Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A5 |
Constatar e influir en el debate racional y su razonado en relación a la ocupación humana y la terapia ocupacional. |
A6 |
Trabajar en la sociedad con individuos y grupos para fomentar la promoción de la salud, la prevención, la rehabilitación y el tratamiento. |
A9 |
Utilizar el potencial terapéutico de la ocupación a través del uso de la actividad y el análisis y síntesis ocupacional. |
A10 |
Adaptar y aplicar el proceso de terapia ocupacional en estrecha colaboración de individuos/población. |
A12 |
Colaborar con comunidades para promover la salud y el bienestar de sus miembros mediante la participación en la ocupación. |
A13 |
Buscar activamente, evaluar críticamente y aplicar los rangos de información y de evidencia para asegurar que la práctica es actualizada y relevante al cliente. |
A14 |
Valorar críticamente la práctica de la terapia ocupacional para asegurar que el foco está sobre la ocupación y el funcionamiento ocupacional. |
A15 |
Trabajar según los principios de la práctica centrada en el cliente. |
A16 |
Construir una relación terapéutica como base del proceso de la terapia ocupacional. |
A17 |
Establecer sociedades de colaboración, consultar y aconsejar a clientes, trabajadores sociales, miembros de equipo y otros en la práctica de la ocupación y la participación. |
A18 |
Colaborar con clientes para abogar al derecho de tener sus necesidades ocupacionales satisfechas. |
A19 |
Apreciar y respetar las diferencias individuales, creencias culturales, costumbres y su influencia sobre la ocupación y la participación. |
A20 |
Preparar, mantener y revisar la documentación de los procesos de terapia ocupacional. |
A21 |
Cumplir con la política y procedimientos locales/regionales/ nacionales/europeos, normas profesionales y regulaciones del empleo. |
A22 |
Demostrar continuamente el proceso de aprendizaje y cambios en la TO. |
A24 |
Demostrar seguridad, autoconocimiento, autocrítica y conocimientos de sus propias limitaciones como terapeuta ocupacional. |
A28 |
Interpretar, analizar, sintetizar y criticar los hallazgos de investigación. |
A31 |
Determinar y priorizar los servicios de terapia ocupacional. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B4 |
Trabajar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Trabajar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética y responsabilidad social como ciudadano y como profesional. |
B7 |
Comunicarse de manera efectiva en un entorno de trabajo. |
B9 |
Capacidad de aplicar los conocimientos a la práctica. |
B18 |
Planificación y gestión del tiempo. |
B22 |
Habilidades de investigación. |
B24 |
Habilidades de gestión de la información (habilidad para buscar y analizar información proveniente de diversas fuentes). |
B29 |
Trabajo en equipo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma. |
C4 |
Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común. |
C6 |
Valorar críticamente el conocimiento, la tecnología y la información disponible para resolver los problemas con los que deben enfrentarse. |
C7 |
Asumir como profesional y ciudadano la importancia del aprendizaje a lo largo de la vida. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Desenvolver as habilidades prácticas necesarias para poder desempeñar actividades profesionais como terapeuta ocupacional: segundo o estadio de aprendizaxe e de acordo ás competencias seleccionadas. En definitiva, ampliar os coñecementos e a capacidade para aplicar: a teoría e a práctica da terapia ocupacional, e as ocupacións terapeuticamente en todas as áreas de desempeño ocupacional. |
A5 A9 A15 A21 A22 A24
|
B6
|
C1 C4 C6
|
Observar, analizar e reflexionar sobre a relación terapéutica en terapia ocupacional. Á súa vez, desenvolver a capacidade para unha comunicación efectiva coas persoas usuarias dos servizos de terapia ocupacional, familiares, grupos sociais e outras/os profesionais; a capacidade para establecer unha relación de empatía coas persoas usuarias, familiares, grupos sociais e outras/os profesionais; e a capacidade para permitir que as persoas usuarias e as persoas encargadas do seu coidado expresen as súas preocupacións e intereses. |
A17 A18
|
B5 B7
|
C1
|
Observar, identificar, analizar e reflexionar sobre o perfil das persoas usuarias dos servizos de terapia ocupacional. |
A6 A12 A13
|
B1
|
C1 C4
|
Observar, identificar, preparar, analizar e reflexionar sobre técnicas e estratexias empregadas na práctica da terapia ocupacional. |
A9
|
B5 B18 B29
|
C6
|
Desenvolver razoamentos e habilidades de orde superior no xuízo profesional e na toma de decisións. |
A10 A14
|
B9
|
C4 C6
|
Desenvolver habilidades de exploración dos recursos de investigación en apoio á investigación e á practica baseada na evidencia. |
A13 A28
|
B22 B24
|
C1 C4
|
Dar a posibilidade ao alumnado de ser un(ha) profesional autónoma/o que valora a súa contribución ao equipo e ao servizo. |
A16 A19 A31
|
B4
|
C1 C4 C6
|
Inculcar unhas habilidades para a "aprendizaxe ao longo da vida" e un desenvolvemento profesional continuo; e un recoñecemento da importancia destes. |
A20
|
B6
|
C1 C4 C7
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
Tema 1. O proceso de intervención da terapia ocupacional no eido das persoas adultas con discapacidade física, neurolóxica ou sensorial. Estadías prácticas altamente dirixidas por terapeutas ocupacionais docentes ou titoras/es dos centros conveniados. Nivel intermedio. |
Aplicación de teorías, fundamentos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de terapia ocupacional, traballando axeitadamente en equipo e desenvolvendo as funcións e destrezas propias desta profesión no eido das persoas adultas con discapacidade física, neurolóxica ou sensorial. |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Introductory activities |
A5 C6 C7 |
4 |
0 |
4 |
Case study |
A9 A10 A13 A14 A15 A16 A19 A20 A22 A28 A31 B4 B9 B18 B22 B24 C1 C6 C7 |
22 |
10 |
32 |
Student portfolio |
A5 A13 A14 A20 A22 A24 A28 A31 B1 B4 B18 B22 B24 C1 C6 C7 |
4 |
10 |
14 |
Clinical practice placement |
A6 A9 A10 A12 A13 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A24 A28 A31 B1 B4 B5 B6 B7 B9 B18 B24 B29 C4 C6 C7 |
80 |
0 |
80 |
Critical bibliographical |
A5 A13 A14 A20 A22 A24 A28 A31 B4 B18 B22 B24 C1 C4 C6 C7 |
2 |
14 |
16 |
|
Personalized attention |
|
4 |
0 |
4 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Introductory activities |
Trátase de actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con esta metodoloxía, preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Case study |
Consiste nunha metodoloxía onde a persoa se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo, a través dun proceso de discusión. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da práctica profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Student portfolio |
É un cartafol ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado nun período de tempo determinado, cos comentarios e cualificacións asignadas polas/os docentes ou titoras/es, o que permite visualizar o seu progreso. O portafolios inclúe todo o que fai cada estudante, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso realizados polas/os docentes ou titoras/es, etc. |
Clinical practice placement |
O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que o alumnado observa e participa en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma.
As prácticas clínicas serán realizadas en todos aqueles centros conveniados coa Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña, que teñan relación co eido das persoas adultas con discapacidade de carácter físico, neurolóxico ou sensorial.
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria. No caso de que a/o estudante non poida acudir puntualmente algún día, segundo o calendario de prácticas establecido, deberá comunicalo tanto ao centro conveniado como ao profesor responsable da materia, sempre que sexa posible de forma previa. Posteriormente, deberá achegar o xustificante correspondente. |
Critical bibliographical |
A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, un artigo, unha tese ou unha comunicación a un congreso. Como tal proceso, comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación coa literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do seu contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica e científica é a crítica que merece a xuízo da persoa autora da recensión, en relación con outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación coa súa propia experiencia. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Case study |
Student portfolio |
Clinical practice placement |
Introductory activities |
Critical bibliographical |
|
Description |
A atención personalizada farase mediante titorías individualizadas ou en grupo reducido (segundo as necesidades do alumnado), preferiblemente de maneira virtual, a través da aplicación Teams.
Estas titorías levaranse a cabo previa solicitude do estudantado interesado, ou a petición do profesorado da materia se o considera preciso, sendo programadas nun horario consensuado co equipo docente, que non interfira en ningún caso co propio desenvolvemento da materia ou coa asistencia e participación do alumnado nas restantes materias do título nas que estea matriculado.
Ademais, tamén se brindara atención personalizada mediante o correo electrónico e a través dos foros ou a opción de mensaxe privada da plataforma Moodle. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Case study |
A9 A10 A13 A14 A15 A16 A19 A20 A22 A28 A31 B4 B9 B18 B22 B24 C1 C6 C7 |
Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), as destrezas e coñecementos adquiridos, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. |
20 |
Student portfolio |
A5 A13 A14 A20 A22 A24 A28 A31 B1 B4 B18 B22 B24 C1 C6 C7 |
Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), as destrezas e coñecementos adquiridos, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. |
15 |
Clinical practice placement |
A6 A9 A10 A12 A13 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A24 A28 A31 B1 B4 B5 B6 B7 B9 B18 B24 B29 C4 C6 C7 |
Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a puntualidade, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación coas persoas usuarias, a relación co equipo de profesionais, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos previamente adquiridos, e a adquisición de novas destrezas e coñecementos.
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria.
As ausencias xustificadas ás prácticas clínicas deberán ser comunicadas ao centro conveniado e ao responsable da materia, sempre que sexa posible de forma previa. Posteriormente, deberase achegar o xustificante correspondente. |
60 |
Critical bibliographical |
A5 A13 A14 A20 A22 A24 A28 A31 B4 B18 B22 B24 C1 C4 C6 C7 |
Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), as destrezas e coñecementos adquiridos, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. |
5 |
|
Assessment comments |
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE nº 224 de 18 de setembro de 2003), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente/Matrícula de honra (Graciable). Para superar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas, asistindo ao total de horas de Prácticas clínicas (salvo ausencia debidamente xustificada), e entregando todos os traballos solicitados (Estudo de casos, Portafolios e Recensión bibliográfica). Ademais, deberá acadar unha nota global mínima de 5 puntos, e ter superadas, como mínimo, as metodoloxías de Prácticas clínicas e Estudo de casos. Para iso, será necesario ter unha cualificación mínima de 3,5 puntos (sobre 6) na metodoloxía Prácticas clínicas e unha cualificación mínima de 1 punto (sobre 2) na metodoloxía Estudo de casos. En caso contrario, non se sumarán nin serán tidas en conta as notas das restantes metodoloxías (Portafolios e Recensión bibliográfica), e a cualificación global da materia corresponderase coa nota obtida na(s) metodoloxía(s) suspensa(s). No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (febreiro), a/o estudante deberá repetir na segunda oportunidade (xullo) a entrega de traballos e participar de novo nas metodoloxías propostas. Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao na Universidade da Coruña (aprobada polo Consello de Goberno do 22 de maio de 2012), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, terá dereito a elixir de maneira preferente quendas e grupos de prácticas, entre os distintos horarios e rotatorios que se oferten na materia.
|
Sources of information |
Basic
|
|
A bibliografía de referencia desta materia dependerá das especificacións das/os docentes ou titoras/es, terapeutas ocupacionais, de cada centro de prácticas. Como orientación xeral, recoméndase a consulta das fontes de información referenciadas na guía docente da materia “Terapia ocupacional para a autonomía persoal no adulto con discapacidade física”. Para a elaboración do Portafolios do alumnado, recoméndase o emprego e aplicación do Ciclo Reflexivo de Gibbs: Gibbs, G. (1988). Learning by Doing: A Guide to Teaching and Learning Methods. Oxford: Oxford Further Education Unit. Dispoñible en: https://hhs.hud.ac.uk/lqsu/Sessionsforall/supp/Gibbs%201988%20reflective%20cycle.pdf |
Complementary
|
|
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
Occupational Therapy Processes/653G01204 | Ergonomics, Accessibility, Universal Design and Functional Adaptation/653G01206 | Occupational Therapy for Personal Autonomy in Children and Adolescents/653G01207 | Occupational Therapy, Orthopedic-Prosthetic Techniques and occupational performance/653G01208 | Work Placement II/653G01210 | Work Placement III/653G01211 |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
Rehabilatition of Adults with Physical Disabilities/653G01302 | Occupational Therapy for personal autonomy in adults with physical disabilities/653G01303 |
|
Subjects that continue the syllabus |
Occupational Therapy for Personal Autonomy in Adults with Mental Health Disorders/653G01306 | Work Placement V/653G01307 |
|
Other comments |
1.- Debido á situación actual derivada da pandemia por COVID-19, será preciso respectar o plan de seguridade ou continxencia establecido por cada centro de prácticas. Non obstante, o alumnado deberá cursar de forma presencial, como mínimo, o 50% das Prácticas clínicas. Ademais, para aprobar a materia, o estudantado terá que participar activamente en todas as actividades desenvolvidas e superar todas as metodoloxías docentes propostas, tal e como se especifica no apartado de Avaliación desta guía docente. 2.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:
a.- Na súa maioría, solicitaranse en formato virtual e soporte informático.
b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
3.- O docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún
cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, que serán notificados ao alumnado matriculado coa suficiente antelación. 4.- Para a correcta planificación das Estancias Prácticas, realizaranse, segundo o calendario oficial da Facultade, varias reunións de coordinación académica: - Actividades iniciais: Establecemento de grupos de prácticas e distribución de quendas e rotatorios. Reunión do coordinador da materia co alumnado matriculado para a presentación dos recursos de prácticas e organización dos grupos de estudantes.
- Coordinación das estancias prácticas: Encontro entre o coordinador da materia e as/os docentes e titores/as terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas, de forma previa ao seu comezo e de forma posterior.
5.- Normas mínimas: O estudantado deberá cumprir unhas normas xerais básicas de uniformidade, identificación persoal, puntualidade e respecto ás persoas usuarias, profesionais e instalacións dos recursos de prácticas. Ademais, deberanse respectar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estancias prácticas. 6.- O docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos. |
|