Datos Identificativos | 2020/21 | ||||||
Asignatura (*) | Sistema Español de Museos, Arquivos e Bibliotecas | Código | 710521004 | ||||
Titulación |
|
||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | ||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | |||
Idioma |
|
||||||
Modalidade docente | Presencial | ||||||
Prerrequisitos | |||||||
Departamento | Humanidades |
||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
||||
Web | |||||||
Descrición xeral |
Os obxectivos son: 1º) Acadar por parte dos e das discentes a formación que lles permita coñecer o funcionamento legal e profesional que require traballar en rede. Unha labor que require que se desenvolva dentro dun determinado territorio e dentro dun sistema propio das ciencias da información e documentación. 2º) Dotar ás alumnas/os de coñecementos para levar a cabo a análise dos sistemas de información e documentación, e así poder optimizar as posibilidades que ofrecen para mellorar os servizos de cara ao usuario. 3º) Conquerir que os alumnos/as adequiran formación e habilidades instrumentais e intelectivas, que no eido profesional lles achancen chegar a sinerxias efectivas mediante o emprego do traballo en rede, e que sexan capaces de revertir os seus resultados desas sinerxias cara aos cidadáns. |
||||||
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos – Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: – Sesión maxistral. – Traballos tutelados. – Lecturas. – Atención personalizada. *Metodoloxías docentes que se modifican: – Proba mixta (non se realizará de forma presencial, senon por medios telemáticos). – Sesión maxistral (non se realizará de forma presencial, senon por medios telemáticos: Teams). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: sesións en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 4 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación – Non se realizarán cambios, polo que as porcentaxes seguirán sendo os mesmos. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente. Requisitos para superar a materia: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballo tutelado, lecturas e exame). 3. Entregar e expoñer o traballo tutelado na data que se indique. 4. A 2ª oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a 1ª oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía – Non se realizarán cambios. |
|