Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) As TIC Aplicadas ao Turismo Código 662G01023
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Ramos Montes, Oscar
Correo electrónico
oscar.ramos@udc.es
Profesorado
Ramos Montes, Oscar
Correo electrónico
oscar.ramos@udc.es
Web
Descrición xeral A finalidade desta materia e adquirir as competencias xenéricas en Tecnoloxías da Información e a Comunicación para traballar e estudar en rede. Pór en práctica estratexias de aprendizaxe, de traballo e de estudo nunha contorna virtual a partir da adquisición dunha serie de habilidades co uso das TIC.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

- Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

- Sesión maxistral (en formato seminario ou titoría)
- Traballos tutelados
- Prácticas a través das TIC

*Metodoloxías docentes que se modifican

- Proba obxectiva (non se realizará, xa que a avaliación destes coñecementos incorpóranse ás metodoloxías dos “Traballos tutelados”
e "Prácticas a través das TIC")

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: Diariamente. Segundo as necesidades do alumnado. Dispoñen de “foros de FAQS temáticos" asociados aos módulos para formular e dar respostas ás consultas necesarias.
- Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos-prácticos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade, cunha duración axeitada ao medio. 1 sesión semanais en pequeno grupo de titorías, para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados” e "prácticas a través das TIC". Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación

- Traballos tutelados (40%)
- Prácticas a través das TIC (60%)
Os criterios de avaliación de cada traballo ou práctica estarán dispoñibles na plataforma Moodle.

*Observacións de avaliación:
Segundo a participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións:
- Opción A. Para ou alumnado que asiste/participa nas actividades de clase: Traballos tutelados e prácticas. Entenderase que o alumno opta por esta opción ao asistir ás tutorías ou ao entregar algunhas das prácticas ou traballos propostos na clase. A cualificación final da materia obterase da ponderación dos traballos tutelados (40%) e prácticas a través de TIC (60%). Aquelas partes que teñan unha cualificación inferior a 3,5 puntos deberán ser repetidas en xullo (2ª oportunidade) independentemente da media obtida. Así mesmo, o alumno quedará liberado na convocatoria de xullo (2ª oportunidade) das partes aprobadas na 1ª oportunidade.
- Opción B. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): adóptanse as mesmas condicións que na opción A.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

- Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A12 Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A20 Coñecer o procedemento operativo do ámbito de aloxamento.
A24 Utilizar e analizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nos distintos ámbitos do sector turístico.
A32 Detectar necesidades de planificación técnica de infraestruturas e instalacións turísticas.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Integrar a planificación e a organización como habilidades de estudo e traballo colaborativo na contorna virtual da UDC. A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C6
C7
C8
Adquirir un estilo de comunicación virtual no marco dunha comunidade de aprendizaxe. A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Adquirir habilidades de traballo en equipo en contornas virtuais. A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Adquirir habilidades de análises, tratamento e interpretación da información dixital. A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Adquirir habilidades de elaboración e estructuración da información dixital. A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Adquirir habilidades de presentación da información dixital e multimedia. A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Grao e Grao online
Módulo I. Tratamento dixital de datos numéricos con Excel.
- Entorno de traballo.
- Organización de celdas, follas e libros.
- Introducción de datos.
- Fórmulas: copia relativa, absoluta e mixta.
- Formato e impresión da folla de cálculo.
- Gráficos.
- Funcións.
- Formato condicional.
- Validación, agrupamento e consolidación de datos.
- Manexo de bases de datos: táboas.
- Ordenar, filtrar e subtotalizar datos.
- Importación e transformación de datos con Power Query.
- Táboas dinámicas.
- Buscar obxetivos, escenarios, Solver.
- Seguridade de follas e libros.
- Introducción a BI en Excel.
- Power PIvot, Power View, Power Maps.
Grao, Grao online e Simultaneidade de Grao
Módulo II. Xestión e control dos sistemas globais de distribución (GDS). Sistema Amadeus básico.
- Sistema Amadeus.
- Codificación de cidades, transportistas e países.
- Consulta de voos.
- Creación dun PNR: elementos obrigatorios.
- Elementos opcionais.
- Gardar un PNR.
- Recuperación dun PNR.
- Modificación dunha reserva.
- Cancelación dunha reserva.
- Tarificación: FXP.
- Tarificación: Best Buy.
- Emisión: elementos obrigatorios.
Simultaneidade de Grao
Módulo I. Ferramentas de Intelixencia de Negocios. Power BI
- Modelos de Intelixencia de Negocios
- Paneis de control: elementos, deseño e fluxo da información.
- Introducción a Power BI
- Importación e transformación de datos con Power Query.
- Modelización e limpeza dos datos.
- Visualización da información.
- Interactividad
- Métricas e cálculos con DAX
- Informes e paneis de control.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 18 32 50
Traballos tutelados A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 10 32 42
Prácticas a través de TIC A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 12 42 54
Proba obxectiva A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 3 0 3
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.

Grao online: este tipo de metodoloxía non será de aplicación no caso de impartición online.
Traballos tutelados En torno aos diferentes temas proporase a realización de traballos individuais que se iniciarán na aula e que logo deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor. Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios.

Modalidade online: o alumno deberá realizar un traballo individual principal, cuxa información sobre o tema, procedemento e criterios de avaliación, poderaos atopar na plataforma Moodle.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.

Modalidade online: o alumno deberá realizar unha serie de prácticas sobre o contido dos diferentes temas cuxa información, procedemento e entrega poderá consultar na plataforma Moodle.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: resolución de casos prácticos, preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbense como momentos de traballo presencial co profesor, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.

A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia terá a posibilidade de contactar co profesor usando os métodos en liña habituais: moodle, correo electrónico e ferramentas 2.0.

Grao online: a atención ao alumno relizarase mediante as canles online ao uso, a saber: correo electrónico, ferramentas de comunicación da plataforma Moodle, Microsoft Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliación dunha serie de prácticas sobre o contido da materia cuxa información e procedemento de entrega poderá consultar na plataforma Moodle. 20
Proba obxectiva A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A proba obxectiva consistirá no desenvolvemento de varias cuestións de carácter teórico que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 60
Traballos tutelados A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización dun informe sobre a reputación online dun hotel, cuxos criterios de avaliación poderán ser consultados na plataforma Moodle.
20
 
Observacións avaliación

Segundo a participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións:

  • Opción A. Para ou alumnado que asiste/participa nas actividades de clase, a avaliación considera 3 partes: a) Traballos tutelados, b) Prácticas a través das TIC e c) Un exame escrito sobre os contidos da materia dividido en dúas partes, unha teórica e outra práctica.

    Entenderase que o alumno opta por esta opción ao asistir ás tutorías ou ao entregar algunhas das prácticas ou traballos propostos na clase.
    • 1ª Oportunidade: A cualificación final da materia obterase da ponderación da proba obxectiva (60%), traballos tutelados (20%) e prácticas a través de TIC (20%). Aquelas partes que teñan unha cualificación inferior a 3,5 puntos deberán ser repetidas en xullo (2ª oportunidade) independentemente da media obtida.
    • 2ª Oportunidade: O alumno quedará liberado das partes xa superadas na 1ª oportunidade; é
      dicir, deberanse repetir exclusivamente aquelas partes que non obtivesen
      unha puntuación de polo menos un 3,5 na 1ª oportunidade. .
  • Opción B. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): un exame escrito sobre os contidos da materia (100%). O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá tamén optar á opción A. Só Grao presencial.
Modalidade  online:
  • 1ª Oportunidade. A cualificación final da materia obterase da ponderación das seguintes 3 partes: proba obxectiva (60%), traballo tutelado (20%) e prácticas a través de TIC (20%). Aquelas partes que teñan unha cualificación inferior a 3,5 puntos deberán ser repetidas na 2ª oportunidade, independentemente da media obtida.
  • 2ª Oportunidade. O alumno quedará liberado das partes xa superadas na 1ª oportunidade; é dicir, deberanse repetir, exclusivamente, aquelas partes que non obtivesen unha puntuación de polo menos un 3,5 na 1ª oportunidade.

Fontes de información
Bibliografía básica

Alexander, Michael. Excel Dashboards and Reports for Dummies, 3rd Edition. Ed. John Wiley & Sons.

Rigollet, Pierre. Cuadros resumen y cuadros de mando - Tratamiento y análisis de datos con Excel 2016. Ed. ENI

VV.AA. Excel 2016. Ed. ENI

Recursos web:

Videotitorial Excel 2010 básico: https://www.youtube.com/playlist?list=PLU8oAlHdN5BkCs-P-AnQhxsSyxSxv9jfI

Videotitorial Excel 2010 avanzado: https://www.youtube.com/playlist?list=PLFED09792AB0E606F

Documentación de Power BI: https://docs.microsoft.com/es-es/power-bi/

Tutorial Power BI: https://docs.microsoft.com/es-es/power-bi/guided-learning/

Expresiones DAX: https://docs.microsoft.com/es-es/dax/

Tipos de visualización en Power BI: https://docs.microsoft.com/es-es/power-bi/visuals/power-bi-visualization-types-for-reports-and-q-and-a

Videotitorial de Amadeus críptico: http://www.youtube.com/user/zafarminhas

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías