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Mapa conceptual |
A3 A5 B1 B2 |
1 |
8 |
9 |
Análise de fontes documentais |
A5 A15 B1 C3 C4 C5 |
2 |
10 |
12 |
Discusión dirixida |
A8 A16 A17 B1 B5 B6 C1 C4 C5 C7 |
12 |
2 |
14 |
Portafolios do alumno |
B2 |
2 |
20 |
22 |
Traballos tutelados |
C3 C7 |
2 |
12 |
14 |
Lecturas |
C4 C7 |
1 |
6 |
7 |
Sesión maxistral |
A3 A5 |
15 |
31 |
46 |
Seminario |
A20 C4 |
2 |
0 |
2 |
Presentación oral |
A3 A15 B1 B2 B6 C1 C3 |
6 |
15 |
21 |
Actividades iniciais |
A3 |
1 |
0 |
1 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Mapa conceptual |
O alumnado confeccionará un mapa conceptual no que establecerá as relacións dos conceptos aprendidos en toda a materia. Este mapa será dixital. |
Análise de fontes documentais |
O alumnado buscará na rede información e documentos necesarios para realizar os exercicios propostos na aula, especialmente realizará unha consulta diaria do DOG para realizar o exercicio de análise das políticas de emprego. Dentro desta análise se inclúe a situación da profesión de educación social e a perspectiva de xénero nestas políticas. |
Discusión dirixida |
O alumnado discutirá sobre as situación sociolaboral actual, as políticas de emprego desenvolvidas e o seu rol como educadores/as á hora de levar a cabo unha orientación laboral. Esta discusión pode ser levada a cabo tanto na aula como a través da plataforma teams. |
Portafolios do alumno |
O alumnado recollerá nun portafolio os exercicios realizados durante o período da materia. Este portafolio servirá para avaliar ao alumnado e conterá tamén unha valoración final das aprendizaxes realizadas. O portafolio será dixital. |
Traballos tutelados |
O alumnado elaborará distintos exercicios propostos na aula baixo a supervisión do profesor. A aula poderá ser física ou virtual, segundo as circunstancias sobrevidas. |
Lecturas |
O alumnado terá que introducirse no hábito de lectura como fonte de actualización profesional importante para a toma de decisións con fundamento, para isto consultará diariamente o DOG na busca de información relevante para a materia |
Sesión maxistral |
O profesor explicará os conceptos teóricos da materia utilizando tamén o diálogo dirixido e facendo partícipe ao alumnado nas clases, de xeito que resulten máis dinámicas e interactivas. As clases expositivas serán impartidas a través de teams. |
Seminario |
Forma parte do Programa Piloto para a docencia en galego no Grao de Educación social. A súa finalidade é dupla. Por unha parte, trátase de visibilizar referentes profesionais que utilizan o galego como lingua de traballo. Por outra, permite achegar praxes profesionais vencelladas á inserción laboral de diferentes colectivos |
Presentación oral |
O alumnado exporá o resultado da análise das políticas de emprego a través da simulación dunha entrevista de traballo. Esta presentación poderá ser na aula física ou virtualmente a través de teams, segundo as circunstancias sobrevidas. |
Actividades iniciais |
O profesor realizará unha actividade inicial de sondeo para analizar as ideas previas do alumnado sobre a materia en cada unha das sesións e así conectalas coa información que se vai proporcionar nesa clase |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Portafolios do alumno |
Mapa conceptual |
|
Descrición |
A materia está configurada de forma que todos os contidos están colgados en moodle, o que facilita o paso dunha metodoloxía presencial a unha virtual no caso de ser necesario. As clases poden desenvolverse tanto presencial como virtualmente a través da aplicación teams e o encerado virtual. Esta semipresencialidade virá dada polas instrucións que se reciban da facultade.
Na atención personalizada o profesor resolverá as dúbidas que teña o alumno sobre os diferentes temas a traballar na materia.
Esta atención personalizada realizarase preferentemente de forma virtual, a través de Teams, e excepcionalmente no despacho do profesorado
O horario de titorías estará colgado no taboleiro que está no despacho do profesor, en moodle, na páxina web do departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación, e na páxina da Facultade de Ciencias da Educación.
No caso de que a situación o requira e así o determine o profesor, a atención poderá ser, en horario de titorías, vía: moodle, teams, correo electrónico, e excepcionalmente outras ferramentas que faciliten a atención ao alumnado.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
B2 |
O portafolio estará formado por todos os exercicios que se vaian facendo ao longo da materia, máis unha valoración final por parte do alumnado das aprendizaxes realizadas na materia. Os traballos a incorporar son:
- Análise semanal do DOG durante o período lectivo. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente, por cada unha das políticas que se publican. Valorarase a presentación, a síntese da información contida na ficha, e o número de políticas recompiladas.
- Exercicio de autocoñecemento. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise.
- Exercicio de ficha ocupacional. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise.
- Exercicio de análise da formación. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise.
- Exercicio de mapas conceptuais. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a síntese da análise.
- Exercicio sobre ferramentas de busca de emprego. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a síntese da análise.
- Exercicio de valoración final. Aprendizaxes adquiridas na materia (qué sabía, que aprendín, en qué seguir formándome). Relación/vinculación das aprendizaxes realizados coas materias cursadas no grao. Aspectos da materia observados no Practicum I e aspectos da materia a observar no Practicum II. Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar.
Os criterios de cualificación serán proporcionados o primeiro día de clase, na presentación da materia. |
100 |
|
Observacións avaliación |
ASISTENCIA
A asistencia ás sesións presenciais ou virtuais é obrigatoria. A asistencia xustifícase en base a que as clases son moi interactivas e se traballan aspectos procedimentais e actitudinais que son necesarios para aprobar a materia.
O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo indicado na clase.
O alumnado que non asistan ó 80% das horas de clase terá unha cualificación de non presentado.
O alumnado que non presente todos os traballos da materia terá unha cualificación de non presentado.
Na oportunidade de xullo, o alumnado realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula.
Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial solicitarán unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer o réxime de asistencia, as actividades a realizar, o sistema de avaliación, e o proceso de supervisión e seguimento..No caso de desenvolver as clases de forma virtual a través de Teams, a asistencia obrigatoria se manterá.
REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA
A cualificación final será o resultado da puntuación obtida no portafolio do alumnado, sendo indispensable obter a metade da cualificación para superar a materia.
Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia e/ou non presenta o portafolio, terá unha cualificación de non presentado.
Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula.
PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será motivo de suspenso.
FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua.
NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS
https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Comisión europea (2019). Estrategia Europea de Empleo. Recuperado de: http://ec.europa.eu/social/main.jsp?catId=101&langId=es.
Bernard García, Roberto (2014). Guía de financiación europea. Programas Sociales 2014-2020. Madrid: Plataforma de ONG de Acción Social
Homs, O (2008). La formación profesional en España. Hacia la sociedad del conocimiento . Barcelona: Fundación “La Caixa”.
Sánchez García, M. F. (2004). Las exigencias de adaptación al mundo laboral. En Orientación laboral. Para la diversidad y el cambio.. Madrid: Sanz Torres
Ministerio de traballo (2015). LEY 30/2015, de 9 de septiembre, por la que se regula el Sistema de Formación Profesional para el empleo en el ámbito laboral.
Ministerio de traballo (2002). Ley 5/2002, de 19 de junio, de las cualificaciones y de la formación profesional.
Ministerio de traballo (2003). LEY 56/2003, de 16 de diciembre, de Empleo (BOE del 17 de diciembre de 2003)..
Ministerio de educación (2006). Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.
Echeverría, B. (Coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
Incual (2019). Páxina principal do Incual. http://incual.mecd.es/.
Xunta de Galicia (2019). Páxina sobre as competencias clave. http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-competencias-clave;jsessionid=F719B6C003E7D4F2A9D2CBA7AE0818D3.
Xunta de Galicia (2019). Páxina sobre o recoñecemento das competencias profesionais. http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-reconecemento-experiencia-profesional.
Moncloa (2019). Programa Nacional de Reformas. Recuperado de: http://www.mineco.gob.es/stfls/mineco/prensa/ficheros/noticias/2018/PNR2019.pdf.
Ministerio de traballo (2015). RDL 3/2015, de 23 de octubre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Empleo.
Ministerio de educación (2011). REAL DECRETO 1147/2011, de 29 de julio, por el que se establece la ordenación general de la formación profesional del sistema educativo. (BOE del 30 de julio de 2011)..
Ministerio de traballo (2007). REAL DECRETO 395/2007, de 23 de marzo, por el que se regula el subsistema de formación profesional para el empleo. |
Ansias Bacelar, María Teresa Lourdes (2018). Orientación laboral e promoción da calidade na formación profesional para o emprego. España: Servipost Editores, S.L. (Antes Servi-Aca, S.L)
Bermúdez Bande, Silvia (2018). Cuaderno del alumno : selección, elaboración, adaptación y utilización de materiales, medios y recursos didácticos en formación profesional para el empleo : certificados de profesionalidad. Docencia de la formación profesional para el empleo. Madrid: Editorial CEP, S.L. |
Bibliografía complementaria
|
|
Bastida, A. (2001) La inserción sociolaboral. Reflexiones sobre la práctica. Madrid, Popular. Carmona, G. (2001). El plan personal para la inserción socio-laboral: teoría y práctica en la empresa para la inserción laboral. Huelva,
Universidad de Huelva Casal, J. (2000). ?Modalidades de transición profesional y precarización del empleo?, en
Cachón, L. (ed.). La inserción profesional. Alzira, Germania, pp. 151-180 GALLART, M.A. (2002). Educación y trabajo. Montevideo, Cinterfor. MARHUENDA, F. (coord.)(2006). La cualificación profesional básica: competencias para la inclusión sociolaboral de jóvenes. Revista de Educación, nº 341. Navarro, V.Torres, J. e Garzón, A. (2011). Hay alternativas. Propuestas para crear empleo y bienestar social en España.. Madrid: Editorial Sequitur Castillo, J. J. (2009). La soledad del trabajador globalizado. Memoria, presente y futuro.. Madrid: Editorial Catarata García, J. A e Saban, C (coords) (2008). Un nuevo modelo de formación para el S XXI. La enseñanza basada en competencias.
Barcelona: Editorial Davinci Vence, X. (2011). Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas. Santiago:
Editorial Laiovento Ruiz Viñals, C. (Coorda) ((2006)). Políticas sociolaborales. Un enfoque pluridisciplinar.. Barcelona:
Editorial UOC Garzón, A.; Torres, J. e Navarro, V. (2012). Lo que España necesita . Bilbao: Editorial Deusto
Navarro, V.Torres, J. e Garzón, A. (2011). Hay alternativas. Propuestas para crear empleo y bienestar social en
España.. Madrid: Editorial Sequitur Castillo, J. J. (2009). La soledad del trabajador globalizado. Memoria, presente y futuro.. Madrid: Editorial Catarata García, J. A e Saban, C (coords) (2008). Un nuevo modelo de formación para el S XXI. La enseñanza basada en competencias. Barcelona: Editorial Davinci Vence, X. (2011). Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas. Santiago: Editorial Laiovento Ruiz Viñals, C. (Coorda) ((2006)). Políticas sociolaborales. Un enfoque pluridisciplinar.. Barcelona: Editorial UOC Garzón, A.; Torres, J. e Navarro, V. (2012). Lo que España necesita . Bilbao: Editorial Deusto
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Orientación ocupacional/652G03021 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Orientación e Políticas de Emprego complementa os contidos da materia Orientación Ocupacional. Permite analizar a evolución e características actuais do mercado laboral, das políticas de emprego desenvolvidas na Unión Europea, en España e en Galicia, así como distintas olladas sobre as reformas laborais e das pensións e sobre a actual crise e como se pode atallar.
Os traballos serán enviados telemáticamente e de non ser posible, no se útilizá plásticos, elixirase a impresión a doble cara, empregarase papel reciclado e evitarase imprimir borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.
|
|