Identifying Data | 2020/21 | |||||||
Subject (*) | Physiology | Code | 661G01105 | |||||
Study programme |
|
|||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||
Graduate | Yearly |
First | Basic training | 12 | ||||
Language |
|
|||||||
Teaching method | Face-to-face | |||||||
Prerequisites | ||||||||
Department | ||||||||
Coordinador |
|
|
||||||
Lecturers |
|
|
||||||
Web | ||||||||
General description |
O propósito desta materia é abordar o coñecemento e comprensión da función dos sistemas do organismo humano de forma integrada, é decir os mecanismos que o organismo utiliza para manter en equilibrio todas as súas funcións e as interrelacións entre elas. Comprender as alteracións que se producen cando fallan os mecanismos de compensación fisiolóxicos e as súas manifestacións. |
|||||||
Contingency plan |
1. Modificacións nos contidos – Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen – Sesión maxistral – Discusión dirixida (computa na avaliación) – Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación) – Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican - Estudio de casos. Estudo de casos realizado en grupo, modifícase á modalidade individual. - Proba mixta. Esta proba escrita de pregunta curta e tipo test e resolución dun caso para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe dos contidos teóricos; modificouse a un exame só tipo test. - Presentación oral. Actividade na que os estudantes expoñen verbalmente o contido/resultados dos obxectivos de resolución dos problemas. Esta metodoloxía eliminase da planificación polas dificultades para o seu desenvolvemento. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación - Exame: tipo test de resposta múltiple en modalidade non presencial. O aprobado está no 50% das respostas acertadas. - Resolución de casos clínicos : O caso clínico enviarase aos alumnos con un tempo de realización limitado de 1 hora e terá que ser enviado por e-mail no prazo esixido. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: - As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: -. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. -. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados). -. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. -. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Dispoñerán de materiais de traballo da maneira dixitalizada a través do Moodle. |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation. |