Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A17 |
CE17 - Adoptar unha orientación ao mercado e aos usuarios de información creando servizos e produtos valiosos para organizacións e entidades |
A22 |
CE22 - Adquirir habilidades computacionais e xestión das novas TIC |
B5 |
CB5 - Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito que sexa en gran parte autodirixido ou autónomo |
B6 |
CG1 - Capacidade de cooperación, traballo en equipo e aprendizaxe colaborativa |
B7 |
CG2 - Capacidade de reflexión e razoamento crítico |
B8 |
CG3 - Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos, información e operacións |
B9 |
CG4 - Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións |
B10 |
CG5 - Capacidade para traballar nun contexto global e internacional |
B11 |
CG6 - Capacidade para comprender a importancia, valor e función da xestión dixital da información e documentación na actual sociedade das TIC |
C6 |
CT6 - Desenvolver a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento ambiental, económico, político e social sostible |
C7 |
CT7 - Valorar a importancia da investigación, a innovación eo desenvolvemento tecnolóxico no progreso socioeconómico e cultural da sociedade |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e saber usar as ferramentas básicas de xestión, publicación e promoción de contidos dixitais. |
A17 A22
|
B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11
|
C6 C7
|
Coñecer e saber empregar as redes sociais para promoción de contidos. |
A17 A22
|
B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11
|
C6 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Publicación web |
- Introdución ós estándares web: HTML, CSS e JS
- Ferramentas de publicación: xestores de contido
- Plugins
- Posicionamento (SEO) |
Redes sociais : uso, análise e métricas de impacto. |
- Que é unha rede social?
- Evolución das redes sociais.
- Características e tipoloxías.
- Principais redes sociais. Características e uso.
- Estratexias de comunicación e plan de publicacións.
- Estratexias para a análise e a monitoraxe. Ferramentas. |
Presentaciones multimedia de diapositivas.
|
- Que é unha presentación multimedia?
- Características. Tipoloxías. Elementos.
- Planificación e deseño: principios e técnicas.
- Ferramentas
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas a través de TIC |
A17 A22 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C6 C7 |
16 |
0 |
16 |
Traballos tutelados |
A22 A17 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C6 C7 |
6 |
35 |
41 |
Sesión maxistral |
A17 A22 B5 B7 B8 B9 B10 B11 C7 |
8 |
0 |
8 |
Proba mixta |
A22 A17 B5 B7 B8 B9 B10 B11 C7 |
1 |
8 |
9 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas a través de TIC |
Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Prácticas a través de TIC |
|
Descrición |
Tanto na realización de prácticas como de traballos tutelados haberá atención personalizada sobre os traballos concretos a desenvolver por parte do alumnado. O profesor atenderá dúbidas puntuais a cada estudante ou grupo.
A atención personalizada fora do horario de clase se fará por medios online: email, Moodle ou Teams, en horas de tutorías preferentemente. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A22 A17 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C6 C7 |
Valorarase a calidade dos traballos realizados: adecuación ás pautas marcadas, contido, aplicación dos coñecementos adquiridos, resolución dos problemas, e entrega do traballo no prazo establecido. Poderase pedir a realización de defensas orais dos traballos.
Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración. |
60 |
Proba mixta |
A22 A17 B5 B7 B8 B9 B10 B11 C7 |
Proba individual escrita sobre os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos na materia. |
40 |
|
Observacións avaliación |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE Para aprobar a materia é obligatorio: - Unha NOTA MÍNIMA de 3 (sobre 6) nos traballos tutelados.
- Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na proba mixta.
De
non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta, a
nota máxima global da materia non será superior a un 4,5. Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta. SEGUNDA OPORTUNIDADE Poderán
presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que
non superen a materia na primeira oportunidade. As condicións da avaliación mantéñense con respecto á primeira oportunidade. Por outro lado, se
un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das
partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte. Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes. DISPENSA ACADÉMICA Dado que a asistencia ás sesións presenciais non é obligatoria,
aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica
que lles exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o
resto do alumnado.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|