Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os fundamentos básicos de xestión dunha empresa de téxtil/moda, tanto a nivel estratéxico como operativo e funcional. |
A2 |
Coñecer os aspectos da contorna que inflúen na evolución do mundo da moda e as súas empresas, con especial incidencia no impacto das cuestións económicas e legais. |
A3 |
Desenvolver destrezas para as relacións interpersoais e a interactuación con axentes do contorno e interno (clientes, provedores, medios, colaboradores...). |
A5 |
Desenvolver as necesarias habilidades para a xeración de ideas creativas e innovadoras. |
A8 |
Ser capaz, con base no coñecemento do contorno social, de deseñar e pór en marcha estratexias de márketing eficaces, que consideren especialmente as variables de comunicación e distribución: mensaxes, medios, canles, relación co cliente etc... |
A9 |
Dominar o proceso loxístico dunha empresa de moda desde unha perspectiva global, abarcando desde o aprovisionamento ata o proceso produtivo e mais o transporte, con especial incidencia nos procesos principais propios da industria téxtil: selección de tecidos e materiais, padronaxe, confección etc.... |
A10 |
Ter os fundamentos económico-financeiros necesarios para coñecer o estado dunha empresa de moda e xestionala adecuadamente desde unha tripla perspectiva de liquidez, solvencia e rendibilidade. |
A11 |
Ter unha perspectiva internacional do sector da moda e dominar ferramentas de planificación e xestión das estratexias de internacionalización posibles. |
A13 |
Coñecer o impacto da tecnoloxía nos distintos procesos da industria téxtil. |
A14 |
Ter unha perspectiva clara do papel das persoas na organización, e coñecer as ferramentas de xestión de recursos humanos necesarias para conseguir delas a máxima implicación e rendemento. |
A15 |
Coñecer e asumir a perspectiva ética e os valores imprescindibles en que debe descansar o mundo da moda e as súas empresas. |
A19 |
Capacidade para a recollida, selección e análise de fluxos de información, integración destes nos sistemas e procesos de xestión da información da empresa, e aplicación á toma de decisións estratéxicas e operativas, sempre desde unha perspectiva ética. |
B1 |
Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa en contornos interdisciplinares. |
B7 |
Capacidade para analizar tendencias (razoamento crítico). |
B8 |
Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións. |
B9 |
Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables. |
C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C9 |
Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Poñer en práctica os coñecementos teóricos e conceptuais adquiridos noutras materias relacionadas coa xestión da empresa (investimento, financiamento, recursos humanos, operacións, loxística, mercadotecnia e comunicación, desenvolvemento e comercialización de produtos, prezos, etc.). |
A1 A2 A3 A5 A8 A9 A10 A11 A13 A14 A15 A19
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9
|
Comprender a importancia de saber adaptarse e facer fronte a situacións imprevistas e situacións novas, achegándose aos contextos de información incompleta, incerteza, movementos estratéxicos entre competidores, posibles conflitos derivados do traballo en equipo, entre outros. |
A1 A2 A3 A5 A8
|
B1 B2 B7 B8 B9
|
C3 C4 C5 C7
|
Comprender a importancia de analizar, avaliar e seleccionar as estratexias máis axeitadas en todo momento, tendo en conta a situación cambiante da empresa de moda e o seu contorno (macro e micro). |
A5 A8 A14 A15
|
B3 B5 B7 B8 B9
|
C3 C4 C5 C7
|
Comprender a importancia de identificar axeitadamente as principais variables de decisión nas distintas áreas operativas da empresa de moda, así como as súas interrelacións. |
A1 A2 A3 A8 A10 A11 A14
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6
|
C3 C4 C5 C7 C9
|
Coñecer a importancia de realizar unha análise adecuada dos problemas, realizar un diagnóstico da situación, propor accións correctoras e detectar oportunidades de mellora na administración e xestión da empresa. |
A2 A3 A8 A13 A14 A15
|
B1 B2 B3 B7
|
C4 C7 C8 C9
|
Desenvolver habilidades como capacidade de xestión, traballo en equipo, pensamento crítico, adaptación ao cambio, capacidade para innovar, resolución de problemas, etc., fundamentais para a realidade do mundo empresarial. |
A3 A5 A8
|
B4 B5 B6 B7 B8 B9
|
C1 C2 C6 C7 C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
PARTE I: Toma de decisións estratéxicas e tácticas na empresa de moda |
Análise estratéxica na empresa de moda
Toma de decisións (produción, comercial, recursos humanos, financeiros, etc.).
Desenvolvemento de capacidades
Valoración de situacións |
PARTE II: Introdución á simulación empresarial no sector da moda |
Características do contorno
Análise da información
Avaliación de alternativas
Selección e implementación de estratexias |
PARTE III: Desenvolvemento e etapas dunha simulación empresarial no sector da moda |
Executar e desenvolver unha simulación empresarial
Análise dos resultados obtidos na simulación empresarial
Establecemento de accións correctoras
Facer un informe final |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Aprendizaxe colaborativa |
A2 A3 A5 A8 B1 B2 B5 B6 B7 B9 C1 C3 C6 |
10 |
30 |
40 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A5 A8 A9 A10 A11 A19 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C5 C9 |
20 |
40 |
60 |
Proba de resposta múltiple |
A8 C1 C2 |
2 |
10 |
12 |
Presentación oral |
A5 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C1 C2 |
7 |
13 |
20 |
Sesión maxistral |
A1 A13 A14 A15 B2 B3 B4 B5 B6 B8 C4 C7 C8 |
5 |
10 |
15 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Aprendizaxe colaborativa |
Esta metodoloxía baséase no traballo en pequenos grupos, onde estudantes con diferentes niveis de habilidade usan unha variedade de actividades de aprendizaxe para mellorar a comprensión dun tema. |
Traballos tutelados |
Os estudantes traballarán en equipo e deberán tomar decisións sobre aspectos como: estratexias, produtos, deseño, marca e posicionamento, políticas de prezos, canles, comunicación, contratación, custos, investimentos, financiamento, etc., e analizar os resultados das mesmas, froito da interacción dos diferentes equipos. |
Proba de resposta múltiple |
Os estudantes participarán en titorías presenciais onde recibirán atención personalizada para a súa preparación, que requirirá traballo tutelado na aula e traballo autónomo fóra dela.
A presentación das distintas fases da simulación empresarial será presencial e plenaria. |
Presentación oral |
Proba tipo test de resposta múltiple onde só unha opción é correcta e as respostas incorrectas penalizan. |
Sesión maxistral |
Os equipos de estudantes farán presentacións sobre as decisións estratéxicas tomadas na simulación empresarial.
Na aula explicaranse as bases teóricas e conceptuais necesarias para realizar unha simulación empresarial no sector da moda. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Axudar aos alumnos no tratamento e resolución de problemas, na preparación dos traballos supervisados e na presentación oral, tanto na aula en persoa como mediante titorías síncronas realizadas virtualmente a través da plataforma Teams (tanto no caso de estudantes matriculados en réxime de dedicación a xornada completa, como no caso de estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica). Os estudantes con exención académica terán que realizar o traballo supervisado cun equipo, pero a súa presenza na aula non se controlará, agás cando o equipo faga a presentación final do traballo. A presentación do traballo pode ser presencial ou virtual (a través de Teams). |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A5 A8 A9 A10 A11 A19 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C5 C9 |
A calificación obtida no traballo tutelado en equipo pesará o 30% da nota final, tendo en conta a natureza eminentemente práctica da materia. Teranse en conta as seguintes variables:
- Os resultados acadados na simulación empresarial da empresa de moda, en cada unha das sesións de toma de decisións.
- A participación activa de todos os membros do equipo.
- A presenza na aula é obrigatoria para as sesións interactivas (excepto por causa xustificada), polo tanto, levarase a cabo un control de asistencia.
Todos os membros de cada equipo obterán a mesma calificación para os resultados obtidos na simulación empresarial (debe haber consenso nas decisións tomadas no equipo). Pero a asistencia avaliarase individualmente (os membros do mesmo equipo poden obter unha nota diferente para a asistencia ás aulas).
|
30 |
Proba de resposta múltiple |
A8 C1 C2 |
Haberá un exame tipo test de resposta múltiple (presencial ou virtual administrada a través de Moodle), onde só unha opción é correcta. As respostas incorrectas penalizan un tercio do valor das correctas.
Para aprobar a materia é estritamente necesario aprobar o exame (é dicir, obter unha nota igual ou superior a 5, nunha escala de 0-10). |
50 |
Presentación oral |
A5 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C1 C2 |
Todos os equipos deben facer unha exposición oral ao final do curso para expoñer as decisións estratéxicas que tomaron e implementaron no traballo de simulación empresarial. A asistencia é obrigatoria para todos os membros do equipo e representará un máximo do 20% da nota final.
Se un estudiante non realiza a presentación oral, non poderá aprobar a materia. |
20 |
|
Observacións avaliación |
O control da asistencia dos alumnos ás sesións interactivas presenciais pódese levar a cabo aleatoriamente. Os criterios de avaliación aplicaranse tanto á primeira como á segunda oportunidade, incluíndo estudantes Erasmus e de intercambio. A "exención académica da exención de asistencia" terá as seguintes ponderacións: o 30% procederá da realización do traballo en equipo supervisado (resultados acadados, pero sen contar a asistencia á aula), o 20% procederá da exposición oral e o 50 % procederá do exame. As cualificacións obtidas polos alumnos na avaliación continua como resultado do traballo supervisado realizado en equipo e a presentación oral (ata o 50%) só serán válidas durante o curso académico en cuestión. Está prohibido o acceso ás salas de exames con calquera dispositivo de transmisión e / ou almacenamento de datos (teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, etc.).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Thompson, A.A., Stappenbeck, G.J. y
Reidenbach, M.A. (2020): The business strategy game. Competing in a global
Marketplace (Players Guide). Editorial McGraw-Hill Education.
Estallo, M. D. L. A. G., & De la Fuente, F. G. (2013). Cómo
crear y hacer funcionar una empresa. Esic Editorial.
Graeml, F. R., Graciá, V. B., & Yiannaki, S. M. (2010). La
integración de diferentes campos del conocimiento en juegos de simulación
empresarial. REDU. Revista de Docencia Universitaria, 8(2), 29.
Chamorro Mera, A., Gracia Gallego, J. M., & Miranda González,
F. J. (2015). Los simuladores de empresa como instrumentos docentes: un
análisis de su aplicación en el ámbito de la dirección de marketing. REDU.
Revista de Docencia Universitaria, 13(3), 54-72.
Urda, B. S., Hernández, Y. B., de Pablo López, I., & Borrajo,
F. (2010). Innovación en docencia virtual: los simuladores de gestión
empresarial. RELADA-Revista Electrónica de ADA-Madrid, 4(2).
Regaliza, J. C. P., Gual, J. C., & Val, P. A. (2016).
Simulación como herramienta de ayuda para la toma de decisiones empresariales.
Un caso práctico. Revista de Métodos Cuantitativos para la Economía y la
Empresa, 21, 188-204. |
Bibliografía complementaria
|
|
Navas López, J.E. y GuerrasMartín, L.A. (2012): Fundamentos de dirección estratégica de la empresa, Ed.Civitas–Thomson Reuters; Madrid. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento/710G03005 | Xestión da Cadea de Subministración de Moda II: Xestión de Operacións/710G03017 | Márketing e Investigación de Mercados de Moda/710G03012 | Xestión Contable e Financeira na Empresa de Moda/710G03015 | Fundamentos de Economía: Industria da Moda/710G03003 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Internacionalización da Empresa de Moda/710G03025 | Xestión da Cadea de Subministración de Moda III: Loxística e Transporte/710G03019 | Recursos Humanos e Habilidades de Xestión en Empresas de Moda/710G03020 |
|
Materias que continúan o temario |
Dirección Estratéxica da Empresa de Moda/710G03030 | Taller 1: Plan de Empresa de Moda/710G03032 |
|
|